Françoise Sagan
Françoise Sagan | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Françoise Marie Anne Quoirez |
Alcume | Françoise Sagan |
Nacemento | 21 de xuño de 1935 |
Lugar de nacemento | Cajarc |
Falecemento | 24 de setembro de 2004 |
Lugar de falecemento | Équemauville |
Causa | embolia pulmonar |
Soterrada | sen etiquetar |
Nacionalidade | Francia |
Etnia | Pobo francés |
Alma máter | Cours Hattemer e Universidade de París |
Ocupación | escritora, dramaturga, novelista, guionista, biógrafa e directora de cine |
Cónxuxe | Guy Schoeller e Robert Westhoff |
Fillos | Denis Westhoff |
Irmáns | Jacques Quoirez |
Coñecida por | Bonjour tristesse |
Premios | Prince Pierre Award, Prix du Brigadier e Prix des Critiques |
Na rede | |
http://www.francoisesagan.fr/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Françoise Quoirez, nada en Cajarc (Lot) o 21 de xuño de 1935 e finada en Honfleur o 24 de setembro de 2004, foi unha novelista, dramaturga e guionista francesa, coñecida como Françoise Sagan. Aclamada como "un elegante pequeno monstro" por François Mauriac na portada de Le Figaro,[1] Sagan foi coñecida polas súas obras con fortes temas románticos que incluían personaxes burguesas ricas e desilusionadas. A súa novela máis célebre foi a primeira, Bonjour Tristesse (1954), que escribiu sendo unha adolescente.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sagan naceu en Cajarc e pasou a súa infancia no departamento de Lot, arrodeada de animais, paixón que conservou durante toda a súa vida. Alcumada 'Kiki', era a máis nova dunha familia burguesa: o seu pai era director dunha compañía e a súa nai era filla de terratenentes. A familia pasou a segunda guerra mundial en Dauphiné, entón en Vercors.[2] A súa bisavoa paterna era rusa de San Petersburgo.[3][4] A familia tiña unha casa no próspero distrito 17.º de París, á que volveu despois da guerra.[5] Sagan foi expulsada da súa primeira escola, un convento, por "falta de espiritualidade profunda". Tamén foi expulsada da escola Louise-de-Bettignies porque levaba "colgado un busto de Molière cunha peza de corda".[6] Obtivo o título de bacharelato no segundo intento e foi admitida na Sorbonne no outono de 1952.[5] Foi unha estudante indiferente e non se graduou.
Tomou o pseudónimo "Sagan" dunha personaxe ("Princesse de Sagan") de Á busca do tempo perdido, de Marcel Proust. A súa primeira novela, Bonjour Tristesse, publicouse en 1954, cando tiña dezaoito anos e foi un éxito internacional inmediato. Trata sobre a vida dunha rapaza de dezasete anos chamada Cécile e a súa relación co seu mozo e o seu pai adúltero e playboy.
As personaxes de Sagan, convertéronse nunha icona para os adolescentes desilusionados ao estilo das de J. D. Salinger. Durante a súa carreira literaria, que chegou ata 1998, produciu ducias de traballos, moitos deles levados ao cinema. Mantivo o seu austero estilo de novela psicolóxica francesa a pesar de que a nouveau roman estaba de moda. As conversas entre as súas personaxes adoitan ter tons existencialistas. Ademais de novelas, obras de teatro e unha autobiografía, escribiu letras de cancións e guións.
Na década de 1960, Sagan dedicouse máis á escritura de obras teatrais, que a pesar de ser eloxiadas polos seus excelentes diálogos, tiveron só un éxito moderado. Tras isto, concentrouse na súa carreira como novelista.
Falecemento[editar | editar a fonte]
A súa saúde empeorou no século XXI. En 2002 non puido asistir ao xuízo en que era acusada de fraude nos impostos nun caso que involucraba o expresidente François Mitterrand, e recibiu unha sentenza suspendida. Françoise Sagan faleceu dunha embolia pulmonar en Honfleur, Calvados, o 24 de setembro de 2004 aos 69 anos.[7] Segundo os seus desexos, foi enterrada no seu lugar natal, Cajarc.
No seu memorial, o presidente francés Jacques Chirac dixo: "Coa súa morte, Francia perde un dos seus escritores máis brillantes e sensibles… unha figura eminente da nosa vida literaria."
