Rodney Stuckey
| Detroit Pistons – No. 3 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de abril de 1986 (27 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
| Peso | 93 kg (205 lb) |
| Salario | $1.805.040 |
| Información da carreira | |
| Universidade | Eastern Washington |
| NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 15
Escollido por Detroit Pistons |
| Carreira | dende 2007 |
| Información en nba.com | |
Rodney Norvell Stuckey, nado o 21 de abril de 1986 en Kent, Washington, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que milita nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,96 metros xoga nas posicións de base e escolta.
Índice |
Carreira [editar]
Universidade [editar]
Stuckey acudiu ao Kentwood High School en Kent, Washington, lugar dende o cal pasou á Universidade de Eastern Washington. Alí gozou de dúas tempadas brillantes, ofrecendo uns números moi bos. Debutou na tempada 2005-06 facendo 24,2 puntos, 4,8 rebotes, 4,1 asistencias e 2,2 roubos por partido. Abraiou a toda a NCAA con 45 puntos ante Northern Arizona. No seu primeiro partido fronte a Pacific Lutheran conseguiu un dobre-dobre, con 14 puntos e 10 asistencias. Implantou un novo record na súa universidade con 726 puntos nunha tempada liderando a Big Sky en anotación e alzouse co MVP da Big Sky.
Coma sophomore na tempada 2006-07 liderou novamente a Big Sky en puntos e rematou 7º no país con 24.6, ademais de 4.7 rebotes, 5.5 asistencias (2º da Big Sky) e 2.4 roubos de media. Fronte a Portland State rexistrou o seu máximo da tempada con 36 puntos. Chegou ou superou nove veces os 30 puntos. En só dúas tempadas anotou 1.438 puntos, capturou 279 rebotes, repartiu 283 asistencias e roubou 145 balóns. Nas dúas campañas foi galardoado coa honorábel mención All-America por The Associated Press e All-Big Sky Conference. Levou o número 3 en Eastern Washington en honra ao seu xogador favorito, Dwyane Wade.
NBA [editar]
Stuckey foi elixido por Detroit Pistons no posto 15 da 1ª rolda do draft de 2007. A súa tempada coma rookie foi boa, e aproveitou ao máximo os minutos que se lle daban, facendo 7,6 puntos por partido durante a tempada regular, e mellorando os seus rexistros na postempada, onde fixo 8,2 puntos por encontro.