Basilea - Basel
| Basilea | |
|---|---|
| Situación | |
| País | |
| Cantón | |
| Distrito | Basilea |
| Nome | |
| Nome oficial | Basel |
| Francés | Bâle |
| Italiano | Basilea |
| Romanche | Basilea |
| Xeografía | |
| Superficie | 22,75 km2 |
| Altitude • Máxima • Mínima |
260 m |
| Poboación | |
| Poboación | 169.019 (2010) |
| Densidade | 7.429 hab/km2 |
| Lingua | Alemán |
| Información | |
| Código postal | 4000 |
| Alcalde | Guy Morin (GPS/EPS) |
| Sitio na web | www.basel.ch |
Basilea (alemán: Basel ['ba:zəl]; francés: Bâle [bɑl]; italiano: Basilea [bazi'leːa]) é, despois de Zúric e Xenebra, a terceira cidade máis poboada de Suíza, con 169.019 habitantes no 2010 e 690.000 habitantes na conurbación, que se espalla aínda polos cantóns veciños.
Índice |
[editar] Xeografía
Situada ao Noroeste de Suíza, sobre o río Rin e fronteiriza con Alemaña e Francia, Basilea é un centro industrial de importancia pola súa industria química e farmacéutica. A rexión de Basilea, que culturalmente se estende ata Baden-Württemberg (Alemaña) e cara a Alsacia (Francia), reflicte a herdanza dos tres Estados, no nome moderno que ostenta en latín: Regio TriRhena. Dispón da universidade máis antiga da Confederación Helvética (1460).
[editar] Historia
As orixes de Basilea remontan ao asentamento romano de Augusta Raurica, aínda que se teñen descuberto asentamentos celtas máis antigos. A posición estratéxica da cidade, coa única ponte sobre o Rin entre o lago Constanza e o mar, afirmou a súa importancia. A partir de 999 a cidade foi gobernada por bispos-príncipes baixo o dominio nominal do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1225-1226 o bispo Heinrich von Thun construíu unha ponte sobre o Rin, fundándose o barrio de Kleinbasel (Pequena Basilea) como protección da nova ponte.
A cidade rexistrou unha importante actividade bibliográfica no século XVI, sendo nela onde se publicaron o libro de Xoán Calvino Christianae religionis institutio, no cal expón a súa doutrina relixiosa, e o primeiro libro de anatomía humana, De humani corporis fabrica, cuxo autor foi Andreas Vesalius.
En 1792 proclamouse a República de Rauracia en terreos do Macizo do Xura, abranguendo a cidade. A existencia desta brevísima república, de tan só tres meses de vida, cómpre enmarcala no proceso de creación de estados satélites de Francia, todos eles cativos e de curta duración, que se deu en territorios veciños ao país galo no transcurso da Revolución Francesa.
[editar] Cultura
[editar] Deporte
Basilea ten en Suíza unha reputación de cidade deportiva. O FC Basel é un dos mellores equipos do campionato suízo de fútbol nos últimos anos. No estadio do FC Basel, St. Jakob-Park, realizouse a cerimonia de apertura da Eurocopa 2008, así como tres partidos da primeira rolda, dous de cuartos de final e un de semifinal.
O equipo profesional de baloncesto de Basilea, os Starwings, é o único equipo da Suíza alemá que participa na Liga de primeira división suíza (LNBA), e en 2010 coroouse campión da Copa de Suíza.
O maior evento indoor de tenis do país celébrase en Basilea cada mes de outubro: o Davidoff Swiss Indoors reúne aos mellores tenistas do ATP.
A Asociación Internacional de Balonmán tiene a súa sé en Basilea. A UEFA fundouse o 15 de xuño de 1954 en Basilea. O campionato europeo de Skateboard (European Skateboard Championships) ten lugar anualmente en Basilea.
[editar] Lugares de interese
- Basel Münster. Orixinariamente unha catedral católica e hoxe en día unha igrexa protestante, foi erguida entre 1019 e 1500 en estilos románico e gótico. O vello edificio románico foi destruído en 1356 por un sismo e reconstruído posteriormente.
- Antikenmuseum Basel und Sammlung Ludwig, o Museo de Arte Antiga de Basilea e Colección Ludwig. Está adicado en exclusiva á arte de civilizacións antigas dende o cuarto milenio antes de Cristo ata o século VII d C. É o único deste tipo en Suíza e amosa pezas da rexión mediterránea.
- Historisches Museum Basel, o Museo de Historia de Basilea. Aberto en 1894, acolle a colección de pezas máis completa que existe da historia das civilizacións do Alto Rin, proxectándose dende a Idade Media ata o Barroco, entre as que salientan as que conforman o legado de Erasmo de Rotterdam. Está ubicado na antiga igrexa Barfüsserkirche de Basilea.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Listaxe | Cidade | Cantón | Pob. | Listaxe | Cidade | Cantón | Listaxe | Zúric Xenebra Basilea |
||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Zúric | Zúric | 372.047 | 11 | Thun | Berna | 42.330 | |||
| 2 | Xenebra | Xenebra | 191.415 | 12 | Köniz | Berna | 38.793 | |||
| 3 | Basilea | Basilea-Cidade | 169.019 | 13 | La Chaux-de-Fonds | Neuchâtel | 37.523 | |||
| 4 | Lausana | Vaud | 133.280 | 14 | Schaffhausen | Schaffhausen | 34.587 | |||
| 5 | Berna | Berna | 123.466 | 14 | Friburgo | Friburgo | 34.490 | |||
| 6 | Winterthur | Zúric | 101.203 | 16 | Vernier | Xenebra | 33.517 | |||
| 7 | San Galo | San Galo | 72.642 | 17 | Coira | Grisóns | 33.377 | |||
| 8 | Lucerna | Lucerna | 59.509 | 18 | Neuchâtel | Neuchâtel | 32.770 | |||
| 9 | Lugano | Tesino | 55.060 | 19 | Uster | Zúric | 32.285 | |||
| 10 | Biel/Bienne | Berna | 50.455 | 20 | Sion | Valais | 29.718 | |||
| Censo 2010 | ||||||||||