Fortaleza de San Pedro e San Paulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea da Fortaleza de San Pedro e San Paulo.

A Fortaleza de San Pedro e San Paulo (en ruso: Петропа́вловская кре́пость, Petropavlovskaya Krepost) é a cidadela orixinal de San Petersburgo, Rusia, fundada polo tsar Pedro o Grande en 1703 e construída seguindo os deseños de Domenico Trezzini entre 1706 e 1740.[1] A comezos do século XX, seguía en uso como prisión polo goberno tsarista.

Hoxe en día está adaptada como a parte central e máis importante do Museo Estatal de Historia de San Petersburgo. O museo foi adquirindo pouco a pouco toda a fortaleza, coa excepción da estrutura que ocupa a Ceca de San Petersburgo.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde a fundación ata 1917[editar | editar a fonte]

Fortaleza de San Pedro e San Paulo

A fortaleza foi fundada por Pedro o Grande o 16 de maioxul./ 27 de maio de 1703greg. sobre a pequena illa de Zayachi, no río Nevá. Erixida durante a Guerra do Norte, a fortaleza nunca entrou en batalla. Ten forma hexagonal con 6 bastións en cada un dos seus ángulos. Nun primeiro momento construíuse en madeira e terra, pero máis tarde reconstruíuse en pedra entre 1706 e 1740.

A partir de 1720, a fortaleza serviu de aloxamento á guarnición da cidade e de cárcere de prisioneiros políticos, entre outros. O bastión de Trubestskoy, construído na década dos 1870, converteuse no bloque principal da prisión. En 1876 o grupo nihilista Zemlya i volya na súa primeira acción organiza, con éxito, a fuga de Piotr Kropotkin, algo que ninguén antes o conseguiu.

Desde a Revolución Rusa[editar | editar a fonte]

Durante a Revolución de Febreiro de 1917, a fortaleza foi atacada polos soldados amotinados do Rexemento Pavloskii o 27 de febreiroxul./ 12 de marzo de 1917greg. e os prisioneiros foron liberados. Baixo o Goberno Provisional, centos de oficiais tsaristas foron recluídos na fortaleza.

Tratouse de encarcerar ao tsar Nicolao II tralo seu retorno de Mogilev a Tsarskoe Selo o 8 de marzoxul./ 21 de marzogreg., pero finalmente foi recluído en Tsarskoe Selo. O 2 de xulloxul./ 15 de xullogreg. cando os bolxeviques intentaron o seu golpe, os 8000 homes guarnición da fortaleza uníronse a eles. Finalmente rendéronse ás forzas gobernamentais o 4 de xulloxul./ 17 de xullogreg..

O 23 de outubroxul./ 5 de novembro de 1917greg., a fortaleza caeu rápidamente nas mans dos bolxeviques. Seguindo o ultimato do Soviet de Petrogrado aos ministros do Goberno Provisional no Palacio de Inverno, logo da salva do Cruceiro Aurora ás 21:00, os canóns da Fortaleza dispararon cara o Palacio. Con tan só dous disparos, que apenas causaron danos, e os defensores renunciaron a renderse– nese momento. As 2:10 da mañá do 24 de outubroxul./ 6 de novembro de 1917greg. o Palacio de Inverno foi tomado polas tropas de Vladimir Antonov-Ovseenko; capturaron aos ministros e leváronos á fortaleza como prisioneiros.

En 1924, a maior parte da fortaleza foi convertida nun museo. En 1931, o Laboratorio de Dinámica do Gas foi engadido ao sitio. A estrutura sofreu moitos danos durante os bombardeos na Segunda Guerra Mundial polas forzas do Terceiro Reich, que estaban asediando a cidade. Despois da guerra foi completamente restaurada e é unha das principais atraccións da cidade.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Peter and Paul Fortress". Saint-Petersburg.com. Consultado o 2009-06-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wladimir, Berelowitch (1996). Histoire de Saint-Pétersbourg. Histoire des grandes villes du monde. París: Fayard. p. 480. ISBN 978-2-21359601-3. BM. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]