Sorgo común

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sorgo común
(Sorghum bicolor)

Sorgo común
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Panicoideae
Tribo: Andropogoneae
Subtribo: Andropogoninae
Xénero: Sorghum
Moench, 1794[1]
Especies
Especies de Sorghum
Sinonimia
  • Sorghum vulgare Pers, sin.

O sorgo común (Sorghum vulgare Pers, sin. Sorghum bicolor L. Moench) ou simplemente sorgo é unha especie de planta herbácea pertencente a familia das gramíneas cultivada polo seu gran que se utiliza como alimento para humanos, pensos para animais e produción de etanol. O sorgo é orixinario de África do Norte e agora cultívase extensamente en rexións tropicais e subtropicais.[2] O sorgo é o quinto cereal máis producido no mundo, despois do trigo, arroz, millo e cebada.[3],[4]. O S. común é tipicamente anual, pero algúns cultivares son perennes. Crece en grupos que poden alcanzar máis de 4 m de altura. O gran é pequeno, de 2 a 4 mm de diámetro. Os sorgos doces son cultivares de sorgo común que se cultivan principalmente para forraxe, produción de xarope e etanol; son máis altos que os que se cultivan para gran.

O "sorgo común" é a especie cultivada de sorgo; os seus parentes silvestres constitúen o xénero botánico Sorghum.

Orixe e historia[editar | editar a fonte]

O sorgo problablemente sexa unha das primeiras plantas que se cultivaron polo ser humano, as formas actuais deste pode que sexan orixinarias da Etiopía, desde onde se estendeu por toda África e de aí primeiro por Asia e Europa e máis recentemente por América e Australia.[5]. Está rexistrado por Xenofonte de Atenas no 401 a .C. nas chairas de Cilicia, en Asia Menor, na actual Turquía.[6] Xa se coñecía na época grecorromana.[7]

Cultivo[editar | editar a fonte]

Sorgo chinés cocido.
Capítulo con sementes de sorgo na India
Sorgo nunha conca de Turpan, Xinjiang, China. Nalgunhas variedades e baixo certas condicións, a panícula pesada fará que o pedúnculo novo e suave se dobre. Posteriormente lignificarase nesta posición. Isto, combinado coa inflorescencia, será unha dobre defensa contra as aves.
two turkey tail brooms made from broom corn
Dúas vasoiras en forma de 'cola de pavo' feitas co cereal.
Campo de sorgo en Addi Azmera (Etiopía)

Os principais produtores de S. bicolor en 2011 eran Nixeria (12,6%), a India (11,2%), México (11,2%) e os Estados Unidos (10,0%).[8] Esta especie pode crecer en solos áridos e soportar longas secas.[9] Ten catro características que a converten na planta cultivada máis resistente á seca de todas.

  • Ten unha gran relación entre a superficie das raíces e a superficie das follas.
  • No momento do secado rólanse as follas para reducir a perda de auga pola transpiración.
  • Se o secado continúa entra en repouso en lugar de morrer.
  • As súas follas están protexidas por unha cutícula cerosa.

Usos e consumo[editar | editar a fonte]

Sorgo na zona de rega do río Adaja (Ávila)
Sorgo branco e vermello

O sorgo común é un dos principais cereais cultivados do mundo[8] e ten nunha gran variedade de usos en moitos países[10] sendo en moitos países de África e Asia, onde se fan pans planos, un alimento básico.[11][12] No continente americano, así como en Australia e Europa, o sorgo en grans está destinado principalmente á industria dos pensos, pero tamén se pode usar para a produción de etanol. En todo o mundo, están en marcha proxectos para desenvolver tecnoloxías e difundir o cultivo de sorgo con fins enerxéticos. A produción de sorgo azucrado tamén alimenta un número crecente de plantas de etanol no Brasil, Filipinas, a India e os Estados Unidos.[13].

Consumo humano[editar | editar a fonte]

Ao redor da metade da produción mundial destínase ao consumo humano. O consumo de sorgo por habitante é máis estable e máis elevado nas zonas rurais que nos centros urbanos. Ademais, tende a ser maior nas rexións cunha pobreza e inseguridade alimentaria máis pronunciadas. O consumo per cápita é maior en África (por exemplo, ao redor de 90-100 kg por ano en Burkina Faso e o Sudán). En Asia, o sorgo segue sendo un cultivo importante para a seguridade alimentaria nalgunhas rexións, onde o consumo anual é aínda superior a 70 kg[14].

