Conversa usuario:Fisterraeomar
Benvido á Galipedia, Fisterraeomar!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 19:12, 6 de maio de 2011 (UTC)
Aviso na taberna de axuda[editar a fonte]
Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:15 (UTC)
- Se tes calquera dúbida contacta comigo sen problema. Se entras nesa wiki o mellor é seleccionar a ligazón de "Ferramenta de tradución" e na páxina que aparece seleccionar a ligazón "Mediawiki", ese é o grupo de mensaxes principal do software que usa a Galipedia e o que nos cumpre traducir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 22:58 (UTC)