Ignacio Bolívar y Urrutia
(1935) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de novembro de 1850 Madrid, España |
Morte | 19 de novembro de 1944 (94 anos) Cidade de México |
Presidente Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas | |
1934 – 1939 ← Santiago Ramón y Cajal – Supresión do cargo → | |
Director Real Xardín Botánico de Madrid | |
1921 – 1930 | |
Presidente de honra Real Sociedade Española de Historia Natural | |
1920 – | |
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas | |
1907 – | |
Director Museo Nacional de Ciencias Naturales (pt) | |
1901 – 1934 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Lugar de traballo | Museo Nacional de Ciencias Naturales (pt) |
Ocupación | catedrático (1877–1920), entomólogo, zoólogo, naturalista |
Empregador | Universidade Central Museo Nacional de Ciencias Naturales (pt) |
Membro de | |
Alumnos | Antón Vila Nadal |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Bolívar |
Familia | |
Fillos | Cándido Bolívar Pieltáin |
Premios | |
Descrito pola fonte | Diccionario biográfico español |
Ignacio Bolívar y Urrutia, nado en Madrid o 9 de novembro de 1850 e finado en Cidade de México o 19 de novembro de 1944, foi un naturalista e entomólogo español, investigador e impulsor do desenvolvemento da ciencia biolóxica.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito e doutorouse en Ciencias Naturais e en 1875 obtivo praza de profesor na Universidade Central de Madrid, onde foi designado catedrático de Entomoloxía en 1877. Vinculado ao krausismo, presidiu a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas de Madrid e a Real Sociedad Española de Historia Natural e foi membro da Real Academia Española (1930), da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (1944) e de diversas sociedades científicas de Europa e América. Tamén foi director do Museo de Ciencias Naturales e do Real Jardín Botánico de Madrid. Aos 89 anos marchou ao exilio (en 1939) a México, xunto co seu fillo, tamén entomólogo, Cándido Luis Bolívar y Pieltáin. Neste país foi nomeado Doutor honoris causa pola Universidade Nacional Autónoma de México despois dunha extraordinaria labor académica e de colaboración científica que mantivo durante cinco anos, o tempo que pasou dende a súa chegada ata o seu pasamento, á idade de 94 anos.[2]
Consagrouse principalmente ao estudo da entomoloxía, na que acadou un gran prestixio internacional. Neste campo escribiu máis de 300 libros e monografías e descubriu máis de mil especies novas e uns 200 xéneros novos. Ademais, animou a adicarse á entomoloxía a grandes científicos como José María de la Fuente e Eugenio Morales Agacino.[3]
Fundou en México en 1940, con outros exiliados españois, a revista Ciencia, revista que é, a partir de 1980, o órgano oficial da Academia Mexicana de Ciencias. Tamén foi presidente da Unión de Profesores Universitarios Españoles en el Extranjero.[2] Entre as súas obras máis importantes figuran: Ortópteros de España nuevos o poco conocidos (1873) e Catálogo sinóptico de los ortópteros de la fauna ibérica (1900).
O 30 se xaneiro de 2019 foi rehabilitado polo goberno, devolvéndolle o diploma académico arrebatado polo réxime de Franco.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gomis Blanco, A. Ignacio Bolívar y las ciencias naturales en España. CSIC, Madrid, (1988).
- ↑ 2,0 2,1 Paralelo 21, ed. (2010). 200 Mexicanos que nos Heredó el Mundo (Instituto Nacional de Migración/ Centro de estudios migratorios. ed.). p. 259. ISBN 9786077891024.
Las 200 personalidades incluidas aquí destacaron por sus notables contribuciones a México. Todas ellas nacieron en el exterior y se arraigaron en el país por diversos motivos y razones....
- ↑ Morales Agacino, Eugenio (2001). Organismo Autónomo de Parques Nacionales, ed. Memorias de un naturalista. Madrid. p. 276. ISBN 84-8014-302-9.
- ↑ "España homenajea a siete científicos represaliados por Franco y les devuelve su diploma académico". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-01-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ignacio Bolívar y Urrutia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Revista Ciencia, fundada por científicos españois, da que Bolívar foi o primeiro director.
- Presidentes do CSIC
- Álbum da Ciencia Consello da Cultura Galega.