O sorgo pódese comer en gran, o igual que o arroz, ou reducirse a fariña.[15]. Do mesmo xeito que noutros cereais, o gran de sorgo está composto esencialmente de amidón (ao redor do 70%). O contido de proteínas (10,4% da parte comestible) é comparable ao do millo (9,2%) e o trigo (10,6%). O contido de graxa bruta do sorgo é do 3%, superior ao do trigo, pero inferior ao do millo; 100 gramos de sorgo achegan 329 quilocalorías, fronte a 358 quilocalorías do millo e 348 quilocalorías do trigo. O sorgo é rico en vitaminas do grupo B. Certos cultivares co endosperma amarelo conteñen beta-caroteno que pode ser transformado en vitamina A polo corpo humano. Tamén é rico en antioxidantes, que se cre que axudan a reducir os riscos de cancro, diabetes e enfermidades cardíacas. Ademais, o sorgo non contén elementos biotecnolóxicos que o convertan nun organismo transxénico ou modificado xeneticamente.[13] Algúns sorgos teñen grans de cor escura. Esta coloración está asociada á forte presenza de taninos nas capas máis superficiais do gran que inhiben a dixestión das proteínas do gran. Estas capas elimínanse por descascarización, unha operación que pode reducir o rendemento ata 65 - 75%. Os grans de sorgo inmaturos pódense comer asados ​​enteiros, os maduros pódense torrar como os de millo en "flocos". En xeral, o sorgo consúmese en forma de grans enteiros descascados ou en fariña. A fariña obtense a partir de grans descascados e úsase pura ou mesturada con fariña doutros cereais. Pódense distinguir os seguintes grupos de alimentos tradicionais a base de sorgo[16][17][18][19]:

Baixo o nome de " jowar" na India, a fariña de sorgo é preferida para a elaboración do pan " bhakri", un alimento básico en moitas rexións. Nos países occidentais utilízase na composición de galletas para aperitivos. En Tunes adóitanse facer pasteis de sorgo (droo) e a fariña de sorgo mesturada con auga, especias e azucre pode converterse nunha especie de sopa robusta para o almorzo. O sorgo tamén é a base de bebidas populares, especialmente durante o ramadán. Os talos do sorgo común pódense mastigar como a cana de azucre.[20].

Bebida alcohólica[editar | editar a fonte]

Na China, o sorgo é coñecido como gaoliang (高粱) e é fermentado e destilado para producir un tipo de bebida espirituosa coñecida como baijiu (白酒) da que a bebida máis famosa é a maotai (o Moutai). En Taiwán, na illa chamada Kinmen, elabórase licor de sorgo. En varios países de África, tales como Cimbabue , Burundi, Malí, Burkina Faso, Ghana, e Nixeria, utilízase o sorgo das variedades vermella e branca para facer a tradicional cervexa opaca. O sorgo vermello dálle unha cor rosa amarronado á cervexa.[21]

Biocombustible[editar | editar a fonte]

O sorgo común é un obxectivo prometedor para a produción de biocombustibles. Trátase dun cultivo C4 que necesita poucas entradas e acumula unha gran cantidade de carbohidratos no talo. Con todo, a súa plantación a grande escala en terras marxinais requiriría variedades melloradas con optimización dos caracteres relacionados co seu papel como biocombustible e unha maior tolerancia aos factores de tensións bióticos e abióticos. Por este motivo, leváronse a cabo moitos estudos para crear recursos xenéticos e xenómicos en relación co sorgo común.[22]

As variedades cultivadas de sorgo común teñen fenotipos e morfoloxías diversas. As variantes empregadas para producir biocombustibles teñen unha elevada proporción de biomasa biocelulosica.[22] Algúns xenotipos, coñecidos como "sorgo doce", acumulan hidratos de carbono solubles no talo.[23] O sorgo doce pode alcanzar unha altura de case 20 metros e xera unha cantidade de biomasa significativamente maior que o sorgo para uso alimentario. O talo do sorgo doce é máis groso e carnoso que o do sorgo para uso alimentario, aínda que produce relativamente poucas sementes..[24]

