Suetonio
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Suetonio | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Caius Suetonius Tranquillus |
Nacemento | c. 70 |
valor descoñecido | |
Falecemento | c. 126 |
Imperio Romano | |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | escritor, historiador, secretario, biógrafo e poeta |
Coñecido por | Vidas dos Doze Césares |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Suetonio (Gaius Suetonius Tranquillus en latín) (75 – 160) foi un escritor romano.
Naceu no seo dunha familia da orde ecuestre, seguramente en Hipona. Marchou a Roma e dedicouse ao estudo das letras, traballando como avogado e profesor. Foi amigo de Plinio o Novo quen o recomendou ao emperador Traxano como superintendente das bibliotecas públicas e responsable dos arquivos. Con Hadriano foi o encargado da correspondencia oficial do goberno. Acusado de falta de respecto á emperatriz Sabina, perdeu o seu traballo no 122.
Escribiu en latín e en grego. Entre as súas obras destacan De viris illustribus, biografías de escritores e De vita Caesarum, a biografía dos doce primeiros emperadores de Roma; consta de oito libros que se conservan na súa case totalidade, é fonte para moitos traballos sobre historia romana e está considerada unha das historias máis imparciais da antigüídade, con moito gusto polo detalle e escrito nunha linguaxe sinxela.