Comité Militar Revolucionario de Petrogrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Comité Militar Revolucionario de Petrogrado (en realidade, Comité Revolucionario Militar, CRM, ou Voenrevkom) ou, a miúdo, simplemente Comité Militar Revolucionario foi un organismo dependente do Soviet de Petrogrado que tivo un papel principal no derrocamento do Goberno Provisional ruso durante a Revolución de Outubro no outono de 1917 e exerceu na práctica como Goberno ruso até a súa disolución en decembro do mesmo ano. Non debe confundirse co Soviet Militar Revolucionario ou Revvoensoviet.

Creado polo Soviet de Petrogrado para supervisar as ordes do Goberno provisional ás unidades da guarnición da capital, os bolxeviques utilizárono con habilidade para derrocar a Kerenskii.[1] Aínda que era oficialmente un organismo dependente de consello da capital, pronto adquiriu unha ampla autonomía práctica e estendeu as súas actividades da loita contra os adversarios dos bolxeviques e as tarefas sobre seguridade a outras máis administrativas.[1]

Politburó do POSDR (esquerda.) e Voenrevkom de Petrogrado (dereita.). Outubro 1917.

Revolución de Outubro[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Revolución de Outubro.
Proclamación do derrocamento do Goberno provisional polo Comité Revolucionario Militar (Voenrevkom) do Soviet de Petrogrado.

O Comité Militar Revolucionario dirixiu as operacións de derrocamento do Goberno Provisional Ruso desde unha sala do terceiro piso do Instituto Smolny[2] sede do Soviet de Petrogrado e onde se ía celebrar o 25 de outubroxul./ 7 de novembrogreg. o II Congreso dos Soviets.[3] Durante as semanas anteriores ao comezo deste, o CMR lograra facerse co control da maioría das unidades militares da capital e das de traballadores armados mediante o envío de centos de comisarios.[3] Entre o 21 de outubroxul./ 3 de novembrogreg. e o 24 de outubroxul./ 6 de novembrogreg., os comisarios do CMR foron substituíndo aos do Comité Executivo Central Panruso (VTsIK), aínda dominado por menxeviques e socialrevolucionarios.[4] A maioría das tropas da capital pasaron así a obedecer non xa ao Goberno, senón ao CMR.[4][5] O Goberno provisional quedou desarmado pacificamente polas medidas do Comité Militar Revolucionario.[5] Se ben ata a noite da véspera da apertura do congreso o CMR limitouse a aplicar accións que podían xustificarse como necesarias para a defensa do inminente congreso soviético, a chegada de Lenin ao Instituto Smolny cambiou o proceso e se impuxo o desexo deste de derrocar ao Goberno provisional antes da apertura do congreso.[5] O CMR comezou a tomar os puntos estratéxicos da cidade e, tras cercar o Palacio de Inverno, logrou deter ao groso do Consello de Ministros a noite do 25 de outubroxul./ 7 de novembrogreg..[5]

A dirección efectiva das operacións contra o Goberno levouna a cabo Nikolai Podvoiski secundado por Vladimir Antonov-Ovseenko, supervisados por Trotski.[6][7]

Extensión do modelo[editar | editar a fonte]

O organismo da capital serviu de modelo para os Comités Militares Revolucionarios que se crearon nas provincias —aínda que algúns xurdiron antes que na capital— e que facilitaron a toma do control administrativo polos bolxeviques.[8] En ocasións, o CMR de Petrogrado serviu para coordinar as accións dos comités doutras localidades.[8]

Composición e funcionamento[editar | editar a fonte]

De composición moi variable,[9] o comité contaba cunha ampla maioría de bolxeviques, complementados con socialrevolucionarios de esquerda e anarquistas.[6][7] O propio comité, así como o comité central bolxevique ou o VTsIK, foron engadindo membros ao CMR, mentres que outros o abandonaban para dedicarse a outras actividades.[6] Os membros máis activos eran tamén os bolxeviques.[10]

O CMR celebraba unha ou dúas reunións diarias, ás que asistían os membros que nese momento non se achaban ocupados nalgunha actividade dalgún dos cambiantes departamentos que xurdiran (orixinalmente, sete:[11] defensa, subministracións, comunicacións, información, milicias obreiras, informes e oficina do comandante).[6] Aínda que existía un corpo permanente para decisións urxentes que non podían esperar ás reunións plenarias que tiñan lugar[2] irregularmente, non desempeñou un papel importante nas actividades do CMR.[12] Antes da Revolución de Outubro, apenas se celebraron un par de sesións plenarias e a maioría da actividade concentrábase na oficina permanente (buró), de cinco membros, entre os que se contaban Pavel Lazimir, Podvoiski ou Antonov-Ovseenko.[10] A presidencia era un cargo non establecido e que na práctica exercían varias ducias de membros do comité.[12] A influencia principal sobre o organismo tamén variou co tempo: se Podvoiski desempeñou un destacado papel durante a insurrección e Trotski tivo unha influencia decisiva nel até a derrota de Kerenskii, ambos desapareceron practicamente do CMR nas últimas semanas da súa existencia.[12]

A secretaría do CMR era moi reducida.[12] Encabezada polo veterano organizador bolxevique Serguéi Gúsev desde o 27 de outubroxul./ 9 de novembro de 1917greg., apenas contaba con dous ou tres secretarios e unhas cantas mecanógrafas.[12]

O funcionamento do CMR, que tivo que afrontar constantes crises, era caótico e primitivo, o que levou a Gúsev, desesperado polo fracaso dos continuos e infrutuosos intentos de pór orde no organismo, a presentar a súa dimisión, que máis tarde retirou.[1] Para tratar de mellorar actividade, o Sovnarkom reduciu as súas tarefas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Rabinowitch 2007, p. 61.
  2. 2,0 2,1 Rabinowitch 1978, p. 239.
  3. 3,0 3,1 Rigby 1979, p. 1.
  4. 4,0 4,1 Rigby 1979, p. 15.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Rabinowitch 2007, p. 9.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Rigby 1979, p. 18.
  7. 7,0 7,1 Rabinowitch 1978, p. 237.
  8. 8,0 8,1 Rigby 1979, p. 17.
  9. Daniels 1997, p. 117.
  10. 10,0 10,1 Daniels 1997, p. 118.
  11. Rigby 1979, p. 247.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Rigby 1979, p. 19.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]