Cordilleira do Xura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Macizo do Xura")
Montmelon. Primavera en Xura.
Foto satélite do Xura.

A cordilleira do Xura é un sistema montañoso situado ao norte dos Alpes, entre Francia, Suíza e Alemaña. No seu punto máis alto alcanza os 1.718 msnm.

En Francia, cobre esencialmente a rexión do Franco Condado e esténdese á rexión Ródano-Alpes, ao leste do departamento do Ain e ao noroeste do Departamento de Savoia (chaîne de l'Epine et dent du Chat). En Suíza, esténdese sobre a fronteira oeste con Francia, polos cantóns de Basilea, Soleura, Xura, Berna, Neuchâtel e Vaud. En Alemaña o Xura continua co Xura Suabo, o Xura Francón e o Xura Bávaro.

Particularidades[editar | editar a fonte]

O Xura deu o seu nome a unha era soada do noso planeta, o Xurásico. Neste período formáronse as súas montañas.

As montañas do Xura, constituídas por rocas calcáreas xeralmente porosas, non poden reter a auga no seu seo. De tal forma, no Xura de Vaud, a excepción do Val de Joux, é difícil de atopar o máis insignificante manancial ou cavar un pozo para abastecerse de auga. Por conseguinte, a rexión do Xura está escasamente habitada e as súas terras utilízanse polos gandeiros do chairo como terras de pastoreo no verán. Algúns refuxios de pastores, na parte Suíza, foron reconvertidos en restaurantes típicos.

Picos máis importantes[editar | editar a fonte]

  • Crêt de la Neige (Ain, Francia; 1.718 m).
  • Le Reculet (Ain, Francia; 1.717 m).
  • Colomby de Gex (Ain, Francia; 1.688 m).
  • Mont Tendre (Vaud, Suíza; 1.679 m).
  • La Dôle (Vaud, Suíza; 1.677 m).
  • Le Grand Crêt d'Eau (Ain, Francia; 1.621 m).
  • Le Chasseron (Vaud, Suíza; 1.607 m).
  • Le Chasseral (Berna, Suíza; 1.607 m).