Consello de Comisarios do Pobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sovnarkom")
Instituto Smolny, sede do Consello de Comisarios do Pobo.

O Soviet de Comisarios do Pobo ou Sovnarkom ou SNK, (ruso: Совет народных коммиссаров o Совнарком ou СНК, translit. Soviet naródnyj kommissárov) foi a institución de Goberno formada polo Segundo Congreso Panruso dos Soviets no transcurso da Revolución de Outubro en 1917 cuxo primeiro presidente foi Vladimir Lenin. Creado en Rusia en substitución do derrocado Goberno Provisional Ruso, este soviet sentou as bases para a reestruturación do país que conduciu á formación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) en 1922. Foi evolucionando ata converterse na máxima autoridade gobernamental do poder executivo baixo o sistema soviético instaurado nas Repúblicas da URSS.

Lev Trotski (quen non aparece na foto) ideou os nomes comisario e soviet para evitar os términos "burgueses" da democracia liberal como ministro e gabinete. A Constitución da RSFSR de 1918 formalizou o papel do Sovnarkom da República Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFSR): ía ser responsable ante o Congreso Panruso dos Soviets de "a administración xeral dos asuntos do Estado", permitíndolle sancionar decretos baixo a plena vixencia da lei, cando o Congreso non se atopase en sesión. Logo, o Congreso habitualmente aprobaba estes decretos no seu próximo período de sesións.

Pola súa banda, o Comité Executivo Central Panruso (VTsIK) representaba o poder lexislativo formalmente, xa que o principio de separación de poderes apareceu, por vez primeira nunha constitución rusa, mediante unha emenda de 1992 á Constitución da Unión Soviética de 1977. Este principio foi recollido pola Constitución da Federación de Rusia de 1993.

Cando en decembro de 1922 se estableceu a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), a estrutura e funcións do Sovnarkom da URSS e das repúblicas que a constituían quedaron fixadas polo Tratado de Creación da URSS[1] baseándose nas do Sovnarkom da RSFSR. En marzo de 1946 o Sovnarkom da URSS transformouse no Consello de Ministros, sendo adoptada dita denominación tamén polos Sovnarkom das Repúblicas da URSS.[2]

Primeiro Consello de Comisarios do Pobo[editar | editar a fonte]

O primeiro Consello de Comisarios do Pobo, elixido polo II Congreso dos Soviets de Rusia o 7 de novembro de 1917, estaba composto por:

Comisario do Pobo Cargo Falecemento
Presidente Vladimir Lenin Causas naturais 1924
Secretario Nikolái Gorbunov Executado 1938
Agricultura Vladímir Miliutin Executado 1937
Guerra e Asuntos Navais Nikolai Podvoiski (Comisario do Pobo) Causas naturais 1948
Nikolái Krilenko (Colexio de Guerra) Executado 1938
Pavel Dybenko (Colexio Naval) Executado 1938
Comercio e Industria Víktor Noguín Causas naturais 1924
Educación Anatoli Lunacharski Causas naturais 1933
Abastecementos Iván Teodórovich Executado 1937
Asuntos Exteriores León Trotski Asasinado 1940
Asuntos Internos Alexei Rýkov Executado 1938
Xustiza Georgui Opókov Executado 1937
Traballo Aleksandr Shliápnikov Executado 1937
Nacionalidades Iósif Stalin Causas naturais 1953
Correos e Telégrafos Nikolái Glebov-Avílov Executado 1937
Ferrocarrís (vacante)
Finanzas Iván Skvortsov-Stepánov Causas naturais 1928
Benestar Social Alexandra Kollontai Causas naturais 1952

Representados na foto da reunión do Sovnarkom (de esquerda a dereita)[editar | editar a fonte]

Reunión do Sovnarkom entre decembro de 1917 e xaneiro de 1918. Lenin sentado no centro (baixo a lámpada), á dereita de pé Iósif Stalin, seguido por Alexandra Kollontai, a primeira muller da historia ministra dun Goberno.

A foto corresponde á época do goberno de coalición de bolxeviques e socialrevolucionarios de esquerda.

Presidentes do Consello de Comisarios do Pobo da RSFSR, 1917-1946[editar | editar a fonte]

Presidentes do Consello de Comisarios do Pobo da URSS, 1923-1946[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]