Albert Günther
Albert Günther | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Albert Karl Ludwig Gotthilf Günther |
Nacemento | 3 de outubro de 1830 |
Lugar de nacemento | Esslingen am Neckar |
Falecemento | 1 de febreiro de 1914 |
Lugar de falecemento | Real Xardín Botánico de Kew e Londres |
Nacionalidade | Reino de Württemberg e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | Universidade de Tubinga |
Ocupación | biólogo, zoólogo, conservador, ictiólogo, herpetólogo e zoological collector |
Fillos | Robert Gunther |
Premios | membro da Royal Society, Medalla Real, Medalla linneana e Fellow of the Zoological Society of London |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Albrecht Carl Ludwig Gotthilf Günther, tamén coñecido como Albert Charles Lewis Gotthilf Gunther e Albert Günther, nado o 3 de outubro de 1830 en Esslingen (Suabia), e finado o 1 de febreiro de 1914 en Richmond upon Thames, Gran Londres (Reino Unido), foi un zoólogo británico.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu o 3 de outubro de 1830 en Esslingen, Suabia, daquela no reino de Baviera.
Estudou teoloxía en Bonn e en Berlín, e despois medicina en Tubinga.
En 1856 trasladouse ao Museo Británico, onde traballou en ictioloxía. Despois da morte de John Edward Gray, en 1875, foi director do departamento de zooloxía dp Museo de Historia Natural, até 1895. Ademais de traballar con peixes da colección do museo, fíxoo con réptiles e anfibios[1]
Naturalizado británico en 1874, Günther faleceu no Real Xardín Botánico de Kew (Royal Botanic Gardens, Kew) o 1 de febreiro de 1914.[1][2]
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Günther emprégase para recoñecer a Albert Günther como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.