Eyes Wide Shut
| Eyes Wide Shut | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
Eyes Wide Shut é un filme británico-estadounidense de 1999, dirixido, producido e coescrito por Stanley Kubrick. Baséase na novela Traumnovelle, escrita en 1926 por Arthur Schnitzler. É un drama psicolóxico de misterio e erótico que conta as aventuras sexuais do doutor Bill Harford, quen queda moi impactado cando a súa muller Alice lle revela que pensara en ter unha aventura o ano anterior. O doutor Harford comeza unha aventura nocturna, durante a cal se infiltra nunha orxía enmascarada levada a cabo por unha sociedade secreta sen nome.
Kubrick obtivo os dereitos da rodaxe de Traumnovelle na década de 1960, considerando o texto como perfecto para unha adaptación sobre as relacións sexuais. Reviviu o proxecto na década de 1990 cando contratou ao guionista Frederic Raphael para que o axudase na adaptación. O filme, que foi maioritariamente rodado no Reino Unido, conta cunha detallada recreación do exterior da rúa Greenwich Village, a cal foi desenvolvida en Pinewood Studios. A produción do filme, de 400 días, ten o récord Guinness do mundo como a máis longa rodaxe continua dun filme.

Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tom Cruise como Dr. William "Bill" Harford
- Nicole Kidman como Alice Harford
- Sydney Pollack como Victor Ziegler
- Marie Richardson como Marion Nathanson
- Todd Field como Nick Nightingale
- Sky du Mont como Sandor Szavost
- Rade Šerbedžija como Mr. Milich
- Vinessa Shaw como Domino
- Leelee Sobieski como a filla de Milich
- Alan Cumming como o recepcionista do hotel
- Leon Vitali como Red Cloak
- Julienne Davis como Mandy Curran
- Thomas Gibson como Carl Thomas
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eyes Wide Shut |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eyes Wide Shut na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)