Criptobránquidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Criptobránquidos
Cryptobranchidae

Rango fósil: paleoceno - actualidade
60 Ma - 0 Ma
Cryptobranchus alleganiensis
Cryptobranchus alleganiensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Orde: Caudata
Suborde: Cryptobranchoidea
Familia: Cryptobranchidae
Fitzinger, 1826
Xéneros

A dos criptobránquidos[1] (Cryptobranchidae) é unha familia de anfibios da orde dos caudados ou urodelos, unha das dúas que compoñen a suborde dos criptobrancoideos.

Debido ao seu gran tamaño as únicas tres especies[2] que a compoñen son coñecidas vulgarmente como salamántigas xigantes.

Distribución[editar | editar a fonte]

As catro especies da familia distribúense pola China, o Xapón, o leste dos Estados Unidos e o sueste do Canadá.[3]

As especies asiáticas son Andrias davidianus (a salamántiga xigante chinesa) e Andrias japonicus (a salamántiga xigante xaponesa), mentres que a única especie presnte en Norteamérica é Cryptobranchus alleganiensis (a salamántiga americana xigante).

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1826 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, na súa obra:

Fitzinger, L. (1826): Neue classification der reptilien nach ihren natürlichen verwandtschaften. Nebst einer verwandtschafts-tafel und einem verzeichnisse der reptilien-sammlung des K. K. zoologischen museum's zu Wien, pp. 1-67. Ver en liña.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Reconstrución do fósil dunha especie do xénero Chunerpeton.

O nome científico Cryptobranchoidea está formado polos elementos do latín científico crypto-, -branch- e ´-idea (plural de -ideus, que o sufixo co que se forman as familias dos animais), tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo κρυτός cryptós, 'oculto'; βράγχια bránchia, 'branquia' e εἴδος eídos, 'aspecto', 'aparencia', 'forma'. Literalmente: 'os que teñen as branquias aparentemente ocultas' (debido a que presentan fendeduras branquiais durante o estado adulto).

Clasificación[editar | editar a fonte]

Actualmente recoñécense dous xéneros con tres especies:[2][4]

Ademais, coñécense dous xéneros fósiles, Chunerpeton Gao & Shubin, 2003 e Pangerpeton Wang & Evans, 2006.[7]

Evolución[editar | editar a fonte]

Os rexistros máis antigos deste grupo son os do xénero Chunerpeton, que datan do xurásico medio.[8] Chunerpeton exhibe un gran número de similitudes morfolóxicas coas especies actuais do grupo, o que pon en evidencia o pouco que cambiaron as estruturas nestas especies ao longo de aprocimadamente 160 millóns de anos. Este fósil también apoia a hipótese que supón que a diverxencia entre os Cryptobranchidae e os Hynobiidae producíronse en Asia antes do xurásico medio. Ambas as familias forman un clado, sendo este o máis antigo entre os caudados. Por outra parte, a extensión de especies de dos Cryptobranchidae a Norteamérica explicaríase pola posterior formación dunha ponte de terra.[9][10]

Por outra parte, as especies da familia dos Hynobiidae (comunmente coñecidas como salamántigas asiáticas) teríanse estendido desde Asia cata a Europa, quedando no holoceno restrixidas ao continente asiático.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

As relacións filoxenéticas dos criptobráquidos son as que se expresan no seguinte cladograma, baesado en Frost et al. (2006).[11]

Cryptobranchidae

Cryptobranchus alleganiensis


Andrias

Andrias davidianus



Andrias japonicus




Notas[editar | editar a fonte]

  1. criptobránquido -da 1 adx Relativo ou pertencente aos criptobránquidos. 2 s m ANIMAL Anfibio da familia dos criptobránquidos. 3 s m pl ANIMAL Familia de anfibios urodelos integrada por por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico ou deprimido, que se caractariza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  2. 2,0 2,1 Criptobránquidos. Lista de especies en AmphibianWeb.
  3. Amphibian Species of the World.
  4. Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 no ITIS.
  5. Andrias Tschudi, 1837 no ITIS.
  6. Cryptobranchus Leuckart, 1821 no ITIS.
  7. Cryptobranchidae en Mikko's Phylogeny Archive.
  8. Gao, K. & Shubin, N. H. (2003): Earliest known crown-group salamanders. Nature 422: 424-428.
  9. Milner, A. R. (2000): Amphibian Biology. Vol. 4.
  10. Milner, A. R. (1983): Evolution, Time and Space: The Emergence of the Biosphere (eds. Sims, R. W., Price, J. H. & Whalley, P. E. S.), pp. 431–468.
  11. Frost et al. (2006) "The Amphibian Tree of Life". Bulletin of the American Museum of Natural History 297: 1–291.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]