A concentración de carbohidratos no talo do sorgo doce mídese en unidades Brix, que corresponden á porcentaxe de carbohidratos solubles. Un grao Brix equivale a 1 g de azucre por cada 100 g de zume. O contido Brix difire entre variedades e tamén depende das condicións ambientais, a posición dos talos, o período do ano e a fase de colleita.[25] O sorgo común pode acumular unha cantidade de zume equivalente ao 78% da súa biomasa total, mentres que o seu contido en Brix vai do 14% ao 23%.[26] Os glícidos que conteñen os talos de sorgo común compóñense principalmente de sacarosa ( 75%) con cantidades pequenas ( 2,6%) de frutosa e glicosa.[27] En comparación con cultivos de biomasa lignocelulósica, tales como Panicum virgatum e Miscanthus, os glícidos solubles en forma de glicosa, frutosa e sacarosa do sorgo común son fáciles de fermentar. Outros trazos agronómicos, como un ciclo de vida de só catro meses, a súa capacidade de crecer en condicións ambientais adversas, a pouca necesidade de entradas, o baixo custo do seu cultivo e a fotosíntese C4 fan un cultivo de produción de biocombustibles particularmente útil. Este último trazo é especialmente importante porque contribúe a mellorar a eficiencia de uso do nitróxeno e a auga, así como a resistencia xeral do sorgo común, o que lle permite subsistir en rexións áridas, con máis insolación e temperaturas máis altas.

Diferentes cultivares de sorgo común presentan efectos diferentes da salinidade sobre a xerminación das semente e o crecemento das plántulas. Un estudo publicado en 2016 suxeriu que o sorgo común pódese regar con auga salgada de ata 150 mM de NaCl, xa sexa en estado vexetativo ou en estado reprodutivo.[28]

Usos na gandería[editar | editar a fonte]

O sorgo utilízase na alimentación e o pastoreo do gando. Aínda que, con todo, o seu uso é limitado porque o amidón e as proteínas do sorgo son máis difícil de dixerir para os animais que o amidón e as proteínas do millo. Están a realizarse investigacións para atopar un proceso para preparar o gran. Un estudo en gando concluíu que o sorgo en flocos era preferible ao sorgo seco, xa que melloraba a ganancia diaria de peso nos animais..[8] Nos porcos, demostrouse que o sorgo é un alimento máis eficiente que o millo ao ser ambos os grans procesados da mesma maneira.[8]

A introdución de variedades melloradas, xunto cunha mellora nas prácticas de xestión, fixo mellorar a produtividade do sorgo. Na India, crese que a mellora na produtividade liberou seis millóns de hectáreas de terra. O International Crops Research Institute for the Semi-Arid Tropics, en colaboración con outras institucións, produce variedades melloradas de cultivos, entre as que se inclúen o sorgo. A insitución liberou ata 194 cultivos de sorgo.[29]

Outros usos[editar | editar a fonte]

O gran proporciona amidón, que tamén serve para preparar colas, adhesivos e glicosa, aceite e materia prima para a preparación de pensos. O azucre e a melaza obtéñense da medula dos sorgos azucrados. As fibras do talo tamén se utilizan para fabricar paneis utilizados na construción. As glumas, a vaina foliar e outras partes da planta de certos cultivares conteñen pigmentos que se utilizan como colorantes nas industrias alimentaria e téxtil. As umbelas en forma de paraugas, desprovistas do gran, utilízanse para a produción artesanal das tradicionais vasoiras de sorgo, a máis común antes do uso de materiais plásticos.[30]

O xarope de sorgo doce úsase nalgunhas partes dos Estados Unidos.

Investigación[editar | editar a fonte]

Estase a investigarse para desenvolver un cruzamento xenético que faga a planta máis tolerante a temperaturas máis frías ou para desactivar os mecanismos de tolerancia da planta as secas, xa que é nativa de climas tropicais.[31][32] Nos Estados Unidos, isto é importante porque o custo do millo estivo a crecer de forma continuada dado o seu uso na produción de etanol para ser engadido á gasolina. Pódese utilizar o sorgo ensilado como substituto do millo ensilado na dieta das vacas leiteiras.[33] Outras investigacións concluíron que o sorgo ten máis valor nutricional que o millo na alimentación das vacas, e que o tipo de procesado é tamén esencial na obtención da máxima nutrición do gran. O sorgo en flocos mostrou un incremento na produción de leite en comparación ao sorgo seco.[33]

Adicionalmente, está a investigarse sobre o sorgo como unha fonte de alimento potencial para dar resposta o incremento na demanda de comida a escala global. O sorgo é resistente á seca e ás altas temperaturas. A diversidade xenética entre as diferentes subespecies de sorgo, faio máis resistente ás pragas e os patóxenos, comparado con outras fontes alimenticias menos diversas. Ademais, é altamente eficiente na conversión da enerxía solar a enerxía química, así como no uso de auga.[34] Todas estas características fana unha candidata prometedora para facer fronte á demanda global de comida, en aumento. Como tal, moitos grupos de investigación en todo o mundo están a seguir proxectos e iniciativas sobre o sorgo (especialmente o Sorghum bicolor ), como a Universidade Purdue,[35] o HudsonAlpha Institute for Biotechnology,[34] o Danforth Plant Science Center,[34] a Universidade de Nebraska,[36] e a Universidade de Queensland.[37]

Outra aplicación do sorgo que se está investigando é o biocombustible. O sorgo doce ten moito azucre no tallo, que se pode converter en etanol. A biomasa pódese queimar e converter en carbón, gas sintético e bio-cru.

