Santiago Calatrava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Santiago Calatrava Valls")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santiago Calatrava
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Santiago Calatrava (cropped).jpg
Nacemento29 de xullo de 1951
 Benimàmet
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Politécnica Federal de Zúric, Universidade Politécnica de Valencia e Fu Foundation School of Engineering and Applied Science
Ocupaciónescultor, arquitecto, structural engineer, enxeñeiro civil, enxeñeiro e gastrónomo
Coñecido/a porPonte da Constituição e Jerusalem Chords Bridge
PremiosOfficier des Arts et des Lettres‎, Premio Príncipe de Asturias das Artes, James Parks Morton Interfaith Award, Creu de Sant Jordi, gran oficial da Orde do mérito, Medalla García-Cabrerizo, European Prize for Architecture, Premio Nacional de Arquitectura de España, Gran Cross of the Order of James I the Conqueror, Honorary doctor of the University of Liège, honorary doctor of Columbia University, honorary doctorate of Technion, doutor honoris causa pola Universidade Aristóteles de Tesalónica, Honorary citizen of Liège e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Santiago Calatrava Valls, nado en Valencia o 28 de xullo de 1951, é un arquitecto español. A súa oficina atópase na cidade de Zúric, Suíza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

L'Hemisfèric na Cidade das Artes e das Ciencias (València).
Cidade das Artes e das Ciencias, en València.

Santiago Calatrava naceu no barrio de Benimamet de Valencia. As familias de seus pais adicábanse á exportación de cítricos, o cal lle permitiu coñecer outros países de Europa.

Á idade de oito anos, Santiago Calatrava ingresou nunha escola de arte para aprender debuxo e pintura, actividade que compaxinaba cos seus estudos escolares. Ós 13 anos a sía familia enviouno a París a través dun programa de intercambio estudantil. De volta a Valencia, rematou os seus estudos escolares e matriculouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valencia, onde se graduou como arquitecto e onde realizou un curso de posgraduado en urbanismo. A continuación, Calatrava, que se interesaba polas grandes obras dos mestres clásicos e que desexaba ampla-la súa formación, trasladouse en 1975 a Zúric, onde estudou durante catro anos enxeñaría civil no Instituto Federal de Tecnoloxía, no cal se graduó cun doutoramento.

No ano 2007 foille concedido o Premio Nacional de Arquitectura.[1]

Traballos e proxectos[editar | editar a fonte]

Rematada a súa etapa de estudos, traballou como profesor auxiliar no Instituto Federal de Tecnoloxía, onde comezou a aceptar pequenos encargos e a participar tamén en concursos de novos proxectos. En 1983 foille adxudicada a súa primeira obra de certa importancia, a estación de ferrocarril de Stadelhofen, situada xunto ao centro de Zúric onde tamén establecera o seu despacho. Ao ano seguinte, Calatrava deseñou a Ponte do 9 de Outubro en Valencia, o que marcou o comezo da construción de numerosas pontes que se lle irían encargando a partir de entón.

En 1989 Calatrava abriu o seu segundo despacho en París, mentres traballaba no proxecto da Estación de Ferrocarril do Aeroporto de Lión. Dous anos despois creou o seu terceiro despacho, esta vez en Valencia, onde traballaba nun proxecto de grandes dimensións, a Cidade das Artes e das Ciencias. Dende aquela o seu prestixio internacional non parou de medrar.

Estilo[editar | editar a fonte]

Na actualidade Calatrava é considerado como un arquitecto especializado en grandes estruturas que se caracteriza por unha extraordinaria estética e harmonía. Contrariamente ao que adoita ser común en moitos arquitectos, que ocultan as estruturas dos seus edificios, Calatrava convérteas en elementos esenciais e en obras de arte.

Calatrava recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo entre os que destaca o Premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 1999. Foi nomeado Doutor honoris causa en doce ocasións.

Obras representativas[editar | editar a fonte]

Edificio BCE (Toronto, Canadá).

Crítica[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]