Saltar ao contido

Cruceiro Aurora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruceiro Aurora
 Nome orixinal
    Аврора (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Epónimo
 Uso
Características
 Tipo de embarcación
 Situación patrimonial
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Historia
 Acontecementos importantes
 Premios e distincións
World Ship Trust Maritime Heritage Award (en) Traducir (27 de xuño de 2003)
Orde da Revolución de Outubro (22 de febreiro de 1968)
Orde do Estandarte Vermello (2 de novembro de 1927) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Anchura
   16,8 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   126,7 m Editar o valor en Wikidata
 Velocidade máxima
   19,17 kn Editar o valor en Wikidata
 Manga
   16,8 m Editar o valor en Wikidata
 Calado
   7,3 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF154814585 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02273p Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Aurora (en ruso Аврора, Avrora) é un cruceiro protexido ruso, actualmente conservado como buque museo en San Petersburgo. Participou en combate na guerra ruso-xaponesa. Un dos primeiros incidentes da revolución de outubro ocorreu neste buque.

Historial de operacións

[editar | editar a fonte]

Guerra Ruso-Xaponesa

[editar | editar a fonte]
O cruceiro Aurora en 1903.

O Aurora era o terceiro e último dos tres cruceiros que compoñían a clase Pallada, construídos en San Petersburgo para servir no océano Pacífico. Os tres buques prestaron servizo durante a guerra ruso-xaponesa (o cruceiro Pallada foi afundido polas forzas xaponesas en Port Arthur en 1904; o terceiro buque da clase, o Diana, internouse en Saigón trala batalla do Mar Amarelo).

O Aurora formaba parte do Primeiro Escuadrón do Pacífico e anteriormente da Frota do Báltico, que foi enviada desde alí ao Pacífico baixo o mando do vicealmirante Zinovy Rozhestvensky. Durante a travesía, recibiu danos lixeiros cando foi alcanzado por fogo amigo ruso, que matou o capelán do barco e a un mariñeiro, no incidente do Dogger Bank.

O 27 e o 28 de maio de 1905, o Aurora tomou parte na Batalla de Tsushima, xunto ao resto da escuadra rusa. Baixo o mando do almirante Oskar Enkvist, o Aurora conseguiu evitar ser destruído, ao contrario que a maioría de buques rusos e, cos cruceiros Oleg e Zhemchug, logrou chegar á neutral Manila, onde foi internado. Liberado tralo Tratado de Portsmouth no outono de 1905, en 1906 o Aurora regresou ao Báltico e foi utilizado como buque de adestramento de cadetes. Desde 1906 ata 1912, o buque visitou varios países: en novembro de 1911 estivo presente en Bangkok como parte das celebracións en honor á coroación do novo Rei de Siam. En 1908 o cruceiro cooperou tamén na operación internacional de axuda aos superviventes do Terremoto de Mesina.

Revolución de Outubro

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Revolución de Outubro.

Durante a primeira guerra mundial, o buque operou no mar Báltico. En 1915 o seu armamento principal foi substituído por catorce canóns de 152 mm. A finais de 1916, trasladouse a Petrogrado para reparacións maiores; a cidade era un perfecto caldo de cultivo revolucionario e parte da súa tripulación uniuse á Revolución de Febreiro de 1917. Creouse no buque un comité revolucionario, que elixiu como capitán a Aleksandr Belyshev. Gran parte da súa tripulación uniuse aos bolxeviques, que estaban preparando a revolución comunista.

O 25 de outubroxul./ 7 de novembro de 1917greg., o rexeitamento dunha orde ao Aurora de partir ao mar, foi o punto de partida da revolución de outubro. Ás 9:45 p.m., un disparo do seu canón de popa foi o sinal para o inicio do asalto ao Palacio de Inverno, no cal tomou parte a súa tripulación.

Segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]
O Aurora en 2004.
Vista do cruceiro en 2009

En 1922, o Aurora foi devolto ao servizo activo como buque de adestramento. Durante a segunda guerra mundial, os seus canóns foron retirados para ser usados como defensa terrestre en Leningrado. O buque foi levado a porto en Lomonosov, onde foi repetidamente atacado con bombardeos e artillaría. O 30 de setembro de 1941, debido aos danos recibidos, afundiuse no porto.

Tras extensivas reparacións realizadas entre 1945 e 1947, o Aurora foi permanentemente ancorado no río Neva en Leningrado (hoxe en día San Petersburgo) como monumento á gran revolución socialista de outubro e en 1957 converteuse en buque museo.

O 2 de novembro de 1927, o Aurora foi condecorado coa Orde da Bandeira Vermella polos seus méritos revolucionarios, e o 22 de febreiro de 1968 coa Orde da Revolución de Outubro, a cal, incorpora unha imaxe do cruceiro.

Desde a súa conversión en museo ao presente

[editar | editar a fonte]
O cruceiro Aurora na medalla que se outorga á concesión da Orde da Revolución de Outubro.

Como buque museo, o Aurora converteuse nunha das principais atraccións de Leningrado e continúa sendo un símbolo da revolución comunista, e un tributo á historia de Rusia. Adicionalmente ao seu espazo como museo, unha parte do buque continúa co seu papel naval, cunha tripulación que entre os seus papeis, ten o coidado do buque, seguridade, e participación en cerimonias militares e de goberno. A tripulación considérase activa, e baixo adestramento e leis militares.

Entre 1984 e 1987 o cruceiro abandonou o seu papel de museo, para entrar unha vez máis nos estaleiros Admiralty, para ser sometido a unha restauración a fondo. Debido á deterioración do casco baixo a liña de flotación, esta zona foi substituída por novas placas soldadas, segundo os planos orixinais. As placas cortadas, foron remolcadas ao golfo de Finlandia, onde foron afundidas preto da costa.

O Aurora o 16 de outubro de 2012 deixou de pertencer á Armada Rusa, os últimos tripulantes militares abandonaron o cruceiro e ao día seguinte, a iso das once da mañá, o persoal civil izou a bandeira do buque. Na actualidade é propiedade do Museo Central Naval de San Petersburgo.

En xaneiro de 2013, o ministro de defensa ruso Sergey Shoygu anunciou plans para volver dar de alta na armada rusa o Aurora e facer del un símbolo da armada rusa debido á súa importancia histórica e cultural.[1]

O 21 de setembro de 2014 o barco foi enviado ao Kronstadt por motivos de mantemento,[2][3] permanecendo alí ata o 2016.[4] O 16 de xullo de 2016 o Aurora regresou ao seu peirao en San Petersburgo, fronte ao palacio de Inverno.

  1. "«Аврора» вернется в строй" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 04 de febreiro de 2015.
  2. "Aurora: The cruiser that sparked a revolution – or did it?".
  3. RT (21 September 2014). "Russian Revolution Symbol: Iconic ‘Aurora’ cruiser towed to renovation port" vía YouTube.
  4. "Legendary Aurora to return to its harbour after overhaul in 2016". ITAR-TASS. 13 October 2014. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2014. Consultado o 10 de decembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]