Saltar ao contido

Cintura escapular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cintura escapular
cingulum membri superioris
cingulum pectorale
cingulum membrorum superiorum
cingulum extremitatum superiorum
cingulum extremitatum thoracicarum Editar o valor en Wikidata

Instancia declase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase delimb girdle (en) Traducir e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Parte deskeleton of upper limbs (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización anatómicamembro superior Editar o valor en Wikidata
Conéctase conbrazo Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
Terminologia Anatomica 98A01.1.00.020
Wikidata ]

A cintura escapular é a primeira parte do membro superior humano, formada por dous ósos, a clavícula e a escápula. A cintura mantén unido o brazo ao tronco e polo tanto estabiliza o ombreiro.

Articulacións

[editar | editar a fonte]

A cintura escapular participa en tres articulacións anatómicas do ombreiro:

Articulación esternoclavicular

[editar | editar a fonte]

A articulación esternoclavicular é a articulación máis interna do ombreiro e artella a clavícula co esterno, a través dun menisco articular. A cápsula articular mantén unidos a ambos ósos.

Articulación acromioclavicular

[editar | editar a fonte]

A articulación acromioclavicular artella o acromion da escápula coa parte máis lateral ou externa da clavícula. Ten unha mobilidade reducida e ten numerosos ligamentos de reforzo.

Articulación glenoumeral

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Articulación glenoumeral.

A articulación glenoumeral é a máis móbil do ombreiro. Artella o úmero coa cavidade glenoide da escápula.

Unións miotendíneas

[editar | editar a fonte]

Á marxe das articulacións entre ósos existen dous tipos de unións miotendíneas, que contribúen á integridade do membro superior.

Unión escapulocostal

[editar | editar a fonte]

É a unión fisiolóxica da escápula e as costelas. Contribúen a ela o músculo trapecio, o músculo romboide maior, o músculo romboide menor e o músculo serrato anterior. Recibe unha pequena achega do músculo pectoral menor.

Unión supraumeral

[editar | editar a fonte]

É unha unión entre a cabeza umeral co ligamento acromiocoracoide. Participa o tendón do músculo supraespiñal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.