Sirenoideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sirénidos»)
Sirenoideos
Sirenoidea

Rango fósil: cretáceo tardío - actualidade
95 Ma - 0 Ma

Siren lacertina
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Orde: Caudata
Suborde: Sirenoidea
Dubois, 2005
Familia: Sirenidae
Gray, 1825
Especies
  • Véxase o texto
Siren intermedia.
Pseudobranchus axanthus.
Pseudobranchus striatus.

A dos sirenoideos (Sirenoidea)[1] son unha pequena suborde (para algúns autores un clado) de anfibios caudados que comprende tan só catro especies reunidas nuha única familia, a dos sirénidos (Sirenidae), e repartidas en dous xéneros con dúas especies cada un, que vive no sueste dos Estados Unidos e o nordeste de México.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Exhiben corpos alongados adaptados a unha vida completamente acuática, carecen de dentes pedicelados, extremidades reducidas (carecendo das posteriores) e pedomorfismo, ao reter as branquias na etapa adulta, o sistema da liña lateral e unha alimentación por succión (aínda que posúen unha mandíbula móbil).[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Unha posición sistemática dubidosa[editar | editar a fonte]

Os primeiros estudos moleculares posicionaban este taxon como o grupo irmán das salamántigas (e por iso algúns autores inclúeno na suborde dos salamandroideos), pero análises posteriores de secuencias de xenes nucleares suxerían o clado Cryptobranchoidea (Cryptobranchidae e Hynobiidae) como o máis basal.[4][5][6]

Por outra parte, Zhang & Wake (2009) volveron a situar os Sirenidae de acordo coa posición dos primeiros estudos, confirmando, ademais, o clado conformado por aqueles grupos con fecundación interna, polo que a fecundación externa (presente en Sirenidae, Cryptobranchidae e Hynobiidae) sería un carácter plesiomórfico.[7]

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta nova suborde foi descrita en 2005 polo herpetólogo francés Alain Dubois.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Suborde Sirenoidea

Filoxenia[editar | editar a fonte]

As relacións filoxenéticas entre os xéneros e as especies da familia dos sirénidos son as seguintes:

O Cladograma está baseado en Moler & Kezer (1993) e Frost et al. (2006).[5][8]

Sirenidae
Pseudobranchus

Pseudobranchus striatus

Pseudobranchus axanthus

Siren

Siren intermedia

Siren lacertina

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Non confudir con Sirenoidea van Beneden, 1855, un sinónimo de Sirenia, unha orde de mamíferos acuáticos que incúe os dugongos e os manatís.
  2. Frost, D. R. Sirenidae. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Ne2 York, USA: Museo Americano de Historia Natural. Consultado o 1 de abril de 2017.
  3. Duellman, W. E. & Trueb, L. (1994): Biology of Amphibians. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-4780-6.
  4. Wiens, J. J. et al. (2005): Ontogeny discombobulates phylogeny: Paedomorphosis and higher-level salamander relationships. Systematic Biology 54: 91-110.
  5. 5,0 5,1 Frost et al. (2006): The Amphibian Tree of Life Arquivado 11 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Bulletin of the American Museum of Natural History 297: 1–291.
  6. Roelants, K. et al. (2007): Global patterns of diversification in the history of modern amphibians. Proceedings of the National Academy of Sciences of the USA 104: 887-892.
  7. Zhang, P. & Wake, D. B. (2009): Higher-level salamander relationships and divergence dates inferred from complete mitochondrial genomes. Molecular Phylogenetics and Evolution 53: 492-508.
  8. Moler, P. E. & Kezer, J. (1993): "Karyology and systematics of the salamander genus Pseudobranchus (Sirenidae)". Copeia 1993: 39-47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]