Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Virxilio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Verxilio")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Este é un artigo sobre o poeta clásico. Para o pintor, véxase Virxilio Fernández
Publio Virxilio Marón
Virgil .jpg
Nacemento15 de outubro do 70 a. C.
 Andes
Falecemento21 de setembro do 19 a. C.(50 anos)
 Brindisi
SoterradoParco Virgiliano
NacionalidadeRoma Antiga
EtniaAncient Romans
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía
Coñecido/a porBucólicas, Geórgicas e Eneida
editar datos en Wikidata ]

Publio Virxilio Marón, en latín Publius Vergilius Maro, nado en Pietole o 15 de outubro do 70 a. C. e finado en Brindisi o 21 de setembro do 19 a. C., foi un poeta latino, considerado o maior poeta de Roma e do seu Imperio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A biografía tradicional de Virxilio considérase que depende dunha obra perdida de Varius, editor de Virxilio, que foi incluída nunha biografía por Suetonio, e dos comentarios de Servius e Donatus. Aínda que non hai dúbida de que nestes comentarios existe moita información real sobre Virxilio, algunha das circunstancias vitais son inferencias feitas a partir da súa poesía e alegoría. Por este motivo, a biografía tradicional de Virxilio resulta problemática.[1]

Virxilio naceu en Andes, localidade identificada tradicional, co actual lugar de Virgilio, en Pietole, ao pé de Mantua. A análise do seu nome leva a pensar que descendía de colonos romanos. Macrobius indica que o pai de Virxilio era de clase humilde, mais os estudosos xeralmente cren que procedía dunha familia aristocrática que puido ofrecerlle educación. Pasou os seus primeiros anos na súa localidade natal, mais ao chegar á adolescencia marchou para completar a súa formación. Estudou primeiro en Cremona até os dezasete anos; o 15 de outubro de 699 da fundación de Roma vestiu a toga viril e foi a Milán, a continuar os seus estudos. Un ano despois atopámolo en Nápoles adicado ao pleno coñecemento dos autores gregos, especialmente de Homero, Teócrito de Siracusa e Hesíodo, os cales soubo asimilar correctamente, tal como se pode ver nas súas obras. Tamén estudou algo de medicina, cosmoloxía, matemáticas e filosofía.

Na crónica de Eusebio dise que Virxilio foi a Roma despois de estar en Milán, extremo que é obxecto de discusión entre os biógrafos virxilianos e que non foi esclarecido aínda. Na capital rematou a formación en retórica e coñeceu importantes expoñentes da política e da literatura como Cornelio Galo, Alfeno Varo e Asinio Polión, introducíndose no círculo dos poetae novi. A esta época pertencen as súas primeiras composicións poéticas.[2]

O que si que está plenamente claro é que no ano 705 da fundación de Roma volveu ás súas terras de Mantua, onde posuía a modesta herdanza paterna, que coidaba e administraba. A vida do campo era o seu encanto e máis firme afección.

A taciturnidade, a observación continuada, a testalana reflexión, a memoria tenaz e a bondade e sinceridade eran as notas distintivas do seu carácter. Os seus biógrafos preséntannolo "corpore et statura grandi, aquilo colore, varia valetudino, facie rusticana", mentres outros o comparan a un Apolo, "de branca cara, cabelo louro, corpo esvelto e delicado, voz sonora e maneiras finísimas". Entre estas dúas descricións opostas non sería desacertado decantarse por unha media. Da súa afección á vida campesiña orixináronse o seus dez poemas bucólicos denominados Églogas, verdadeiro tesouro de poesía campesiña, que sen ser absolutamente orixinal, é un verdadeiro primor artístico e literario.

Deixando de lado as carreiras de retórica, medicina e astronomía, retirouse a Nápoles, a onde chegou en 48 a.C.. Nesta cidade fíxose, xunto con Filodemo de Gadara, discípulo do filósofo epicúreo Sirón (de quen foi mesmo amante). Por resonancia do seu cognomen coa palabra latina virgo foi alcumado Parthenias (en grego virxe).