Escribiu o seu propio obituario para o Dictionary of Authors compilado por Jérôme Garcin: "Aparecida en 1954 cunha fraca novela, Bonjour tristesse, que creou un escándalo mundial. A súa morte, tras unha vida e unha obra igualmente pracenteiras e chapuceiras, foi escandalosa só para ela".[8]
Vida privada[editar | editar a fonte]
Sagan casou dúas veces. O 13 de marzo de 1958, casou co seu primeiro home, Guy Schoeller, editor de Hachette, vinte anos máis vello ca ela. A parella divorciouse en xuño de 1960. En 1962 casou con Bob Westhof, un mozo estadounidense, playboy e aspirante a ceramista. O seu fillo Denis Westhoff naceu en xuño de 1962[9] e divorciáronse en 1963. Comezou entón unha longa relación coa estilista de moda Peggy Roche. Tamén tiña un amante masculino, Bernard Frank, ensaísta casado obsesionado coa lectura e a comida. Ampliou a súa familia cunha relación coa editora francesa de Playboy Annick Geille, despois de que Geille se achegase a Sagan para un artigo da revista.[10]
Gozaba de viaxar aos Estados Unidos, sendo vista habitualmente con Truman Capote e Ava Gardner. O 14 de abril de 1957, mentres conducía o seu deportivo Aston Martin, viuse envolta nun accidente que a deixou en coma durante un tempo. Tamén gustaba de conducir o seu Jaguar a Monte Carlo para participar en apostas.
Na década de 1990, Sagan foi acusada e condenada por posesión de cocaína. En varios momentos da súa vida, Sagan foi adicta ás drogas. Durante longo tempo consumiu pílulas prescritas, anfetaminas, cocaína, morfina e alcohol.
En 2010, o seu fillo Denis creou o Prix Françoise Sagan.
Obras[editar | editar a fonte]
Novelas[editar | editar a fonte]
- Bonjour tristesse (1954)
- Un certain sourire (1955)
- Dans un mois, dans un an (1957)
- Aimez-vous Brahms? (1959)
- Les merveilleux nuages (1961)
- La chamade (1965)
- Le garde du cœur (1968)
- Un peu de soleil dans l'eau froide (1969)
- Des bleus à l'âme (1972)
- Un profil perdu (1974)
- Le lit défait (1977)
- Le chien couchant (1980)
- La femme fardée (1981)
- Un orage immobile (1983)
- De guerre lasse (1985)
- Un sang d'aquarelle (1987)
- La laisse (1989)
- Les faux-fuyants (1991)
- Un chagrin de passage (1994)
- Le miroir égaré (1996)
Relatos[editar | editar a fonte]
- Des yeux de soie (1975)
- Musiques de scène (1981)
- La maison de Raquel Vega (1985)
Teatro[editar | editar a fonte]
- Château en Suède (1960)
- Les violons parfois (1961)
- La robe mauve de Valentine (1963)
- Bonheur, impair et passe (1964)
- L'écharde (1966)
- Le cheval évanoui (1966)
- Un piano dans l'herbe (1970)
- Il fait beau jour et nuit (1978)
- L'excès contraire (1987)
Obras autobiográficas[editar | editar a fonte]
- Toxique (1964, diario)
- Réponses (1975)
- Avec mon meilleur souvenir (1984)
- Au marbre: chroniques retrovées 1952–1962 (1988, crónicas)
- Répliques (1992, entrevistas)
- ...Et toute ma sympathie (1993, secuela de Avec mon meilleur souvenir)
- Derrière l'épaule (1998)
Publicadas posteriormente por L'Herne:
- Bonjour New-York (2007)
- Un certain regard (2008, compilación de material de Réponses e Répliques)
- Maisons louées (2008)
- Le régal des chacals (2008)
- Au cinéma (2008)
- De très bons livres (2008)
- La petite robe noire (2008)
- Lettre de Suisse (2008)
Biografías[editar | editar a fonte]
- Brigitte Bardot (1975)
- Sarah Bernhardt, ou le rire incassable (1987)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Jacob, Didier, "Farewell Sagan!" Arquivado 17 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Paris Match 2889 29 de setembro de 2004
- ↑ "SAGAN Francoise, photo, biography". persona.rin.ru. Consultado o 13 de abril de 2018.
- ↑ "Fransuaza Sagan - Women". the100.ru. Consultado o 13 de abril de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Gaffney, John; Holmes, Diana (2007). Stardom in Postwar France. Berghahn Books. p. 178. ISBN 978-1-84545-020-5. Consultado o 1 de xullo de 2015.
- ↑ Berest, Anne (15 de xuño de 2015). Sagan, Paris 1954. Gallic Books, Limited. p. 7. ISBN 978-1-910477-15-1.
- ↑ "French literary icon Sagan dies", BBC, 25 de setembro de 2004
- ↑ "Editions Stock" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2018.
- ↑ Paris Match 2889 29 Sep 2004
- ↑ Campbell, Matthew, "Lesbian love triangle stirs Paris literati", The Sunday Times, 26 de decembro de 2007
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Jean-Louis de Rambures, entrevista con F. Sagan ((en francés)) en: "Comment travaillent les écrivains", París 1978
- Litweb.net
- Fuller, Blair; Silvers, Robert B. (outono de 1956). "Francoise Sagan, The Art of Fiction No. 15". The Paris Review.
- French press bids farewell; BBC article