Produción[editar | editar a fonte]

Principais produtores de sorgo no 2018[38]
País Produción (toneladas)
Estados Unidos de América Estados Unidos 9.271.070
Nixeria Nixeria 6.862.343
Sudán Sudán 4.953.000
Etiopía Etiopía 4.932.408
India India 4.800.000
México 4.531.097
Brasil 2.272.939
China 2.192.032
Níxer Níxer 2.100.190
Burkina Faso Burkina Faso 1.929.834
Arxentina 1.563.445
Mali Malí 1.469.688
Camerún Camerún 1.416.116
Australia Australia 1.257.219
Bolivia 1.023.314

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sorghum bicolor (L.) Moench — The Plant List". www.theplantlist.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2023. Consultado o 13 de setembro de 2020. 
  2. Dillon, Sally L.; Shapter, Frances M.; Henry, Robert J.; et al. (1 de setembro de 2007). "Domestication to Crop Improvement: Genetic Resources for Sorghum and Saccharum (Andropogoneae)". Annals of Botany 100 (5): 975–989. PMC 2759214. PMID 17766842. doi:10.1093/aob/mcm192. 
  3. "Focus: Le sorgho à sucre en Chine.". Magazine FAO. (en francés). 2002. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de setembro do 2020. 
  4. Marie-Christine Deprund (3 de maio de 2018). "Le sorgho, la céréale sans gluten". leparticulier.lefigaro.fr (en francés). Consultado o 13 de setembro do 2020. 
  5. Sorgo Sorghum vulgare Pers. - Cereali - Coltivazioni erbacee
  6. Xénophon (1992). "Anab., I, 2, 22". En Les Belles Lettres. Anabase (en francés). 
  7. Sorgo na Enciclopedia Treccani (en italiano)
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Jeri Stroade; Michael Boland; Mykel Taylor. "AGMRC Sorghum profile" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro do 2021. 
  9. FAO. Sorghum bicolor (L.) Moench Arquivado 19 de novembro de 2017 en Wayback Machine.
  10. Productividad. El sorgo, es seguro (en castelán)
  11. O P Sharma (1993). Plant Taxonomy. Tata McGraw-Hill. p. 439. ISBN 0074603736. 
  12. National Research Council (14 de febreiro de 1996). "Sorghum". Lost Crops of Africa: Volume I: Grains. Lost Crops of Africa 1. National Academies Press. ISBN 978-0-309-04990-0. Consultado o 3 de febreiro do 2021. 
  13. 13,0 13,1 "Healthy for Consumers". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 20 de decembro de 2012. .
  14. The World Sorghum and Millet Economies: Facts, Trends and Outlook', A joint study by the Basic Foodstuffs Service FAO Commodities and Trade Division and the Socioeconomics and Policy Division International Crops Research Institute for the Semi-Arid Tropic
  15. harina.info (ed.). "Harina de sorgo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 21 de setembro do 2020. 
  16. Sorghum and millets in human nutrition - Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome 1995. Sorghum and millets in human nutrition Arquivado 01 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
  17. Synthèse de l'expérience africaine en amélioration des techniques après-récolte, Basée sur les journées techniques 4-8 juillet 1994 Accra, Ghana - Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. Synthese de l'experience africaine en amelioration des techniques apres-recolte - Table des matières
  18. The World Sorghum and Millet Economies: Facts, Trends and Outlook
  19. J. R. N. Taylor, Importance of sorghum in Africa, Pretoria, South Africa. http://www.afripro.org.uk/papers/Paper01Taylor.pdf
  20. TV Balole & GM Legwaila, Sorghum bicolor (L.) Moench Arquivado 21 de outubro de 2009 en Wayback Machine. 2006, In: Brink, M. & Belay, G. (Éditeurs). PROTA 1: Cereals and pulses/Céréales et légumes secs. [CD-Rom]. PROTA, Wageningen, Pays-Bas.
  21. Kuldeep Malam (setembro de 2020). Junagadh Agricultural University, ed. "Sweet Sorghum: A Smart, Multipurpose Crop". Consultado o 3 de febreiro do 2021. 