Por entón comezou a guerra civil tralo asasinato de Xulio César, que tamén afectou moi directamente a Virxilio, quen ata viu peligrar as súas posesións, a causa da súa amizade con Octavio antes de que se convertese en Augusto. Caio Asinio Polión era legado do triunviro Marco Antonio, e en nome deste gobernaba a rexión de Mantua en 713 (de Roma) cando foron repartidas as terras da rexión entre os soldados de Octavio. A facenda paterna de Virxilio tocou en sorte a un centurión chamado Arrio, e ao verse o poeta desposuído do seu fogar e patrimonio, valeuse da súa amizade con Asinio Polión, e da que o unía con Cornelius Gal, para que Octavio Augusto devolvese a Virxilio a súa herdaza paterna. O César satisfixo os desexos dos amigos do poeta e nomeou a Alfeni Var gobernador da Galia Transpadana, onde radicaban as terras de Virxilio. O novo gobernador fora compañeiro do poeta na escola de filosofía Siro, e esforzouse por satisfacer os desexos do seu amigo, pero a soldadesca volveu apoderarse da leira de Virxilio, e este viuse non soamente desposuído novamente, senón que estivo a piques de morrer vítima da rapacide dos soldados, tendo que pasar nadando o río Minci para salvar a vida.

Naquel tempo, Virxilio tiña xa escrito algunha das súas famosas églogas, e os seus amigos aconselláronlle que fóra a Roma a implorar a clemencia de Augusto. Tanto este como o seu ministro e privado Mecenas acolleron con coidado o poeta, e non soamente fóronlle devoltas as súas posesións, senón que mesmo se lle outorgou unha alta indemnización pecuniaria. En dúas das súas mellores églogas, Virxilio agradece a liberdade dos seus egrexios favorecedores e lamenta de paso os infortunios dos seus compatriotas. Virxilio pasou a residir nunha casa do barrio Esquilino de Roma, moi próxima aos xardíns de Mecenas. Alá reuniu unha escollida biblioteca, e viveu constituído no poeta áulico por excelencia.

A corte de Augusto complacíase de verse rodeada e celebrada polos mellores enxeños das letras latinas. Virxilio compartía con Horacio o favor de Mecenas, e non é de marabillar que ao escribir o seu primeiro poema, a Eneida, e ao cantar a xenealogía da familia de Octavio Augusto entretexera unha coroa de encomios e vaticinios tan gratos como hiperbólicos en prol da familia imperial reinante. Dise que ao ler no fogar de Augusto o canto en que Virxilio fai desfilar os heroes e sucesores da familia Octavia, ao describir o chegada do mozo Marcel (morte na flor dos seus anos), e declamar aquel Tu Marcellus eris, tan famoso nos gratos vaticinios, o emperador chorou de emoción e regalou ao poeta unha enorme suma de sestercios.

Ademais de Horacio, Virxilio foi bo amigo de Tibulo, Propercio, Agripa, Mesala e Polió. Gañou unha popularidade atronadora e rodeouno unha atmosfera de afecto e veneración non igualada en ningunha época anterior e posterior. Modelo de candor, de sinceridade, de gratitude e de benevolencia con todo o mundo, Virxilio logrou ser o verdadeiro modelo e prototipo do home perfecto e exemplar, dentro da cosmogonía pagá. O seu amor ao estudo foi considerable, e aínda máis foi o seu traballo e o coidado con que corrixía e emendaba cen veces, se era mester, os seus versos. En todas as súas obras obsérvase o coidado e cordura con que o poeta se esforza en deixar para a posteridade obras que resistisen os embates do tempo.

Aos trinta e catro anos retirouse en Nápoles, para dedicarse a escribir o seu poema xeopónico As Xeorxianas, que compuxo por consello de Mecenas, o cal desexaba encamiñar as enerxías do pobo romano no exercicio da agricultura, en que vía unha fonte de riqueza e prosperidade moi esquecida dun pobo guerreiro, que necesitaba, doutra banda, os tesouros escondidos no seo da terra para non fenecer esgotado pola penuria. Virxilio acabou no 714 (da fundación de Roma) o seu poema As Xeorxianas e empregou os dez anos seguintes en escribir a Eneida, o poema nacional das orixes, grandeza e esplendor de Roma.

Por iso encamiñouse a Grecia, visitando, ademais, todos os lugares e comarcas da Asia Menor, onde Homero encadrou e emprazou as accións das súas epopeas. Non lle faltaron a Virxilio ocasións nin motivos de inspiración para a súa epopea. Residiu en Patres, Corfú, Creta e, sobre todo, en Atenas, onde o atopou Augusto no seu regreso de Oriente. O emperador quixo que o poeta o acompañase de novo a Roma, e así o fixo, pero non desembarcou en Brindisi no ano 19 aC xa que morreu a consecuencia da súa débil e enfermiza complexión, menoscabada polas fatigas dunha turbulenta navegación.

