Vigo Foot-ball Club

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vigo FC»)

Vigo F. C.
NomeVigo Foot-ball Club
Fundación1905
Desaparición1913
EstadioCampo de Coia
Coia, Vigo, Galicia Galicia
Na casa

O Vigo Foot-ball Club foi un equipo de fútbol da cidade de Vigo, fundado no ano 1905.

Traxectoria

Equipo do Vigo F.C. en 1912.
O Vigo na final de Copa de 1908.

Vigo foi unha das cidades polas que entrou o fútbol na península, de man de mariñeiros e traballadores británicos. As primeiras demostracións do deporte foron por parte do equipo da empresa británica Eastern Telegraph Company que estaba instalando o cable telegráfico entre as illas e Vigo para dende alí conectar con Lisboa. Este equipo chamouse Exiles Foot-Ball Club e disputou varios encontros contra as tripulacións mercantes e militares británicas de paso polo porto vigués. Pronto se crearon os primeiros equipos mixtos entre galegos e británicos, como por exemplo o Petit FC.

Seguindo o exemplo de Barcelona, onde en 1899 se fundaron o FC Barcelona e o FC Catalá, en Vigo fundouse en 1905 o Vigo Foot-ball Club e o Fortuna Foot-ball Club. O Vigo F.C. vestiría unha camisa metade branca e metade vermella con pantalón branco, e xogaba no Campo de Coia. Foi fundado por un grupo de alumnos da Escola de Artes e Oficios liderados polo deportista Manuel Ocaña, que se converteu no primeiro presidente do club.[1]

Dende as súas orixes foi o club referencia e absorbeu en 1906 ao New Club, formado pouco antes, consolidando un proxecto que o levou a disputar a final do Campionato de España en 1908 ante o Real Madrid, final que perdeu por 2-1.

En 1910 absorbeu ao Español FC e no ano 1911 planeouse a fusión co Sporting Club[2] que se concretou en 1913, formando o Vigo Sporting Club,[3][4] que tres anos despois recibiu o título de Real, pasando a ser o Real Vigo Sporting Club. Este á súa vez uniuse ao Real Club Fortuna de Vigo para dar lugar ao nacemento do Real Club Celta de Vigo no ano 1923.

Palmarés

Notas

  1. "Vigo Foot-ball Club". Vida Gallega (en castelán) (1). Xaneiro de 1909. p. 23. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  2. "El Sporting Club. Acuerdos importantes". Noticiero de Vigo nº 10.989 (en castelán). 3 de agosto de 1911. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2015. 
  3. "Notas deportivas. Fusión del Vigo y el Sporting". Noticiero de Vigo nº 11.537 (en castelán). 30 de setembro de 1913. p. 2. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2015. 
  4. "Galicia. Pontevedra". La voz de la verdad nº 951 (en castelán). 1 de outubro de 1913. p. 4. 

Véxase tamén

Ligazóns externas