Cebrio seoanei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cebrio seoanei
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Mandiubulata
Infrafilo: Atelocerata
Superclase: Panhexapoda
Clase: Insecta
Subclase: Dicondylia
Infraclase: Pterygota
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Elateriformia
Superfamilia: Elateroidea
Familia: Cebrionidae
Xénero: Cebrio
Especie: C. seoanei
Nome binomial
Cebrio seoanei
Pérez Arcas, 1865 [1]

Cebrio seoanei é unha especie de insecto coleóptero da familia dos cebriónidos de élitros de cor clara, amarelada, e pronoto de cor acastañada clara, que vive unicamente nalgunhas localidades das provincias da Coruña e Pontevedra.[2]

A especie foi definida en 1865 polo zoólogo valenciano Laureano Pérez Arcas, que a dedicou ao seu colega e amigo o naturalista galego Víctor López Seoane. (Pola súa parte, Seoane dedicoulle a Pérez Arcas, vinte anos máis tarde, o anfibio Rana perezi).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cebrio seoanei en Fauna Europaea.
  2. Pablo Bercedo Páramo & José Ignacio López-Colón (2003): "Cebrio cantabricus sp. n. de la Península Ibérica (Cioleoptera, Crebrionidae)." Bol. S. E. A., 32: 17-19. Ver en PDF.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]