Augusto ordenou que, en contra dos desexos do autor, non se destruíse o manuscrito, senón que se publicase cos menores cambios posibles.[3]

Os seus restos foron trasladados a Nápoles e respectando a súa última vontade foron incinerados no camiño de Puteoli (Pozzuoli) a 3 km daquela cidade, cerca da gruta de Posillipo, onde hoxe está o Parque da Tumba de Virxilio (Parco della Tomba di Virgilio).

No seu sepulcro púxose esta inscrición, atribuída ao mesmo poeta, aínda que sen unha fonte clara:

Mantua me genuit; Calabri rapuere; tenet nunc Parthenope. Cecini pascua, rura, duces. (Mantua creoume, os calabreses retivéronme, agora posúeme Nápoles. Cantei os pastores, os campesiños e os caudillos).

Fixo herdeiros en Valeri Procul, a Augusto, Mecenas, Lucio Vario e Plotio Tuca. Estes dous últimos foron quen coidaron das primeiras transcricións das súas obras, sen que se posúa ningún códice contemporáneo, posto que as primeiras coñecidas son, como máis antigas, do século V ou VI.[4]

Motivos para escribir as obras[editar | editar a fonte]

No ano 37 aC. escribiu as Églogas ou Bucólicas, poemas que exaltan a vida pastoral, a imitación dos Idilios do poeta grego Teócrito. Aínda que estilizados e idealistas dos personaxes campesiños, inclúen referencias a feitos e persoas do seu tempo. Na famosa égloga IV, cántase a chegada dun neno que traerá unha nova idade dourada a Roma. A cultura posterior atopou un vaticinio do nacemento de Cristo.

Entre o 36 e o 29 aC., compuxo Virgilio as Geórgiques, poema que é un tratado da agricultura, destinado a proclamar a necesidade de restablecer o mundo labrador tradicional en Italia.

Finalmente, o poeta dedicou once anos a escribir a Eneida, un poema en doce libros que relata as peripecias do troiano Eneas desde a súa fuga de Troia até a súa vitoria militar en Italia. A intención evidente da obra era a de dotar dunha épica á súa patria, e vincular a súa cultura coa tradición grega. Eneas foxe da cidade de Troia en chamas traendo ao seu pai Anquises ao lombo e ao seu fillo Ascanio da man. En Cartago, na costa de África, namórase del a princesa Dido, a cal se suicida despois da partida do heroe. En Italia, Eneas vence a Turno, rei dos rútulos. O fillo de Eneas, Ascanio, funda Alba Longa, e da familia real de Alba Longa xurdiron os xemelgos Rómulo e Remo, que fundarían a cidade de Roma no 753 aC. Así, segundo Virxilio, os romanos eran descendentes de Ascanio, e por tanto do mesmo Eneas. O estilo da obra é máis refinado que o dos cantos gregos en que se inspirou.

O perfecto verso de Virxilio foi eloxiado e considerado exemplar na Idade Media, á vez que a Eneida era desmenuzada como un tratado de filosofía e política, se non considerada a obra dun vidente. O esforzo dos renacentistas para unir o cristianismo coa cultura clásica atopou en Virxilio a súa principal referencia.

Obras[editar | editar a fonte]

Escribiu varias composicións poéticas durante a súa mocidade, que foran no Medioevo reagrupadas sob o nome de Appendix Vergiliana.

Entre o ano 42 a. C. e o 39 a. C. escribiu as Bucólicas,[5] unha escolma de dez églogas que deixan ver os desexos de pacificación de Virxilio nuns poemas que exaltan a vida pastoril a imitación dos Idilios do poeta grego Teócrito.

Entre o 36 a. C. e o 29 a. C., compuxo, a instancia de Mecenas, as Xeórgicas, poema didascálico en catro libros, sobre os traballos no campo, destinado a proclamar a necesidade de restablecer o mundo campesiño tradicional en Italia.

A partir do ano 29 a. C., iniciou a composición da súa obras máis ambiciosa, a Eneida, que lle ocupou once anos. É un poema en doce libros que narra a historia de Eneas, dende a súa fuga de Ilión ou Troia ata a súa vitoria militar en Italia. A intención da obra era a de dotar dunha épica á súa patria e ligar a súa cultura coa tradición grega. Segundo Virxilio, Eneas foi o fundador da dinastía Xulia). Este poema quedou incompleto, sendo publicado por vontade do Emperador Octavio Augusto.

