Lucknow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de situación.

Lucknow é unha cidade da India, capital do estado de Uttar Pradesh. Situada na gran chaira ganxética do norte do subcontinente é ademais un centro manufactureiro e comercial que conta cunha poboación de 2.815.601 habitantes (censo do 2011).

Mentres as súas orixes pérdense no mito (emprazamento de Lakhanpur, cidade construída por Lakshman, irmán do Rama da epopea) aparece na historia no século XIV, pero adquire relevancia a partir do século XVIII coma capital dos nawab de Oudh (Awadh), reino prominente do norte da India despois da desintegración do Imperio Mogol, cando a cidade acadou un notable esplendor cultural e artístico. Despois, durante a ocupación británica, tivo lugar na vila un dos episodios máis sinalados da Rebelión dos sipaios (Asedio de Lucknow, 1857).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucknow Modificar a ligazón no Wikidata