Morfoloxía (bioloxía)
En bioloxía, a morfoloxía é a disciplina encargada do estudo da forma e estrutura dun organismo ou sistema. A morfoloxía é unha ciencia biolóxica que trata da forma e transformacións dos seres orgánicos.
Conceptos clave en morfoloxía
[editar | editar a fonte]Subdisciplinas
[editar | editar a fonte]Morfoloxía descritiva
[editar | editar a fonte]A morfoloxía descritiva encárgase da descrición e comparación das formas orgánicas (véxase o artigo Anatomía comparada).
Morfoloxía teórica
[editar | editar a fonte]A morfoloxía teórica ten como principal obxectivo o estudo das constricións morfolóxicas.[1] O modelo de David M. Raup para a construción do morfoespazo das cunchas dos gasterópodos é un dos exemplos máis sobresalientes.[2]
- A morfometría é unha rama da morfoloxía teórica encargada de cuantificar a morfoloxía dos organismos, reducindo os espécimes a abstraccións numéricas. As ferramentas de modelización máis empregadas para tal fin son os patróns logarítmicos, a xeometría fractal e os autómatas celulares.
Morfoloxía funcional
[editar | editar a fonte]A morfoloxía funcional ocúpase do estudo da forma orgánica e as características en relación coa función. Entre os seus representantes máis destacados atópanse D.D. Davis e David Wake.
Morfoloxía evolutiva
[editar | editar a fonte]A Morfoloxía evolutiva ocúpase do estudo da historia da forma orgánica. Rupert Riedl é un dos seus representantes máis destacados.
Historia da morfoloxía
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]- Aristóteles, Partes dos animais
Morfoloxía transcendental
[editar | editar a fonte]- Johann Wolfgang von Goethe
- Morfoloxía británica pre-darwinista: Martin Barry, William Carpenter, Rudolf Leuckart
Morfoloxía evolucionista
[editar | editar a fonte]Entre 1865 e 1885 ten lugar a segunda época da morfoloxía transcendental.[3] Os morfólogos dispuñan entón dunha técnica moito máis desenvolvida, pero conceptualmente foi unha época moito menos rica que a anterior. Russell divide esta época en dous subperíodos:
O primeiro corresponde ás especulacións filoxenéticas de Alexander Kovalevsky, Anton Dohrn e Semper. Dentro deste período, podemos distinguir dous enfoques, dependendo de que as especulacións evolutivas estivesen baseadas en datos embriolóxicos ou anatómicos, que deron lugar a dúas teorías sobre a orixe dos vertebrados nos anos setenta: a primeira, defendida por Haeckel e Kovalevsky (continuando a obra de Rathke), defendía que o devanceiro dos vertebrados debía ser similar a unha larva ascidia; a segunda, defendida por Dohrn e Semper, concibía un devanceiro anélido segmentado.
O segundo período está marcado pola influencia da teoría das capas xerminais na análise filoxenética: a teoría da Gastraea (Haeckel) e do Celoma.
- Thomas Huxley, Ray Lankester e Francis Balfour.
- William Bateson
- Carl Gegenbaur, Grundriss der vergieichenden Anatomk (Elementos de Anatomía Comparada)
- Os morfólogos de Oxford: Edwin Stephen Goodrich, Julian Huxley, Gavin de Beer
- Hermann Braus
- Ivan I. Schmalhausen, Factors of Evolution (1949)
- David M. Raup
Outros
[editar | editar a fonte]- D'Arcy Thompson, On growth and form (Do crecemento e a forma)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Raup, David and Steven M. Stanley. 1978. Principles of Paleontology : Second Edition. ISBN 0-7167-0022-0
- ↑ Raup, D.M. 1966. Geometric analysis of shell coiling: general problems. Journal of Paleontology 40: 1178-1190.
- ↑ Nas seguintes liñas seguimos a obra de Russell (1916)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Biografía
[editar | editar a fonte]- Love, A. (2003). "Evolutionary Morphology, Innovation, and the Synthesis of Evolutionary and Developmental Biology", Biology and Philosophy.