Venecias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Venises, traducida ao galego como Venecias[1], é unha obra literaria do académico francés Paul Morand que foi publicada por vez primeira en 1971 pola Editorial Gallimard. A extensión é algo superior a 200 páxinas.[2]

Características[editar | editar a fonte]

O libros, escrito na última etapa creativa do autor, ten como referente a cidade de Venecia vista a ollos de Morand. Trátase dun libro clásico, con multitude de referencias e digresións. É un relato novelado en primeira persoa que recolle o espírito dunha cidade acompañada dos seus pazos e mansións, dunha vida de alta sociedade, e diversas narracións doutras viaxes (a Londres, a París, a Moscova etc.) das que o autor dá conta con detalle. É, segundo a crítica, o testamento literario deste polémico autor en lingua francesa asociado decote co réxime de Vichy, co que tivo trato.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Publicada en 2012 pola editorial Hugin e Munin.
  2. Ficha do libro (en francés)
  3. Paul Morand: the politics and practice of writing in post-war France de Kimberly Philpot van Noort.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]