O verso perfecto de Virxilio foi eloxiado e considerado exemplar tanto entre os seus contemporáneos como na Idade Media e nos séculos seguintes. A Eneida foi tratada como un ensaio de filosofía e política, cando non era considerada a obra dun vidente. O esforzo dos renacentistas por unir o cristianismo coa cultura clásica encontrou en Virxilio a súa principal referencia.

Dante tomou a súa figura como unha das personaxes principais da súa obra Divina Comedia; representa a Razón, e axúdao a atravesar o infierno e o purgatorio. Por outra banda, Hermann Broch, na súa novela Der Tod des Virgil, narra os seus últimos días.[6]

As principais obras de Virxilio son:

  • Bucolica ou Eclogae
  • Eneida
  • Georgica

O Appendix Vergiliana é un conxunto de obras menores bautizado así en 1573 por Scaligero e que foi atribuída a Virxilio dende a antigüidade. Porén, a súa autenticidade é dubidosa para os especialistas modernos. Recolle poemas como:Culex, Dirae, Aetna, Ciris, Catalepton, Cataleptum, Moretum, Copa, Elegiae in Maecentatem:

  • Culex ("Mosquito"), que alerta nun soño ao pastor que o matou que cando lle picou lle salvou a vida e por iso o mosquito é honrado cunha tumba polo home.
  • Dirae ("Maldicións"), pronunciadas polo amante dunha terra que tivo que abandonar arrebatada por uns veteranos do exército romano; a súa namorada Lydia é honrada por un poema de amor que leva o seu nome e un eloxio do campo onde ela vivía.
  • Aetna, consagrado ao volcán Etna.
  • Ciris, evocación da metamorfose en paxaro (Ciris) de Escila, filla do rei de Megara.
  • Catalepton, conxunto de poemas curtos, dos que algúns parecen obras de mocidade auténticas de Virxilio.[7]

Nunha fase posterior, engadíronse á colección:

  • Copa, poema que leva o nome dunha bailarina siria que invita a un viaxeiro ao pracer de vela bailar na súa casa.
  • Elegiae in Maecentatem, peza necrolóxica que refire as últimas palabras de Mecenas, dirixidas a Augusto.
  • Moretum, poema gastronómico que describe con detalle a preparación deste prato local da Galia Cisalpina.

A Eneida[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Eneida.
  • A Eneida é un poema épico escrito no século I aC para explicar a historia de Eneas, un heroe que foxe de Troia e acaba sendo o fundador mítico de Roma. É unha das obras máis famosas da literatura latina e o seu inicio ("Arma virumque cano") é unha das frases soadas da historia da literatura. A influencia de Homero é evidente na súa composición e estilo. A Eneida divídese en dúas partes. Os primeiros seis libros, que seguen de preto o modelo da Odisea, narran a viaxe do protagonista cara á península Itálica, mentres que a segunda parte (libros VII-XII), que se inspiran na Ilíada, narran as guerras que tiveron lugar neste territorio.

Recepción da Eneida[editar | editar a fonte]

Mosaico tunisiano do século III d.C de Virxilio sentado entre Clio e Melpómene (proveniente de Adrumetum (Sousse).

Os críticos da Eneida focalízanse nunha serie de temas.[8] O ton do poema, como un todo, é un particular tema de debate, posto que algúns consideran o poema como definitivamente pesimista e politicamente subversivo co réxime de Augusto, mentres que outros o ven como unha celebración da nova dinastía imperial. Virxilio fai uso da simboloxía do réxime de Augusto, e algúns estudiosos ven unha estreita relación entre Augusto e Eneas, un como fundador e o outro como re-fundador de Roma. No poema detectouse unha forte teleoloxía ou a condución cara a un clímax. A Eneida está chea de profecías sobre o futuro de Roma, as obras de Augusto, os seus antepasados, e os romanos famosos, e as Guerras púnicas, o escudo de Eneas, aínda que representa a vitoria de Augusto na batalla de Accio contra Marco Antonio e Cleopatra VII no 31 aC. Outro foco de estudo é o carácter de Eneas. Como protagonista do poema, Eneas parece oscilar constantemente entre as súas emocións e o seu compromiso co seu deber profético de fundar Roma, os críticos sinalan a ruptura do control emocional de Eneas nas últimas seccións do poema onde o "piadoso" e "xusto" Eneas mata a Turno sen piedade.

