Arquipélago de Hawai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das illas Hawai

O arquipélago de Hawai (en inglés Hawaiian Islands) é un arquipélago está formado por dezanove illas e atois (antes coñecidas como illas Sandwich), ademais de illotes, arrecifes e bancos de area, nunha aliñación do noroeste ao sueste ao longo de 2.400 km no Pacífico Norte. O arquipélago toma o nome da illa máis grande, Hawai, que á vez é a máis oriental e pertence ó estado de Hawai, Estados Unidos.

As illas do arquipélago son as cimas que sobresaen dunha gran serra submarina formada pola actividade volcánica. Situado a 3.000 km, aproximadamente, do continente máis próximo, América, é o arquipélago máis illado da Terra.

Illas[editar | editar a fonte]

De leste a oeste són as seguintes:

Illa Poboación (2010) Àrea (km²) Densidade Coordenadas
Hawaii 185.079 10.432´52 17´74 19°30′N 155°30′O / 19.500, -155.500
Maui 144.444 1.883´5 76´69 20°48′N 156°20′O / 20.800, -156.333
Kahoolawe   115´5  

20°33′N 156°36′O / 20.550, -156.600

Lanai 3.135 363´97 8´61 20°50′N 156°55′O / 20.833, -156.917
Molokai 7.345 673´44 10´90 21°8′N 157°0′O / 21.133, -157.000
Oahu 953.207 1.545´3 616´78 21°26′N 157°58′O / 21.433, -157.967
Kaua'i 66.921 1.430´43 46´78 22°3′N 159°30′O / 22.050, -159.500
Niihau 170 179´9 0´94 21°54′N 160°8′O / 21.900, -160.133
Kaula   0´64   21°39′N 160°32′O / 21.650, -160.533
Nihoa   0´70   23°3′N 161°55′O / 23.050, -161.917
Necker   0,18  

23°34′N 164°42′O / 23.567, -164.700

French Frigate Shoals   0´25  

23°45′N 166°10′O / 23.750, -166.167

Gardner Pinnacles   0´02   25°1′N 167°59′O / 25.017, -167.983
Arrecife Maro   0   25°25′N 170°35′O / 25.417, -170.583
Laysan   4´11   25°50′N 171°50′O / 25.833, -171.833
Lisianski   1´56   26°2′N 174°0′O / 26.033, -174.000
Pearl e Hermes   0´36   27°48′N 175°51′O / 27.800, -175.850
Midway   6´2   28°13′N 177°22′O / 28.217, -177.367
Kure   0´86   28°25′N 178°20′O / 28.417, -178.333
TOTAL 1 211 537 16.639´44 72´8  

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

As illas Hawai teñen unha gran cantidade de especies endémicas. A fauna e a flora desenvolvéronse case en completo illamento durante 70 millóns de anos. O primeiro contacto humano cos polinesios, introduciu novas árbores, plantas e animais. A poboación crecente deu inicio á deforestación e a degradación do ecosistema. Como resultado, algunhas especies extinguíronse.

A chegada dos europeos tivo un grande impacto coa promoción a grande escala da agricultura de monocultivo para a exportación, a introdución do gando e o desenvolvemento urbano. Hoxe en día moitas das especies endémicas que queden están en perigo de extinción.

Clima[editar | editar a fonte]

As illas son máis húmidas no norte e ao leste, a sobreviento dos ventos alisios, onde hai máis precipitación. As áreas litorais en xeral, e especialmente no sur e ao oeste ou sotavento, son máis secas. A maioría de áreas turísticas están no litoral de sotavento das illas.

A maioría de choivas concéntranse entre os meses de outubro e abril. Sendo a estación máis seca de maio a setembro, pero con risco de furacáns.

A temperatura media ao nivel do mar varía entre os 29 e os 32 °C no verán e entre os 18 e os 21 °C no inverno. A temperatura diminúe coa altitude e, de feito, as tres montañas máis altas, Mauna Kea, Mauna Loa e Haleakala, cóbrense de neve no inverno.

Os tsunamis poden afectar ás illas Hawai. Historicamente, a cidade de Hilo, na illa de Hawai, recibiu o impacto de tsunamis acentuados pola forma da baía onde está situada.

Furacáns[editar | editar a fonte]

A tempada de furacáns nas illas Hawai afai ser de xullo a novembro, momento en que os furacáns e as tormentas tropicais son máis frecuentes no pacífico. Estas tormentas tenden a orixinarse na costa de México (en concreto na península da Baixa California).

Hawai está protexida do vasto océano Pacífico, xa que a medida que as tormentas cruzan o Pacífico tenden a perder forza se topan con masas de auga fría. Pénsase que a topografía das illas máis altas (Haleakal? en Maui, Mauna Kea e o Mauna Loa na Grande Illa) poden protexer as illas, e é certo que Kauai foi golpeada máis a miúdo nos últimos 50 anos que as outras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]