George A. Romero
George Andrew Romero | |
---|---|
![]() George Romero no Festival de Cine de Venecia no 2011. | |
Nacemento | 4 de novembro de 1940 |
Nova York ![]() | |
Falecemento | 16 de xullo de 2017 (76 anos) |
Toronto ![]() | |
Causa | Cancro de pulmón |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Canadá |
Alma máter | Universidade Carnegie Mellon |
Ocupación | Director |
Cónxuxe | Nancy Romero (1971-1978) Christine Forrest (1981-2010) Suzanne Desrocher (2011–2017) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
George Andrew Romero, nado en Nova York o 4 de febreiro de 1940 e finado o 16 de xullo de 2017 en Toronto, foi un director de cine estadounidense de orixe galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu avó naceu na Mourela do Medio (Neda), no fondo da ría de Ferrol, e emigrou a Cuba, aínda que sempre regresaba a Galicia cando a muller estaba embarazada, porque quería que os seus fillos nacesen nese país[1][2][3], que relata as orixes do director. É por iso que, aínda que fose circunstancialmente, tamén o pai de George A. Romero, Jorge Marino Romero, naceu en Galicia, posiblemente na Coruña, e alí viviu até os dous anos de idade. Criouse en Cuba, pero emigrou moi novo a Nova York, ao Bronx, onde se instalou finalmente e casou con Ann Dvorski, unha muller de orixe lituana.
Comezou a rodar curtametraxes e anuncios en 1960. Tras unha primeira experiencia no terror fundou cuns amigos a produtora Images Ten Productions, coa que filmou en 1968 A noite dos mortos viventes, que acabou por se converter nunha película de culto.
Considerado o gran creador das películas de zombis (ás que volvería repetidamente na súa carreira), nos seus filmes emprega o terror para reflexionar sobre temas sociais, como o racismo (Night of the Living Dead), o consumismo (Dawn of the Dead) ou a loita de clases (Land of the Dead).
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Filme | Director | Guionista | Montador | Actor | Personaxe |
---|---|---|---|---|---|---|
1968 | A noite dos mortos viventes | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Washington reporter |
1971 | There's Always Vanilla | ![]() |
![]() |
|||
1973 | Season of the Witch | ![]() |
![]() |
![]() |
||
The Crazies | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Mayor | |
1978 | Martin | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Father Howard |
Dawn of the Dead | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
TV Director | |
1981 | Knightriders | ![]() |
![]() |
![]() |
||
1982 | Creepshow | ![]() |
![]() |
|||
1985 | Day of the Dead | ![]() |
![]() |
![]() |
Zombie with scarf | |
Document of the Dead | ![]() |
El mesmo | ||||
1987 | Creepshow 2 | ![]() |
||||
Drive-In Madness | ![]() |
El mesmo | ||||
1988 | Atracción diabólica | ![]() |
![]() |
|||
1990 | Tales from the Darkside: The Movie | ![]() |
||||
Two Evil Eyes | ![]() |
![]() |
||||
Night of the Living Dead | ![]() |
|||||
1991 | O silencio dos cordeiros | ![]() |
Axente do FBI en Memphis | |||
1993 | The Dark Half | ![]() |
![]() |
|||
2000 | Bruiser | ![]() |
![]() |
|||
The American Nightmare | ![]() |
El mesmo | ||||
2004 | Dawn of the Dead | ![]() |
||||
2005 | Midnight Movies: From the Margin to the Mainstream | ![]() |
El mesmo | |||
Land of the Dead | ![]() |
![]() |
![]() |
Puppeteer | ||
2006 | Night of the Living Dead 3D | ![]() |
||||
2007 | Diary of the Dead | ![]() |
![]() |
![]() |
Police Chief Arthur Katz | |
2008 | Day of the Dead | ![]() |
||||
Dead On: The Life and Cinema of George A. Romero | ![]() |
El mesmo | ||||
2009 | Deadtime Stories | ![]() |
El mesmo | |||
Survival of the Dead | ![]() |
![]() |
||||
2010 | The Crazies | ![]() |
||||
2011 | Deadtime Stories 2 | ![]() |
El mesmo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ George A Romero: un director de cine casi nedense Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Manuel Pérez Grueiro en Revista de Neda, 11, republicado na web da Central Librera
- ↑ Os zombis teñen orixe galega, Praza Pública, 1/10/2013.
- ↑ Maberry, Jonathan; Romero, George A. (11 July 2017). Nights of the Living Dead: An Anthology. St. Martin's Press. ISBN 9781250112255 – vía Google Books.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na imdb (en inglés)