Termidor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alegoría de Termidor nun calendario republicano ilustrado por Louis Lafitte (1770-1828).

Termidor (en francés Thermidor) é o nome que recibe o undécimo mes do calendario republicano francés, o segundo da estación estival, que dura dende o 19 ou 20 de xullo até o 17 ou 18 de agosto, segundo o ano. Cadra aproximadamente co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Leo.

O adxectivo termidoriano aplícase ao período da Revolución francesa coñecido como Convención termidoriana, por principiar co golpe de estado do 27 de xullo de 1794 (9 de termidor do ano II), cando se derroca a Robespierre.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Desdelaterraza-viajaralahistoria. "9 DE TERMIDOR: LA CAÍDA DE ROBESPIERRE". desdelaterraza (en castelán). Consultado o 2017-03-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]