Saltar ao contido

Conversa usuario:Supino in albis

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Supino in albis!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2014 ás 08:44 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

[editar a fonte]

Ola Supino in albis.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 3 de maio de 2015 ás 20:50 (UTC)[responder]

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos

[editar a fonte]

Ola Supino in albis.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 4 de maio de 2015 ás 08:29 (UTC)[responder]

Modelos de bandeiras

[editar a fonte]

Ola! Voume entrometer na conversa :). Tes unha lista dos modelos de bandeiras en Wikipedia:Marcadores de bandeira/listaxe. Non todos van polo código ISO, andamos traballando precisamente en "estandarizalos" ahí para que sí se correspondan, irémolos cambiando pouco a pouco :)

Non te preocupes por usar algún que se vaia a cambiar ao código ISO máis adiante, un bot fará o cambio automáticamente cando chegemos a él, e a lista sempre está actualizada có código que teña nese momento. Saúdos! Banjo tell me 4 de maio de 2015 ás 10:47 (UTC)[responder]

Bandeiriñas

[editar a fonte]

Ola.

Están todos na Categoría:Marcadores de bandeira e subcategorías

O artigo principal desa categoría é Wikipedia:Marcadores de bandeira/listaxe. --. HombreDHojalata.conversa 4 de maio de 2015 ás 10:51 (UTC)[responder]

RE: Mover páxina

[editar a fonte]

Ola! O compañeiro Breogan2008 xa moveu OMB á Organización Mundial de Boxeo. A primeira queda coma redirección da segunda, para facilitar a navegación :) Banjo tell me 10 de maio de 2015 ás 14:49 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas

[editar a fonte]

Ola Supino in albis. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 12 de maio de 2015 ás 19:11 (UTC)[responder]

Condados dos Estados Unidos

[editar a fonte]

Boas, Supino. Estás a facer un bo traballo. Dende logo está ben usado o modelo e anímote a seguir facendo máis condados. Se tes calquera outra dúbida podes preguntar sempre que queiras.--Breogan2008 (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 14:08 (UTC)[responder]

Interwikis

[editar a fonte]

Ola Supino in albis.

Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata.

Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.

Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén os interwikis.
Logo, premes no botón "engadir".
No campo "sitio", pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en "artigo" introduces o título do artigo.
Para finalizar, premes en "gardar".

Un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 22:07 (UTC)[responder]

Ola Supino in albis. Sinto a demora en contestar (esta finde non me puiden conectar por aquí). A verdade é que eu tampouco controlo moito Wikidata, xa que alén de engadir interwikis e a etiqueta do nome, alí non fedello moito. Tes razón no feito de que a caixa de información da dereita aparece automaticamente unha vez se engaden as interwikis. Isto permite que a información básica (neste caso dunha biografía) se actualice de xeito inmediato en todas as linguas a partir de Wikidata. Aínda que de momento non aporta tanta información como a que se podería engadir a man cun dos nosos modelos (como o que propoñías ti de Biografía), o certo é que pouco a pouco irá mellorando. Se te fixas nos artigos en inglés ou francés de Steven Avery, empregan modelos propios para engadir máis información e non só a proporcionada por Wikidata. Ti podes facer o propio se o consideras mellor, xa que non hai unha norma ou directriz ao respecto. A principal vantaxe que nos ofrece Wikidata ás wikis máis pequenas é que evita que certa información quede sen reflectir nun artigo, como pode o ser o recente pasamento dunha persoa ou que se engada automaticamente unha imaxe libre en canto se dispoña dela en commons. Anteriormente, eran tarefas que había que facer a man, e cun número tan baixo de usuarios activos como o noso, era practicamente imposible ter esa información actualizada. Espero que che servise de axuda. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 3 de marzo de 2019 ás 22:19 (UTC)[responder]