  22. 22,0 22,1 Mathur, S.; Umakanth, A. V.; Tonapi, V. A.; Sharma, R.; Sharma, M. K. (2017). "Sweet sorghum as biofuel feedstock: recent advances and available resources". Biotechnology for Biofuels (en inglés) 10 (146). doi:10.1186/s13068-017-0834-9. Consultado o 3 de febreiro do 2021. 
  23. Cosedido, V.; Vacas, R.; Macarulla, B.; Gracia, M. P.; Igartua, E. (2013). "Agronomic and digital phenotyping evaluation of sweet sorghum public varieties and F1 hybrids with potential for ethanol production in Spain". Maydica (en inglés) 58 (1). Consultado o 3 de febreiro do 2021. 
  24. Whitfield, M. B.; Chinn, M. S.; Veal, M. W. (2012). "Processing of materials derived from sweet sorghum for biobased products". Industrial Crops and Products (en inglés) 37 (1): 362–375. ISSN 0926-6690. doi:10.1016/j.indcrop.2011.12.011. 
  25. Qazi, H. A.; Paranjpe, S.; Bhargava, S. (2012). "Stem sugar accumulation in sweet sorghum – Activity and expression of sucrose metabolizing enzymes and sucrose transporters". Journal of Plant Physiology (en anglès) 169 (6): 605–613. ISSN 0176-1617. doi:10.1016/j.jplph.2012.01.005. 
  26. Vinutha, K. S.; Rayaprolu, Laavanya; Yadagiri, K.; Umakanth, A. V.; Patil, J. V.; Srinivasa Rao, P. (2014). "Sweet Sorghum Research and Development in India: Status and Prospects". Sugar Tech (en anglès) 16 (2): 133–143. ISSN 0972-1525. doi:10.1007/s12355-014-0302-9. 
  27. Kawahigashi, Hiroyuki; Kasuga, Shigemitsu; Okuizumi, Hisahito; Hiradate, Syuntaro; Yonemaru, Jun-ichi (2013). "Evaluation of Brix and sugar content in stem juice from sorghum varieties". Grassland Science (en anglès) 59 (1): 11–19. ISSN 1744-6961. doi:10.1111/grs.12006. 
  28. Sayyad-Amin, Parvaneh; Jahansooz, Mohammad-Reza; Borzouei, Azam; Ajili, Fatemeh (2016). "Changes in photosynthetic pigments and chlorophyll-a fluorescence attributes of sweet-forage and grain sorghum cultivars under salt stress". Journal of Biological Physics (en inglés) 42 (4): 601–620. ISSN 0092-0606. doi:10.1007/s10867-016-9428-1. Consultado o 4 de febreiro do 2021. 
  29. Sorghum, a crop of substance Arquivado 20 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.. Downloaded 16 March 2014.
  30. Ogden Publications, Inc (ed.). "How to make a broom" (en inglés). Consultado o 16 març 2010. 
  31. "Sorghum Research Showing Promise". Oklahoma Farm Report. 23 defebreiro de 2011. 
  32. Ogbaga, Chukwuma C.; Stepien, Piotr; Johnson, Giles N. (outubro de 2014). "Sorghum (Sorghum bicolor) varieties adopt strongly contrasting strategies in response to drought". Physiologia Plantarum 152 (2): 389–401. PMID 24666264. doi:10.1111/ppl.12196. 
  33. 33,0 33,1 Micheal J. Brouk; Brent Bean (2010). Sorghum in Dairy Cattle Production Feeding Guide (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de agosto de 2021. Consultado o 04 de febreiro de 2021. 
  34. 34,0 34,1 34,2 "HudsonAlpha and collaborators expand sorghum research program - HudsonAlpha Institute for Biotechnology". HudsonAlpha Institute for Biotechnology (en inglés). 2017-01-25. Consultado o 2017-03-02. 
  35. Communications, Purdue Agricultural. "Purdue leading research using advanced technologies to better grow sorghum as biofuel - Purdue University". www.purdue.edu (en inglés). Consultado o 2017-03-02. 
  36. Network. "Sweet Sorghum Research | Department of Agronomy and Horticulture | University of Nebraska–Lincoln". agronomy.unl.edu (en inglés). University of Nebraska-Lincoln | Web Developer. Consultado o 2017-03-02. 
  37. "Our sorghum pre-breeding program | OZ Sorghum". OZ Sorghum (en inglés). Consultado o 2018-08-10. 
  38. Food and Agriculture Organization of The United Nations. "FAOSTAT" (en inglés). Consultado o 7 agosto 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]