Vic Elford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vic Elford
Vic Elford Watkins Glen 2010.jpg
Elford en 2010
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 3 (19681969, 1971)
Escudería(s)
Grandes Premios disputados Cooper, McLaren, BRM
Campionatos 13
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Francia de 1968
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1971


Victor Henry Elford, nado en Londres o 10 de xuño de 1935, é un ex-piloto de automobilismo inglés. Piloto de coches deportivos, de rally e de Fórmula 1, participou en 13 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 7 de xullo de 1968. Logrou un total de 8 puntos de campionato.

Alcumado "Quick Vic" (Vic o rápido) polos seus compañeiros, Elford foi principalmente un famoso competidor de automóbiles deportivos, así como un exitoso piloto de rally, asociado a miúdo con Porsche.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elford comezou como co-piloto, colaborando con David Seigle-Morris nun Triumph TR3A.[1] En 1961 adquiriu a confianza suficiente para verse a se mesmo como un piloto potencial por dereito propio, a confianza non foi compartida polo director do equipo Marcus Chambers, e Elford comprou un Mini de carreiras tuneado co que participou como privado con éxito limitado antes de vendelo a finais de tempada.[1] En 1962 alcanzou o éxito en varios rallys. O ano seguinte, volveu a Triumph e Elford alcanzou tempos impresionantes e rápidos cos Triumph TR4, aínda que a fiabilidade dos coches nas mans de Elford foi decepcionante e ao ano seguinte, Elford pasou a Ford: este foi o comezo dun exitoso trienio nos rallys co Ford Cortina.[1]

En 1967, Elford foi campión europeo de rally nun Porsche 911 oficial. Entre outras vitorias gañou o Rally Monte Carlo de 1968 nun Porsche 911 e só unha semana despois as 24 Horas de Daytona nun Porsche 907, a primeira vitoria na xeral de Porsche nunha carreira de 24 horas.

Máis tarde, o mesmo ano, gañou a Targa Florio xunto co veterano Umberto Maglioli nunha famosa carreira tras perder 18 minutos na primeira volta debido a unha falla dos pneumáticos. Elford participou no Gran Premio de Francia e terminou cuarto na súa primeira carreira na Fórmula 1.

Ao terminar o Gran Premio de Mónaco de 1969 a pesar dos problemas, converteuse no único piloto que o fixo ben nos dous eventos de motor máis famosos de Monte Carlo.

Competindo no World Sportscar Championship para Martini Racing contra o poderoso JWA Gulf, logrou unha marca a máis de 380 km/h no Porsche 917 LH na práctica para as 24 Horas de Le Mans de 1971. Logo gañou as 12 Horas sw Sebring nun Porsche 917 K, así como varias carreiras dos 1000 km. de Nürburgring.   Durante as 24 Horas de Le Mans de 1972, cando viu ardendo un Ferrari Daytona diante de él, Elford detívose[2] a metade da carreira para salvar ao piloto. Ao abrir a porta, Elford atopou a cabina baleira, xa que o condutor xa escapara. Elford entón víu os restos dun Lola entre as árbores, con Jo Bonnier morto. As cámaras capturaron o acto e Elford nomearono cabaleiro da Orde nacional do Mérito polo presidente francés Georges Pompidou.

Gañou a Targa Florio, Sebring e Daytona, pero a súa pista favorita era Nürburgring a pesar dos resultados decepcionantes resultados nos seus tres intentos na F1. Os dous primeiros acabaron nos accidentes da volta 1. Os seus dous últimos Grandes Premiod foron no Nürburgring. Ademais dos 1000 km., Elford gañou varias carreiras de 500 km., gañando un total de 6 carreiras importantes. Só Rudolf Caracciola e Stirling Moss superaron esa marca.

Os récords de Elford inclúen: Targa Florio, Nürburgring, Daytona, Sebring, Norisring, Monza, Buenos Aires, Road Atlanta, Laguna Seca, Riverside e Le Mans.

O 4 de febreiro de 1967 no circuíto de Lydden Hill, gañou o primeiro evento de Rallycross. Máis tarde ese ano gañou o evento de 84 horas do "Marathon de la Route" en Nürburgring, nas versións combinadas de 28 km que raramente se usaron desde a década de 1930. Os compañeiros pilotos Hans Herrmann e Jochen Neerpasch preferiron "o piloto de rally" para pilotar o Porsche 911 a través das 7 horas de duración, catro noites consecutivas en condicións de chuvia e bretema. O coche gañador foi equipado cunha transmisión semiautomática Sportomatic, así como outro Porsche 911S presentado polo equipo de fábrica.

Elford nun Porsche 908 / 3 de 1971, na práctica para os 1000 quilómetros de Nürburgring.

Aínda que correu cinco anos para Porsche, Elford tamén correu para Ford, Triumph, Lancia, Alfa-Romeo, Ferrari, Chaparral, Shadow, Cooper, Lola, Chevron e Subaru. Tamén pilotou o Mclaren en F1 e CanAm, Chevrolet en TransAm. En ultramar, Elford tamén participou na CanAm e nas 500 Millas de Daytona da NASCAR. Actualmente Elford vive no sur da Florida, Estados Unidos. O 25 de xaneiro de 2015, Elford recibiu o premio Phil Hill Award from Road Racing Drivers Club de 2015. Foi presentado polo presidente do club Bobby Rahal.[3]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Vic Elford na carlinga dun incompleto McLaren M7B, antes do Gran Premio de Alemaña de 1969 en Nürburgring

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Pts.
1968 Cooper Car Company Cooper T86B BRM RSA ESP MON BEL NED FRA
4
GBR
Ret
ALE
Ret
ITA
Ret
CAN
5
USA
Ret
MEX
8
18º 5
1969 Antique Automobiles Racing Team Cooper T86 Maserati RSA ESP MON
7
14º 3
McLaren M7B Ford NED
10
FRA
5
GBR
6
ALE
Ret
ITA CAN USA MEX
1971 Yardley Team BRM BRM P160 BRM 3.0 V12 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE
11
AUT ITA CAN USA NC 0

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1967 Alemaña Porsche System Engineering Flag of the Netherlands.svg Ben Pon Porsche 906K Carrera 6 S
2.0
327
1968 Alemaña Porsche System Engineering Alemaña Gerhard Mitter Porsche 908 S
3.0
111 Ret Ret
1969 Alemaña Porsche System Engineering Flag of the United Kingdom.svg Richard Attwood Porsche 917L S
5.0
327 Ret Ret
1970 Austria Porsche KG Salzburg Alemaña Kurt Ahrens, Jr. Porsche 917L S
5.0
225 Ret Ret
1971 Alemaña Martini Racing Team Francia Gérard Larrousse Porsche 917LH S
5.0
Ret Ret
1972 Italia Autodelta SpA Austria Helmut Marko Alfa Romeo Tipo 33TT3 S
3.0
232 Ret Ret
1973 Francia Automobiles Charles Pozzi Francia Claude Ballot-Léna Ferrari 365 GTB/4 GT
5.0
316
1974 Francia Robert Buchet Francia Claude Ballot-Léna Porsche 911 Carrera RSR GT
Ret Ret

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Vic Elford profile". Autocar 127 (3731): 12–13. 17 de agosto de 1967. 
  2. [1] Arquivado 13 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
  3. "Vic Elford receives RRDC's Phil Hill Award for 2015". Racer.com. 23 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 02 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Elford has authored a number of books on the subject of motorsport:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]