Mecenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mecenas
Maecenas Coole Park.JPG
Nome completoCaius Cilnius Maecenas
Nacemento15 de abril do 69 a.C.
Lugar de nacementoArezzo
Falecemento8 a.C.
Lugar de falecementovalor descoñecido
NacionalidadeRoma Antiga
OcupaciónAncient Roman politician, mecenas e poeta
Paivalor descoñecido
Naivalor descoñecido
CónxuxeTerentia
editar datos en Wikidata ]

Caius Cilnius Maecenas nado en Arezzo, probablemente o 15 de abril do 69 a. C. e finado probablemente no ano 8 antes da nosa era, foi un estadista romano e patrono das letras.

Mecenas descendía dunha familia etrusca antiga e nobre. Foi conselleiro, colaborador e amigo de Octavio Augusto, a quen mesmo substituíu durante as súas ausencias de Italia. Posteriormente a relación arrefriou, posibelmente porque Augusto tivo un affaire coa muller de Mecenas, Terencia, mais no seu testamento designouno único herdeiro. Actuou como mediador nos tratados de Brindisi (40 a. C.) e Taranto (37 a. C.).

Mecenas foi unha figura chave na vida literaria da época augusta. Animou a súa política cultural, ao protexer e dirixir os creadores de máis prestixio, como Virxilio (quen lle dedicou as Xeórxicas), Horacio (a quen lle regalou Vila Sabina), Propercio, Varius Rufus, Plotius Tucca, Valgius Rufus ou Domitius Marsus.

É autor de obras en prosa (Prometeo, Simposio, In Octaviam, De cultu suo) e en verso, das que se conservan uns vinte fragmentos.

Legado[editar | editar a fonte]

O seu nome é símbolo do padroado rico e xeneroso das artes. Os termos galegos mecenas e mecenado proveñen do seu nome.