Tashkent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°16′N 69°13′E / 41.267°N 69.217°E / 41.267; 69.217

Tashkent
Toshkent, Тошкент (en uzbeco)
Tashkent emblem.jpg
International Business Center. Tashkent city.jpg
Situación xeográfica
Tashkent en Uzbequistán
Tashkent
Tashkent
País Uzbequistán Uzbequistán
Provincia Tashkent
Xeografía
Altitude 455 msnm
Superficie 334,8 km²
Poboación
Poboación 2.180.000 hab. (2008)
Densidade 6.511´4 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Rakhmonbek Usmonov
Páxina web Páxina oficial

Tashkent,[1] capital de Uzbequistán, en uzbeco Toshkent, é unha cidade de 2 073 000 habitantes, aínda que datos extraoficiais falan de que se achega aos tres millóns.

Áchase situada nun oasis irrigado polos ríos Chirchik e Keles. O nome da cidade mudou máis dunha vez: so o dominio chinés, durante a dinastía Han, era chamada Beitan. Máis tarde pasou a ser denominada Chachkand, que evoluíu para Tashkand e logo Tashkent. O seu nome significa "cidadela de pedra" (taš : pedra en turco + kand, kent : cidade, vila, palabra centro-asiática).

Actualmente Tashkent non só e a capital da república, senón tamén o maior centro económico e cultural.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da cidade é de tipo clima continental|continental, con invernos moi fríos e veráns moi calorosos. O mes máis cálido é o de xullo, cunha media de 27,1º C, pero as temperaturas poden sobrepasar os 40º C á sombra. O mes máis frío é xaneiro cunha media de -1,1º C. Porén as temperaturas medias anuais son de 13,5º C. As precipitacións anuais só atinxen 417 mm anuais de media. As chuvias caen sobre todo nos meses primaverais, e o verán é longo e sen precipitacións.

Historia[editar | editar a fonte]

Tashkent ten unha antiga orixe. Foi fundada polos árabes no ano 750 no oasis do río Chirchik. Durante moito tempo foi controlada polos nómades do Turquestán, en tanto non era ocupada polos chineses. No ano 1219 a cidade foi destruída por Genghis Khan, sendo reedificada posteriormente. No 1809 foi anexionada ao Khanato de Kokand, do cal formaría parte até o 1865, ano no que foi incorporada a Rusia. En 1889 foi unida ao resto de Rusia coa construción do camiño de ferro transcaspiano.

O século XX[editar | editar a fonte]

Vista dunha avenida de Tashkent

Tras a caída do imperio ruso, Tashkent viuse incorporada á URSS, como parte primeiro da República Socialista Soviética Autónoma do Turquestán e logo da República Socialista Soviética de Uzbequistán. Durante a Segunda Guerra Mundial foron deslocadas para a cidade moitas industrias da zona occidental da Unión Soviética, que estaban ameazadas polo avance das tropas alemás, o que fixo medrar Tashkent con rapidez.

O 25 de abril de 1966, a cidade sufriu os efectos dun forte terremoto (7.5 graos da escala de Richter), que deixou sen vivenda máis de 300 000 persoas.

No 1991, da cando a caída da Unión Soviética, Tashkent pasou a formar parte do Uzbequistán, do que se tornou a capital.

Principais monumentos[editar | editar a fonte]

  • Madrasa e mezquira de Khazret (Khast) Imam

De fins do século XVI; conserva fragmentos do máis antigo exemplar do Corán do mundo, que pertenceu ao segudo califa directo califa, Osmán.

  • Mausoleo de Kaffal Chachi

Edificación de 1541.

  • Madrasa Koukeldach

Construída a fins do século XVI.

  • Pazo do Príncipe Romanov

Costruído no século XIX polo Gran Duque Nikolai Konstantinovich, curmán do Tsar Alexandre III de Rusia. Unha parte do pazo está ocupada por un museo, e a outra polo Ministerio de Asuntos Exteriores.

  • Museo de Belas Artes do Uzbequistán

Conserva unha estesa colección artística relativa ao período pre-ruso, parte procedentes da antiga Sogdiana, obras relixiosas zoroástricas e budistas. Conserva tamén moitas obras do período ruso, sobre todo de artes aplicadas.

  • Museo de Amir Timur

Está dedicado a Tamerlán.

Medios de comunicación de masas[editar | editar a fonte]

En Tashkent edítanse varios xornais, dos que 9 saen en lingua uzbeca, 4 en inglés e 9 en ruso. Posúe tamén medios emisores de televisión; cómpre destacar a torre da televisión, erguida en época soviética, e que atinxe unha altura de 375 metros.

Transporte[editar | editar a fonte]

Tashkent é das poucas cidades da Asia Central que ten metro. Comezado a construír en 1977, na actualidade conta con tres liñas. Hai tamén autobuses e trolebuses para moverse no interior da cidade. Está unida por ferrocarril coas cidades máis importante de Asia Central e mesmo da China. Posúe un aeroporto internacional.

Irmandamentos[editar | editar a fonte]

Tashkent, está irmandada con:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega. Dúbidas lingüísticas (PDF). p. 108. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tashkent Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Unha vista aérea de Tashkent