Souto de Rozavales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Souto de Rozabales")

Coordenadas: 42°18′27.3″N 7°14′37″O / 42.307583, -7.24361

Souto de Rozavales
Castiñeiro de Pumbariños, calcúlase que ten máis de 1.000 anos de idade.
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento natural
Ano de constitución: 12 de abril de 2000
Superficie: 1,80 ha.
Lexislación: Decreto 78/2000, do 25 de febreiro.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense
Concellos: Manzaneda
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales[1][2] é un monumento natural que se atopa no lugar ourensá do Souto de Rozavales, San Martiño de Manzaneda, Manzaneda. Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro. Tamén foi incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza[1].

Características[editar | editar a fonte]

Este souto alberga un castiñeiro de máis de 12 metros de perímetro, ó que se lle calcula unha idade de 1000 anos. Chámase o castiñeiro de Pumbariños.

Extensión[editar | editar a fonte]

Ten unha extensión aproximada de 1,8 ha.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 DOG, Xunta de Galicia (eds.). "Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras (DOG nº 74, de 17 de abril de 2007)". .
  2. O nome oficial segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia é Souto de Rozabales, a pesar de que no DOG da Xunta e en varias páxinas de información sobre o souto, tamén da Xunta de Galicia, aparece co nome de Souto de Rozabales.