A Eneida parece ser un gran éxito. Virxilio dise que recitou os libros 2, 4, e 6 a Augusto;[9] o libro 6 parece que causou unha gran impresión á irmá de Augusto, Octavia, quen estivo a piques de desmaiarse. Por desgraza, o poema quedou inconcluso á morte de Virxilio no ano 19 aC.

A frase varium et mutabile semper femina é probablemente, até hoxe, unha das máis citadas da obra.

As Xeórxicas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeórxicas.

As Xeórxicas son uns poemas, os segundos en importancia de entre os que escribiu, a intención é glosar e informar as tarefas agrícolas, ademais de representar un encomio da vida rural. O poema está dividido en catro libros, ten un carácter didáctico e consta de 2188 hexámetros. Ten a súa orixe en Os traballos e os días de Hesíodo. Virxilio dedicouna de maneira especial aos seus benefactores, Augusto e Mecenas (ao cal se invoca no inicio de cada libro). A obra serve de ilustración dalgunhas das tarefas desenvolvidas no campo (recolección, semente ...), de explicación do funcionamento das estacións do ano e das características climáticas.


Visións posteriores e recepción[editar | editar a fonte]

Na antigüidade[editar | editar a fonte]

As obras de Virxilio case desde o momento da súa publicación revolucionaron a poesía latina. As Églogas, as Xeorxianas e sobre todo a Eneida convertéronse en textos estándar nos currículos escolares que todos os romanos educados coñecían. Os poetas que seguen a Virgilio refírense a miúdo ás súas obras para dar sentido á súa propia poesía. O poeta augustino Ovidio parodia as liñas de apertura da Eneida en Amores 1.1.1–2, e o seu resumo da historia de Eneas no libro 14 das Metamorfoses, a chamada "mini-Eneida", foi vista como un exemplo especialmente importante da resposta post-virxiliana ao xénero épico. A épica de Lucano, en Bellum Civile foi considerada unha épica anti-virxiliana, disposta co mecanismo divino, tratando os acontecementos históricos e diverxendo drasticamente da práctica épica virxiliana. O poeta flavio Estacio, na súa obra épica Tebaida de doce libros, relaciona estreitamente a poesía de Virxilio; no seu epílogo aconséllalle ao seu poema que non "rivalizase co divino Eneida , senón que o siga de lonxe e venere os seus pasos."[10] En Silio Itálico, Virxilio atopa a un dos seus máis ardentes admiradores. Con case todas as liñas da súa épica Punica Silius fai referencia a Virxilio. De feito, Silius é coñecido por mercar a tumba de Virxilio e adorar ao poeta.[11] Parcialmente como resultado da súa chamada "mesiánica" Égloga IV - amplamente interpretada despois como un prognóstico do nacemento de Xesús- Virxilio, na antigüidade posterior, pensábase que tiña as habilidades máxicas dun vidente; o Sortes Vergilianae, o proceso de usar a poesía de Virxilio como ferramenta de adiviñación, atópase na época de Hadriano, e continuou ata a Idade Media. Nunha liña similar, Macrobio no seu Saturnalia acredita o traballo de Virxilio como a encarnación do coñecemento e da experiencia humana, reflectindo a concepción grega de Homero.[12] Virxilio tamén atopou comentaristas na antigüidade. Servio, comentarista do século IV d.C., baseou o seu traballo no comentario de Donato. O comentario de Servius ofrécenos unha gran cantidade de información sobre a vida, fontes e referencias de Virxilio; porén, moitos estudosos modernos consideran frustrante a calidade variable do seu traballo e as interpretacións a miúdo simplistas.

Final da antigüidade e Idade Media[editar | editar a fonte]

Retrato de Virxilio do século V do Vergilius Romanus.

Mesmo ao caer o imperio romano occidental, os literatos recoñeceron que Virxilio era un poeta mestre. Gregorio de Tours leu a Virxilio, ao que citou en varias partes, xunto con outros poetas latinos, aínda que el advertiu que "non debemos relacionar as súas fábulas de mentira, para non caer baixo a condena de morte eterna".

