George Albert Boulenger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
George Albert Boulenger
Boulenger George 1858-1937.png
George Albert Boulenger
Nacemento 19 de outubro de 1858
  Bruxelas-Capital
Falecemento 23 de novembro de 1937 (79 anos)
  Francia
Nacionalidade Reino Unido
Alma máter Free University of Brussels
Ocupación botánico, zoólogo, herpetologist e ictiólogo
Fillos Edward George Boulenger
Premios membro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]

George Albert Boulenger, nado o 19 de outubro de 1858 en Bruxelas, Bélxica, e finado o 23 de novembro de 1937 en Saint-Malo, Ille e Vilaine, Francia, foi un destacado biólogo belga, nacionalizado británico, coñecido polo descubrimento, descrición e clasificación de numerosas especies animais e vexetais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Boulenger naceu en Bruxelas o 19 de outubro de 1858, fillo de Gustave Boulenger, un notario público belga, e de Juliette Piérart, orixinaria de Valenciennes (Norte, Francia).

En 1876 graduouse en ciencias naturais na Universidade Libre de Bruxelas, e durante un tempo traballou no Museo de Historia Natural desa cidade como naturalista asistente, especializándose no estudo de anfibios, réptiles e peixes, para o que efectuou frecuentes visitas ao Museo Nacional de Historia Natural de París e ao Museo Británico de Londres.

En 1880, invitado por Albert Günther, pasou a traballar no Museo de Historia Natural dependente do Museo Británico coa finalidade de catalogar a súa colección de anfibios. O seu traballo na administración civil do imperio Británico obrigouno a obter esa nacionalidade.

En 1882 foi ascendido a asistente de primeira clase no departamento de Zooloxía.

Retirado en 1920, Boulenger dedicouse ao estudo das rosas, publicando 34 artigos sobre temas de botánica e dous volumes sobre as rosas de Europa.

Metódico en extremo, tiña tal memoria que lle permitía recordar cada espécime e nome científico que vía. Hábil para escribir, rara vez os seus primeiros borradores precisaban correccións antes da súa publicación.

Polo seu oficio coñecía o idioma grego e o latín, e falaba tamén francés, alemán e inglés, e lía en español, italiano e un pouco en ruso.

Cómpre destacar, en particular, os seus traballos sobre os peixes cavernícolas. En 1897, o rei Leopoldo II de Bélxica creou unha comisión para contratar naturalistas para a creación do Museo do Congo, confiándolle a súa dirección a Boulenger. O seu principal descubrimento foi, en 1921, un estraño peixe do Congo, cego e despigmentado. Identificouna como unha especie nova e describiuna en Nature. Dedicouna a un misterioso señor Geerts, a persoa que descubrira este animal. O nome deste peixe é Caecobarbus geertsii, do que o nome do xénero deriva de caeco = "cego" e barbus = "barbo". Así mesmo dedicou a Emílio Augusto Goeldi (1859-1917) a especie Flectonotus goeldii.

En 1921 Boulenger publicara 877 artigos científicos. Describiu 1.096 especies de peixes, 556 especies de anfibios e 872 especies de réptiles. Foi especialmente famoso polas súas monografías sobre anfibios, réptiles e peixes, sobre cuxas especies africanas era considerado o maior experto do mundo.

Faleceu en Saint-Malo, Francia, o 23 de novembro de 1937.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1891 - "Catalogue of the Reptiles and Batrachians of Barbary (Morocco, Algeria, Tunisia): based chiefly upon the notes and collections made in 1880–1884 by M. Fernand Lataste". Trans. of the Zoological Society of London
  • 1894 - Catalogue of the Snakes in the British Museum (Natural History) . Vol. II. British Museum of Natural History
  • 1895 - Catalogue of the Perciform Fishes in the British Museum. Centrachidae, Percidae and Serranideae. British Museum of Natural History
  • 1896 - Catalogue of the Snakes in the British Museum (Natural History). Volumen III. British Museum of Natural History
  • 1897 - The Tailless Batrachians of Europe . Partes I & II. The Ray Society London
  • 1903 - Batraciens de la Guineée Espagnole. Madrid
  • 1905 - "A contribution to our knowledge of the varieties of the wall-lizard (Lacerta muralis) in Western Europe and North Africa". Trans. of the Zoological Soc. of London
  • 1910 - Les batraciens et principalement ceux d'Europe. Octave Doin et Fils Paris
  • 1912 - A vertebrate fauna of the Malay Peninsula from the Isthmus of Kra to Singapore, including the adjacent islands. Reptilia and Batrachia. Taylor & Francis, Londres
  • 1913 - Snakes of Europe. Methuen Londres
  • 1913 - "Second contribution to our knowledge of the varieties of the wall-lizard (Lacerta muralis") Trans. of the Zoological Soc. of London. 135–230 IIXX
  • 1916 - "On the lizards allied to Lacerta muralis, with an account of Lacerta agilis and L. parva". Trans. of the Zoological Soc. of London. 104 VIII
  • 1917 - "A revision of the lizards of the genus Tachydromus". Memoirs of the Asiatic Society of Bengal 207–234 II
  • 1917 - "A revision of the lizards of the genus Nucras Gray". Ann. of the South African Museum 195–216 II
  • 1920 - Monograph of the Lacertidae, vol. 1. British Museum of Natural History London
  • 1921 - Monograph of the Lacertidae, volumen 2 British Museum of Natural History London
  • 1921 - "Liste des publications Ichthyologiques et Herpétologiques (1877–1920)". Ann. de la Societé royale Zoologique de Belgique. 11-88
  • 1921 - Monograph of the Lacertidae, volumen 1 Johnson Reprint (1966) New York / Londres
  • 1921 - Monograph of the Lacertidae, volumen 2 Johnson Reprint (1966) New York / Londres
  • 1923 - Boulenger et al. A survey of the fauna of Iraq. Mammals, birds, reptiles, etc. made by members of the Mesopotamia Expeditionary Force "D" 1915–1919. Bombay Natural History Society Iraq & London
  • 1923 - Boulenger et al. Étude sur les batraciens et les reptiles rapportés par M. Henri Gadeau de Kerville de son voyages zoologique es Syrie (avril–juin 1908). Ballière & Sons Paris

Honores[editar | editar a fonte]

  • En 1935 foi nomeado como o primeiro membro de honor da Sociedade Nortamericana de ictiólogos e herpetólogos.
  • En 1937 fois galardoado coa medalla da Orde de Leopoldo, o máis alto honor concedido a un civil.

Algunhas especies dedicadas a G. A. Boulenger[editar | editar a fonte]

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Boulenger emprégase para indicar a George Albert Boulenger como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  • A abreviatura Boulenger emprégase para indicar a George Albert Boulenger como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Biografías[editar | editar a fonte]

  • David Meredith Seares Watson (1940): George Albert Boulenger. 1858-1937, Obituary Notices of Fellows of the Royal Society, 3 (8): 13-17.
  • Max Poll (1966): "Notice sur George A. Boulenger". Annuaire de l'Acad. r. Belg., 133: 1-40.
  • Max Poll (1966): "L'œuvre africaine de George-A. Boulenger". Bull. Séanc. Acad. r. Sci. Outre-Mer, nouv. sér., 12 (3): 546-555.
  • Max Poll (1968): "Georges-Albert Boulenger". En : Florilège des sciences en Belgique pendant le XIXe siècle et le début du XXe Classe des Sciences, Académie royale de Belgique, Bruxelles, pp. 907–927.
  • Max Poll (1973): "Boulanger Georges-Albert". En : Annuaire de l'Acad. r. Belg., 133: 191-228.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]