Gluma
Aparencia
A gluma, en botánica, é unha bráctea situada na base da espiga das gramíneas, e dalgunhas ciperáceas, que normalmente aparece en parellas. É unha vaíña estéril, externa, basal e membranosa, que se aprecia coma cada unha das dúas folliñas escariosas (hipsofilos estériles) que a xeito de brácteas arrodean as espiguiñas das gramíneas, adoitan atoparse enfrotadas na base das espículas.
Chámase muíña, moaña ou muña, aos restos de glumas e en xeral ao po mesturado con fragmentos de palla ou de casca que quedan despois de peneirar, debullar ou mallar os cereais[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para muíña.