Illa Ellis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°41′54″N 74°02′28″O / 40.69833, -74.04111

Illa Ellis
Ellis Island
Ellis island air photo.jpg
Vista aérea da Illa Ellis.
Situación
País Estados Unidos de América Estados Unidos
estado Nova Jersey e Nova York
Mar Océano Atlántico
Xeografía
Xeoloxía Illa artificial continental
Superficie 0,13 km²
Illa Ellis en Nova Jersey
Illa Ellis
Illa Ellis
Localización da illa Ellis no estado de Nova Jersey

A illa Ellis é unha illa situada na foz do río Hudson e a menos dun quilómetro de distancia da illa da Liberdade, que acolle a Estatua da Liberdade.

É principalmente coñecida por ser, durante a primeira metade do século XX, a principal entrada dos inmigrantes que chegaban ós Estados Unidos de América. Os servizos de inmigración do país funcionaron na illa dende o 1 de xaneiro de 1892 até o 12 de novembro de 1954.

A illa é administrada polo goberno federal e forma parte do monumento nacional da Estatua da Liberdade, baixo a xurisdición do Servizo Nacional de Parques e tamén acolle un museo. Territorialmente, é compartida entre as cidades de Nova York no estado de Nova York e Jersey City en Nova Jersey. A illa Ellis tamén foi suxeito dunha querela de fronteira entre os dous estados americanos.

Segundo a oficina de estatísticas dos Estados Unidos, a illa ten unha superficie oficial de 129619 m², sendo a maior parte dela creada de xeito artificial. A porción natural da illa, que se atopa no territorio da cidade de Nova York, ten 21458 m² e está completamente arrodeada pola parte artificial. Porén, máis do 83 % da superficie da illa atópanse en territorio da cidade de Jersey.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]