Dante fixo de Virxilio o seu guía no Inferno e a maior parte do Purgatorio na Divina Comedia.[13] Dante tamén menciona a Virxilio en De vulgari eloquentia, xunto con Ovidio, Lucano e Estacio, como un dos catro regulati poetae (ii, vi, 7).

Os manuscritos sobreviventes máis coñecidos das obras de Virxilio inclúen o Vergilius Augusteus, o Vergilius Vaticanus e o Vergilius Romanus.

Lendas[editar | editar a fonte]

Virxilio na súa cesta, Lucas van Leyden, 1525.

A lenda de "Virxilio na súa cesta" xurdiu na Idade Media, e é frecuentemente vista na arte e mencionada na literatura como parte do poder das mulleres topos literarios, demostrando a forza disruptiva da atracción feminina nos homes. Nesta historia, Virxilio namorouse dunha fermosa muller, ás veces descrita como filla ou amante do emperador e chamada Lucretia. Pretendía seguir o xogo e fixo unha cita na súa casa, onde tivo que colarse a noite subindo a unha cesta grande que baixaría dunha fiestra. Cando o fixo, a nova só o elevou a metade do muro e logo deixouno atrapado ata o día seguinte, exposto ao ridículo público. A historia é semellante á de Phyllis montando a Aristóteles. Entre outros artistas que representan a escena, Lucas van Leyden fixo unha xilografía e despois un gravado.[14]

Na Idade Media, a reputación de Virxilio era tal que inspirou lendas asociándoo con maxia e profecía. Virxilio foi visto a un nivel similar aos profetas hebreos da Biblia como aquel que anunciara o cristianismo.[15] De forma relacionada, The Jewish Encyclopedia argumenta que as lendas medievais sobre o golem se inspiraron en lendas virxilianas sobre o poder apócrifo do poeta para dar vida a obxectos inanimados.[16]

Posiblemente desde o século II d.C., as obras de Virxilio eran vistas como obras máxicas e usáronse para a adiviñación. No que se coñeceu como Sortes Vergilianae (Lote virxiliano), as pasaxes eran seleccionadas ao azar e interpretadas para responder a preguntas.[17] No século XII, comezando arredor de Nápoles pero finalmente estendéndose por toda Europa, desenvolveuse unha tradición na que Virxilio era considerado como un gran mago. As lendas sobre Virxilio e os seus poderes máxicos mantivéronse populares durante máis de douscentos anos, probablemente chegando a ser tan destacados como os propios escritos.[18] O legado de Virxilio no Gales medieval foi tal que a versión galesa do seu nome, Fferyllt ou Pheryllt, converteuse nun termo xenérico para o traballador da maxia e sobrevive na palabra moderna galesa para farmacéutico, fferyllydd.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Don Fowler "Virgil (Publius Vergilius Maro)" en The Oxford Classical Dictionary, (3.ed. 1996, Oxford), páx. 1602
  2. Ancient Literature and Language
  3. Sellar, William Young; Glover, Terrot Reaveley (1911). "Virgil". Encyclopædia Britannica 28 (11th ed.). p. 112. Consultado o 2012-06-07. 
  4. Tom. 69, paxs. 296-97. Enciclopedia Espasa
  5. Virxilio en galego[Ligazón morta]
  6. Hermann Broch: La muerte de Virgilio. Texto en castelán en Scribd.
  7. Virgilio: Catalepton. Texto latino na páxina web da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).
  8. Fowler, px.1605-6
  9. Fowler, px.1603
  10. Theb.12.816–817
  11. Plinio Ep. 3.7.8
  12. Fowler, p. 1603
  13. Alighieri, Dante (2003). The Divine Comedy (The Inferno, The Purgatorio, and The Paradiso). Nova York: Berkley. ISBN 978-0451208637. 
  14. Snyder, James. Northern Renaissance Art, 1985, Harry N. Abrams, ISBN 0136235964, pp. 461–462
  15. Ziolkowski, Jan M.; Putnam, Michael C. J. (2008). The Virgilian Tradition: The First Fifteen Hundred Years. Yale University Press. pp. xxxiv–xxxv. ISBN 978-0300108224. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  16. Singer, Isidore; et al., eds. (1901–1906). "Golem". The Jewish Encyclopedia. Nova York: Funk & Wagnalls.
  17. Ziolkowski & Putnam, pp. xxxiv, 829–830.
  18. Ziolkowski & Putnam, p. xxxiv.
  19. Ziolkowski & Putnem, pp. 101–102.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]