Conversa usuario:Revolante

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Revolante!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 17:24 (UTC)[responder]

Subir un ficheiro[editar a fonte]

Boas! Que raro... a ligazón para subir ficheiros debería aparecerche na marxe esquerda en "Ferramentas". De tódolos xeitos, a ligazón leva a esta páxina. Nela tamén tes as instrucións para subir ficheiros. Un saúdo e a traballar arreo. ;) --Chairego apc (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 18:39 (UTC)[responder]

Pois non che sei doutro atallo. Síntoo. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 19:26 (UTC)[responder]
Alégrome ben. Se tes calquera outra dúbida podes preguntarme cando queiras e intentarei axudarche. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 27 de novembro de 2015 ás 11:00 (UTC)[responder]

Re:Pregunta[editar a fonte]

Si que é doado. Ao principio custa un pouco porque tes que afacerche ao sistema. Non te desanimes, --Xosé Antonio (fálame sempre) 20 de novembro de 2015 ás 19:18 (UTC)[responder]

Subir un ficheiro dende Sarria ou Carballo[editar a fonte]

Ola! (Iso, o primeiro)

Non te vin por Ourense... e iso que enviei recado :)

Como te comentan, é algo raro. De calquera xeito, pulsa na ligazón que te indicou Chairego (que era a que te dicía) Especial:Subir e teralo resolto, aínda que sexa de xeito provisional, mentras pensamos que pode ocorrer.

Que teñas unha longa, dilatada e frutífera estancia na Galipedia! --Agremon(contacto) 20 de novembro de 2015 ás 20:32 (UTC)[responder]

Boas, eu aconsélloche que subas as imaxes en Commons, o servidor de imaxes común de todas as wikipedias. Nese servidor tes un asistente para subir as imaxes en 3 pasos que simplifica moito o choio. Podes acceder a el nesta dirección. Se as imaxes son dalgún lugar de Galicia simplemente terás que poñerlle a categoría do concello a onde pertenzan.
Para ver o problema que tes coa barra de ferramentas, poderías subir unha captura de pantalla do teu navegador, por exemplo aquí e logo mándasme a ligazón?
Se tes calquera dúbida ou problema podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2015 ás 22:56 (UTC)[responder]

Dins que non tes nin idea?[editar a fonte]

Chegou! --Agremon(contacto) 27 de novembro de 2015 ás 07:42 (UTC)[responder]

A miña tamén chegou, ou sexa, que progresas adecuadamente. Trata de subir unha imaxe e verás que o consegues. Aquí estamos para calquera dúbida. --Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de novembro de 2015 ás 13:14 (UTC)[responder]