Ben Pon
Ben Pon | |
![]() Ben Pon | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1962 |
Escudería(s) | Ecurie Maarsbergen (Porsche privado) |
Grandes Premios disputados | 1 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio dos Países Baixos de 1961 |
Derradeiro GP | Gran Premio dos Países Baixos de 1961 |
Bernardus Marinus "Ben" Pon nado en Amersfoort, Países Baixos o 9 de decembro de 1936 é un ex deportista olímpico e expiloto de competición dos Países Baixos. Competiu nunha carreira de Fórmula 1, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962, pero tivo unha andaina moito máis larga competindo con coches deportivos, antes de dar as costas á competición para concentrarse no comercio do Viño. Tamén representou aos Países Baixos en tiro nos Xogos Olímpicos de 1972, terminando o 31º.[1][2]
Vida[editar | editar a fonte]
O seu pai, Ben Pon, Sr., era un importador de Volkswagen Escaravello nos Estados Unidos, e considérase o "pai" do Volkswagen Volkswagen Tipo 2 debido ao seu interese inicial e a participación no proxecto.[3]
Ben Pon era amigo persoal do piloto de Fórmula Un Carel Godin de Beaufort. Beaufort era o propietario do equipo privado Ecurie Maarsbergen que proporcionoulle un Porsche 787 para que correra no Gran Premio holandés en Zandvoort, de 1962, no seu Gran Premio de casa o 20 de maio de 1962. Non puido rematar a carreira debido a un accidente, que envorcou o seu coche encima, lanzando a Pon fóra da carlinga.[1] Como resposta, Pon xurou non competir nunca máis cos monoprazas, e nos anos seguiron permaneceu fiel á súa palabra, mentres que logrou moitos éxitos nas carreiras de coches deportivos, pilotando tamén un Porsche. Pon retirouse das carreiras de autos deportivos profesionais en 1965.
Desde a súa retirada no campo deportivo, Pon volveu a súa atención ao comercio do viño. Agora é coñecido polo seu Bernardus Winery en Carmel Valley, California, e é dono do negocio de venda de viños máis antigo dos Países Baixos.
Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | ![]() |
![]() |
Porsche 356B Abarth GTL | S 1.6 | 284 | 10º | 1º |
1962 | ![]() |
![]() |
Porsche 356B Abarth | GT 1.6 | 35 | Ret | Ret |
1963 | ![]() |
![]() |
Porsche 356B 2000GS GT | GT 2.0 | 115 | Ret | Ret |
1964 | ![]() |
![]() |
Porsche 904/4 GTS | GT 2.0 | 319 | 8º | 2º |
1965 | ![]() |
![]() |
Porsche 904/4 GTS | GT 2.0 | 224 | Ret | Ret |
1967 | ![]() |
![]() |
Porsche 906K Carreira 6 | S 2.0 | 327 | 7º | 1º |
Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1962 | Ecurie Maarsbergen | Porsche 787 | Porsche 547/6 1.5 F4 | NED Ret |
MON | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | RSA | NC | 0 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Viva F1. "Formula One at the Olympics". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-26.
- ↑ "Ben Pon". Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016.
- ↑ "Who's Who of Volkswagen". Vwtrendsweb.com. 2002-09-28. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2013. Consultado o 2013-06-04.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ben Pon ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Bernadus Winery website
- Profile on F1 RejectsArquivado 01 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Biography of Bernadus Pon
- Who's Who of Volkswagen