Celacanto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Actinistios
Actinistia
Celacantos

Rango fósil: devónico - actualidade
Latimeria chalumnae
Latimeria chalumnae
Estado de conservación
Crítico
Crítico
[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sarcopterygii
Subclase: Actinistia
Cope, 1870
Ordes
Sinonimia
  • Coelacanthimorpha

A dos actinistios (Actinistia), tamén chamados celacatimorfos (Coelacanthimorpha),[2] é unha subclase de vertebrados da clase dos sarcopterixios, que son peixes, coñecidos como celacantos, con aletas lobuladas carnosas que se crían extintos desde o período cretácico ata que, en 1938, un exemplar vivo foi capturado na costa oriental de Suráfrica. Outra especie localizouse en augas das illas Célebes (Indonesia) en 1998.

Xunto cos peixes pulmonados son os seres vivos máis próximos asos vertebrados terrestres.

Apareceron no período devónico (hai 400 millóns de anos), aínda que a maior cantidade de restos fosilizados pertencen ao período carbonífero (hai 350 millóns de anos).

Clasificación[editar | editar a fonte]

Fósiles de Whiteia, un celacanto extinto.
Whiteia woodwardi.

A subclase foi descrita en 1870 polo paleontólogo e anatomista comparativo estadounidense Edward Drinker Cope. Esta subclase só comprende unha orde, a dos celacantiformes (Coelacanthiformes), que definiu en 1937 o xeógrafo e biólogo soviético Lev Semiónovich Berg, e que reune varias familias, case todas fósiles e cunha soa, a dos latimeríidos (Latimeriidae), da que se coñecen na actualidade só as dúas especies anteriormente citadas.

Subclase Actinistia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Celacanto

Outros artigos[editar | editar a fonte]