Ramón Segade Campoamor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Segade Campoamor
Nacemento?
 Santiago de Compostela
Falecemento15 de abril de 1887.[1]
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Linguacastelán
Xénerosnovela
editar datos en Wikidata ]

Ramón Segade Campoamor, nado en Santiago de Compostela[2] e finado no mesmo lugar o 15 de abril de 1887, foi un escritor galego do século XIX que residiu gran parte da súa vida na Coruña.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito. Relacionado con Manuel Murguía, Rosalía Castro de Murguía e Emilia Pardo Bazán, era de ideoloxía conservadora e rexionalista. Colaborou en El Museo Universal, El Diario, Galicia. Revista Universal de este Reino, La Ilustración Gallega y Asturiana, Ilustración Católica, Revista Galaica e El Libredón.

Foi vicesecretario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La calle del olvido, 1863.
  • La olla del diablo, A Coruña 1863, Vigo 1964.
  • Cristina. Impresiones morales, Soto Freire, Lugo, 1872.
  • Cotolay, leyenda piadosa sobre la erección del convento de San Francisco de Santiago, Madrid, 1879.
  • Francisca (cuadros de costumbres gallegas), Madrid, 1881.
  • Tres cuentos, 3ª ed. Madrid, 1883.
  • Pablo Gómez, A Coruña, 1883.
  • España ante la unidad católica, Lugo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica (Galiciana. Biblioteca de Galicia).
  2. Couceiro o dá por nacido en Santiago de Compostela, porén informa de que outros o dan por nado en Lugo.
  3. Biblioteca da Real Academia Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]