Saltar ao contido

Barry Lyndon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Barry Lyndon
Logotipo
 Instancia de
 Título
Barry Lyndon (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Caracterizado por
Características
 Cor
 Forma artística
 Formato de distribución
 Movemento
 Época ambientación
 Narrador/a
 Personaxes
 Colección
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
3 de xullo de 1976 (Xapón)
23 de setembro de 1976 (Uruguai)
15 de agosto de 1977 (Suecia)
25 de febreiro de 1977 (Portugal)
2 de setembro de 1976 (Países Baixos)
31 de marzo de 1977 (México)
11 de decembro de 1975 (Londres)
16 de setembro de 1976 (Italia)
26 de decembro de 1975 (Irlanda)
13 de agosto de 1976 (Hong-Kong británico)
14 de outubro de 1976 (Gante)
8 de setembro de 1976 (Francia)
24 de setembro de 1976 (Finlandia)
15 de novembro de 1976 (España)
10 de setembro de 1976 (Dinamarca)
18 de decembro de 1975 (Australia, Canadá, Turquía, Reino Unido, Estados Unidos de América)
3 de maio de 1977 (Arxentina)
17 de setembro de 1976 (Alemaña)
1975 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
Duración184 min e 181 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe1.66:1 Editar o valor en Wikidata
Custo11000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación20000000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Colección
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316753481 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-7CEB-0000-V-0000-0000-I Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01c9d Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
8.1/10 Internet Movie Database (19 de febreiro de 2026)
4.4/5 Letterboxd (19 de febreiro de 2026)
78% Rotten Tomatoes (19 de febreiro de 2026)
89/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
87% Rotten Tomatoes (6 de xullo de 2024)
8.4/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
IMDB: tt0072684 Filmaffinity: 921503 Allocine: 135 Rottentomatoes: m/barry_lyndon Allmovie: v4004 TCM: 16197 Metacritic: movie/barry-lyndon TV.com: movies/barry-lyndon Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Barry Lyndon é un filme anglo-estadounidense dramático e histórico de 1975, escrito e dirixido por Stanley Kubrick; protagonizado por Ryan O'Neal, Marisa Berenson, Patrick Magee e Hardy Krüger. Baséase na novela homónima de William Makepeace Thackeray, publicada en 1844.​ O filme describe as aventuras ficticias dun personaxe irlandés durante o século XVIII, e está ambientado en parte durante a Guerra dos Sete Anos. Os exteriores foron rodados en diversas localizacións de Irlanda, Inglaterra e Alemaña.

O recoñecido director de cine Martin Scorsese afirmou que Barry Lyndon era o seu filme favorito de Stanley Kubrick. Algunhas citas do guión apareceron noutros filmes coma Os duelistas de Ridley Scott, A idade da inocencia do propio Scorsese, Rushmore de Wes Anderson e Dogville de Lars von Trier.

A obra conta as peripecias do aventureiro irlandés Barry Lyndon (Ryan O'Neal) e a súa ascensión e caída na sociedade inglesa. A historia comeza en Irlanda no século XVIII. O mozo Redmond Barry namórase da súa prima Nora Brady e bátese en duelo polo seu amor aparentemente matando o seu prometido, o rico capitán inglés Quin. Barry foxe e enrólase no exército inglés. Pasado un tempo descobre que o duelo foi amañado pola propia familia e que o capitán inglés está vivo e casou con Nora. Barry viaxa por Europa como soldado, axente secreto ao servizo de Prusia e finalmente coma xogador profesional, buscando fortuna.

Seduce e casa cunha rica viúva, Lady Lyndon (Marisa Berenson), a que non quere. Barry é indiferente a ela e ao seu fillo, Lord Bullingdon, quen sabe que Barry é simplemente un oportunista. Barry convértese nun home cínico e un marido egoísta. A parella ten un fillo, Brian, que crece gozando do gran cariño do seu pai pero que morre tras sufrir unha caída de cabalo. Nun duelo con Lord Bullingdon, Barry perde unha perna e baixo ameaza de encarceramento por débedas non pagadas, acepta abandonar Inglaterra. Despois de pasar algúns anos coa súa nai en Irlanda, Barry pasa o resto da súa vida xogando en Europa.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Michael Hordern (narrador)
  • Ryan O'Neal - Redmond Barry (despois Redmond Barry Lyndon)
  • Marisa Berenson - Lady Lyndon
  • Patrick Magee - Chevalier du Balibari
  • Hardy Krüger - Capitán Potzdorf
  • Gay Hamilton - Nora Brady
  • Godfrey Quigley - Capitán Grogan
  • Steven Berkoff - Lord Ludd
  • Wolf Kahler - Prince of Tübingen
  • Marie Kean - Belle, nai de Barry
  • Murray Melvin - Reverend Samuel Runt
  • Frank Middlemass - Sir Charles Reginald Lyndon
  • Leon Vitali - Lord Bullingdon

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]