Copa do Rei de fútbol 1908

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa do Rei de fútbol 1908
TipoCopa do Rei de fútbol Editar o valor em Wikidata
Número de participantes2 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo12 de abril de 1908 – Editar o valor em Wikidata
Número de edición6  (1908) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoReal Madrid Club de Fútbol Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos1 Editar o valor em Wikidata
Goles3 Editar o valor em Wikidata

Imaxe da final.

A Copa do Rei de 1908 foi a sexta edición da competición. Disputouse en abril de 1908 en Madrid baixo a organización do Madrid Football Club, que se proclamou campión ao vencer ao Vigo FC, encadeando así o seu cuarto título consecutivo, marca que só foi igualada polo Athletic Club 25 anos despois, e polo FC Barcelona en 2018.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

A edición da Copa de 1908 estivo marcada pola polémica da edición anterior. O Athletic Club bilbaíno, molesto pola actitude do público madrileño en determinados partidos do anterior torneo, negouse a participar no campionato de 1908, faltando así á cita copeira por primeira vez na súa historia. O resto de clubs de España tamén declinaron a invitación para acudir a Madrid, como o campión catalán, o X Sporting Club, argumentando sobre todo os custos económicos dos desprazamentos á capital. No momento da inscrición, só se apuntaran ao torneo dous equipos: o campión de Galicia, o Vigo Foot-Ball Club, e o campión da comarca Centro e organizador do torneo, o Madrid Foot-Ball Club. Así, a competición da Copa limitouse a un só enfrontamento entre os vigueses e os defensores do título, os madrileños.[1]

Final[editar | editar a fonte]

O 12 de abril de 1908 disputouse o único partido da Copa de 1908 nun estadio de O'Donnell, onde o Madrid FC disputaba os seus partidos como local, totalmente enlamado. O Madrid xogou reforzado con dous futbolistas do Pontevedra Sporting Club, Edmundo Nóvoa e Cipriano Prada.[2] O resultado do encontro foi un triunfo por 2-1 do Madrid con goles de Neyra e Revuelto. O gol galego foi obra de Posada.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1908: El Madrid cierra su primera gran era" (en castelán). 1 de abril de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2021. 
  2. "El campeonato de España". La Correspondencia Gallega (en castelán) (5453). 14 de abril de 1908. p. 2. Consultado o 4 de novembro de 2021. 
  3. "La Futbolteca: Celta de Vigo" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Calatrava, Vicente (2001). Historia y estadística del fútbol español. ISBN 9788460757016. 
  • Arnáiz, Luis; Salazar, Bernardo; Martialay, Félix. 100 Finales de Copa "Historia del Campeonato de España". Interviú, RTVE e RFEF.