Saltar ao contido

Leopold Fitzinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeopold Fitzinger

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalLeopold Joseph Franz Johann Fitzinger
Biografía
Nacemento13 de abril de 1802 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte20 de setembro de 1884 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Director Budapest Zoo & Botanical Garden (en) Traducir
1866 – 1866 – Johann Xantus → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmastozoólogo, naturalista, zoólogo, herpetólogo, botánico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaFitzinger Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih,
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:4, p.258, 203) Editar o valor en Wikidata
Leopold Fitzinger.

Leopold Joseph Franz Johann Fitzinger, nado en Viena o 13 de abril de 1802 e finado en Hietzing (barrio de Viena) o 20 de setembro de 1884, foi un zoólogo austríaco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Leopold Fitzinger foi un apaixonado da historia natural, particularmente das plantas, desde a súa xuventude. Á idade de 14 anos comezou a traballar como aprendiz dun farmacéutico.

Máis tarde frecuentou a Universidade de Viena, onde seguiu os cursos de botánica de Nikolaus Joseph von Jacquin, pero interrompeu os seus estudos en 1817.

Daquela foi asistente no Museo de Historia Natural de Viena, dirixido polo cuñado de Jacquin, Carl Franz Anton Ritter von Schreibers (1775-1852), onde traballou durante 27 anos, até 1844. No Museo ocupouse, até 1835 dos vertebrados inferiores, pero nese ano engadiu ás súas funcións os mamíferos.

En recoñecemento ao seu traballo, obtivo o título de doutor honorario da Universidade de Königsberg en 1833, e da Universidade de Halle (Saxonia-Anhalt), en 1834.

Deixou o Museo en 1861, dirixindo durante uns anos os xardíns zoolóxicos de Múnic e de Budapest.

Fitzinger traballou nun amplo espectro de animais. En 1826 publicou Neue Classification der Reptilien, ensaio sobre a clasificación das especies destes animais baseado en parte nos traballos dos seus amigos Wilhelm Hemprich (1796-1825) e Heinrich Boie (1794-1827).

En 1843 publicou Systema Reptilium, que cobre de feito só os geckos, os camaleóns e as iguanas.

En 1864 publicou un atlas mundial dos réptiles e os anfibios que gozou de gran popularidade, e que incluía 108 gravados espléndidos.

A importancia da súa obra foi recoñecida por numerosas sociedades científicas de todo o mundo, que lle outorgaron o título de membro honorario.

Fitzinger estivo influído por filósofos naturalistas como Lorenz Oken (1779-1851), Johann Baptist von Spix (1781-1826) e Johann Jakob Kaup (1803-1873) e, persuadido de que a diversidade dos organismos se axusta a unha orde preestablecida que se repite invariabelmente. Para Fitzinger, os números 3 e 5 deben encontrarse na organización da clasificación, polo que organizaou as súas categorías de forma que se axustaran a este esquema. Por este motivo foi polo que se opuxo ás ideas desenvolvidas por Charles Darwin. A pesar deste aspecto moi artificial, numerosos xéneros e especies catalogados por el aína se conservan na actualidade.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • 1826. Neue Classification der Reptilien, Heubner, Viena, 128 pp. (texto completo en formato PDF).
  • 1835. Entwurf einer systematischen Anordnung der Schildkröten nach den Grundsätzen der natürlichen Methode.
  • 1843. Systema Reptilium (texto completo en formato PDF).
  • 1850. Über der Proteus anuinus der Autoren.
  • 1864. Bilder-Atlas zur wissenschaftlich-populären Naturgeschichte der Vögel in ihren sämmtlichen Hauptformen. Viena, doi:10.5962/bhl.title.48612

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Fitzinger emprégase para recoñecer a Leopold Fitzinger como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kraig Adler (1989): Contributions to the History of Herpetology, Society for the study of amphibians and reptiles. ISBN 0-916984-19-2.
  • Barbara Herzig-Straschil (1997): Franz Steindachner (1834-1919) and Other Prime Contributiors to the Ichthyological Collection of the Naturhistorisches Museum Wien, Collection building in ichthyology and herpetology (Theodore W. Pietsch & William D. Anderson dir.), Special publication, nº 3, American Society of Ichthyologists and Herpetologists, pp. 101–108.
  • Franz Tiedemann & Heinz Grillitsch (1997): A History of the Herpetological Collection at the Naturhistorisches Museum Wien, Collection building in ichthyology and herpetology (Theodore W. Pietsch & William D. Anderson dir.), Special publication, nº 3, American Society of Ichthyologists and Herpetologists, pp. 108–114.