Vasoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vasoira tipo xesta.

Unha vasoira é un instrumento formado por un pau ou mango que leva nun extremo un pequeno feixe de ramas ou doutro material flexible, que se emprega para varrer o chan.

Historia[editar | editar a fonte]

As vasoiras experimentaron cambios significativos na súa construción, dende que se desenvolve a partir dun feixe de ramas de distintas fibras naturais atadas por un dos seus extremos.

En Galicia a vasoira tradicional (hoxe aínda empregada para varrer a eira) facíase con feixes de xibarda ou xesta, de feito e moitas zonas do país chámanlle xesta á vasoira.

As fibras usadas en vasoiras modernas obtéñense a partir dunha especie de sorgo, planta semellante ao millo. Son longas, rectas e duradeiras.

O cambio principal máis recente é a vasoira plana, inventada polos Shakers a comezos do século XIX.[1] Esta vasoira ten máis largura para empurrar mellor o lixo. Na actualidade, case todas as vasoiras que se constrúen son chairas, ficando obsoletas as vasoiras redondas.

Mitos[editar | editar a fonte]

As bruxas e meigas usan vasoiras nos seus rituais. Talvez pola súa forma, a vasoira se tornou unha poderosa ferramenta contra maldicións e prácticas de Maxia Negra. Deitada sobre a entrada dunha casa, "varre" todos os feitizos que foran xogados na casa ou nalguén que more nela. Se se coloca embaixo do traveseiro, aporta bos soños e protección.

As bruxas europeas indentificábanse coas vasoiras por causa das falas populares, inventadas polos perseguidores de bruxas, que dicían velas voando a cabalo das súas vasoiras. Isto débese a que as vasoiras usábanse en danzas rituais e, por iso, ligouse ao feito de voaren. Nos rituais de maxia débese comezar "varrendo" o lugar coa Vasoira Máxica. Despois diso, o Altar é construído, as ferramentas son cargadas e o ritual está pronto para comezar. A vasoira purifica a área que se usa nos rituais.

Como é un instrumento de purificación adoita ligarse co elemento da auga, por iso, úsase en todos os rituais ligados a esta, así coma en feitizos do amor e traballos psíquicos.

Algunhas bruxas coleccionan vasoiras, e mostran exhuberantes variedades nos seus materiais, facendo diso un hobby. Na construción das antigas vasoiras máxicas débese usar: un corpo de residuo mineral, gallos de bidueiros e unha atadura de salgueiro. O residuo mineral é para a protección, o bidueiro purifica, e o salgueiro é sagrado.

Na literatura[editar | editar a fonte]

As Bruxas Lancashire,[2] ilustración de William Harrison Ainsworth.

Dende tempos antigos, como xa dixemos, asóciase as bruxas e meigas coas vasoiras, que lles dan o poder de voaren, esta crenza tense reflectido amplamente na literatura.

En moitos contos de fadas infantís aparecen vasoiras como elementos importantes das tramas das historias; por exemplo no conto de "Cincenta", cuxa personaxe principal incluso tense chamado "A raíña Vasoira".[3], Gretel (a irmanciña do Hansel), e Brancaneves, todas elas foron tradicionalmente asociadas coa vasoira.[4] Dúas delas coseguiron home estando a varrer o chan, e a terceira salvou a vida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nancy Russell, Shaker's brooms swept nation, Columbia Daily Tribune, abril 30 de 2009.
  2. El Proceso de las Brujas de Pendle, 30 de decembro 30 de 2009.
  3. Teatro títeres Los Claveles - La Reina Escoba, la Cenicienta
  4. Cenicienta furiosa, La Nación, 22 de maio de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vasoira

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]