ENCIGA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia) é unha asociación galega de profesores de ciencias. Naceu no Instituto Alfredo Brañas de Carballo no ano 1988, sendo unha das máis antigas sociedades de profesores de España. É membro da Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas -FESPM-, e do Consello Internacional de Asociacións para o Ensino das Ciencias -ICASE-.

Desenvolve como principal actividade un congreso anual no que se tratan temas de ensino das materias científicas e outros relacionados. Tamén edita unha revista societaria de nome Boletín das Ciencias dos que se levan editados máis de setenta números. Así mesmo promove charlas, conferencias e debates en prol do ensino científico.

Dentro dos actos conmemorativos do vixésimo aniversario da Asociación en 2008, deu unha conferencia en Carballo o premio Nobel de Química, Richard R. Ernst.

Presidentes de ENCIGA[editar | editar a fonte]

  • Frutos Fernández González (1988-1993)
  • Comisión xestora presidida por Paulino Estévez Alonso (1993)
  • José Mendoza Rodríguez (1993-2001)
  • Comisión xestora presidida por Paulino Estévez Alonso (2001-2002)
  • José Manuel Facal Díaz (2002-2008)
  • Comisión xestora presidida por Paulino Estévez Alonso (2008-2009)
  • Paulino Estévez Alonso (2009- )

Congreso[editar | editar a fonte]

O congreso de ENCIGA ten unha periodicidade anual e desenvólvese durante tres días, de xoves a sábado, do mes de novembro (agás o segundo congreso que foi en outubro) en vilas e cidades galegas. Durante o congreso teñen lugar tres conferencias plenarias, unha por día de congreso, comunicacións, obradoiros, táboas redondas, exposicións e carteis. A mañá dos venres adícase a excursións e visitas guiadas a lugares ou empresas da zona de interese turístico ou científico.

A organización do congreso corre a cargo dun comité organizador formado pola directiva da asociación e un número variábel de profesores dun centro educativo da localidade onde ten lugar. Dito centro é a sede da maioría das actividades do congreso. Esta norma só se viu alterada no vixésimo congreso onde a organización correu a cargo da directiva do momento, realizándose as actividades nun hotel de Sanxenxo.

A sede vai rotando entre as catro provincias. Só nunha ocasión, e grazas ao interese da directiva do momento por cumprimentar aos socios portugueses da Asociación, o congreso tivo lugar en Portugal, concretamente en Póvoa de Varzim no 2006.

Congresos realizados[editar | editar a fonte]

  1. Betanzos, 1988
  2. Ribadavia, 1989
  3. Monforte de Lemos, 1990
  4. Tui, 1991
  5. Carballo, 1992
  6. Ourense, 1993
  7. Lugo, 1994
  8. Pontevedra, 1995
  9. Cee, 1996
  10. Santiago de Compostela, 1997
  11. O Barco de Valdeorras, 1998
  12. Gondomar, 1999
  13. Noia, 2000
  14. Chantada, 2001
  15. Verín, 2002
  16. Cangas, 2003
  17. Ribeira, 2004
  18. Ribadeo, 2005
  19. Póvoa de Varzim, 2006
  20. Sanxenxo, 2007
  21. O Carballiño, 2008
  22. Silleda, 2009
  23. Narón, 2010
  24. A Fonsagrada, 2011
  25. Santiago de Compostela, 2012
  26. Ourense, 2013
  27. Moaña, 2014
  28. Sarria, 2015
  29. Negreira, 2016
  30. Allariz, 2017
  31. Lalín, 2018

Boletín das Ciencias[editar | editar a fonte]

É a revista da sociedade. A súa tirada é variábel, sendo o máis habitual que saian tres ou catro números anuais. O do mes de novembro é un número especial que recolle todas as actividades que se desenvolven no congreso anual.

Co gallo da catástrofe do Prestige iniciouse unha serie de números monográficos sobre temas polémicos ou de actualidade, sempre desde unha visión científica e didáctica.

Boletíns monográficos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]