Surtr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O demo xigante coa espada chameante (1909) por John Charles Dollman.

Na mitoloxía nórdica, Surtr (ás veces chamado Surt ou Surtur; en nórdico antigo "negro" ou "o mouro") é un xigante de lume de Muspelheim.[1][2] Surtr aparece na Edda poética, compilación do século XIII a partir de fontes tradicionais máis temperás, e a Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson. En ámbalas dúas fontes, Surtr é descrito como unha figura importante durante os acontecementos do Ragnarok; levando a súa espada de lume, irá á batalla contra os Æsir, loitará co principal deus Frey, e despois as súas chamas engulirán a Terra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Orchard (1997:154).
  2. Simek (2007:303–304)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]