Extremidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pata")

Chámanse extremidades ou membros aos órganos externos, articulados co tronco, que desempeñan funcións de locomoción, voo ou manipulación de obxectos nos animais.

Na linguaxe vulgar, chámanselle «patas» ás extremidades dos animais cuadrúpedes, as inferiores das aves e aos apéndices locomotores dos artrópodos, como os insectos ou os crustáceos.

No caso humano, poden ter outras funcións. As mans, que son a terminación dos membros superiores, tiveron unha importancia crucial na evolución humana, como resultado do bipedismo, segundo diversos autores —como Edgar Morin en El paradigma perdido: la naturaleza del hombre (1971)—, onde se refire á dialéctica «pé-man-cerebro».

Tratándose do corpo humano, as extremidades son os membros superiores ou torácicos e os membros inferiores ou pelvianos que, na linguaxe coloquial constitúen os brazos e as pernas, respectivamente. Porén, en sentido estrito —anatómicobrazo e perna non son senón dous segmentos máis dos que compoñen os membros superior e inferior.

No caso dos cuadrúpedes, fálase de extremidades anteriores e posteriores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]