James Agee
James Agee | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | James Rufus Agee |
Nacemento | 27 de novembro de 1909 |
Lugar de nacemento | Knoxville |
Falecemento | 16 de maio de 1955 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Harvard, Phillips Exeter Academy, St. Andrew's-Sewanee School, Knoxville High School e Eliot House |
Ocupación | guionista, poeta, novelista, xornalista, autobiógrafo, escritor, crítico, crítico de cinema e director de cinema |
Fillos | Joel Agee |
Coñecido por | A Death in the Family |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
James Agee, nado en Knoxville o 27 de novembro de 1909 e finado en Nova York o 16 de maio de 1955, foi un escritor estadounidense e un dos máis importantes críticos cinematográficos nos Estados Unidos entre 1930 e 1950.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Perdeu a seu pai aos seis anos nun accidente de automóbil, pasou a infancia en internados para rapaces sobre todo o Phillips Exeter Academy en Nova Hampshire. Licenciouse en Harvard, onde foi presidente de Harvard Advocate(1931), despois de se graduar escribiu para Time, The Nation e Forbes, en 1934 editou o seu primeiro e único volume de poesía, Permit me Voyage, escrito na maior parte durante os anos pasados en Harvard.
En 1936 comeza a traballar para Fortune, e no verán dese ano pasou seis semanas co fotógrafo Walker Evans vivindo cunha familia de granxeiros pobres en Alabama, os artigos nunca foron publicados en Fortune, pero apareceu como libro en 1941, Let Us Now Praise Famous Men.
Agee traballou como guionista para moitas películas de Hollywood, a máis importante foi A raíña de África de John Huston, baseada nunha novela de C.S. Forester, o que lle valeu o Oscar ó mellor guión adaptado.
En 1954 escribiu o guión de The Night of the Hunter, baseado nunha novela de Davis Grubb. En 1951 sufriu o primeiro dunha serie de ataques ao corazón, que non pararían ata a súa morte aos 45 anos.
A súa novela autobiográfica A Death in The Family 1957 gañou postumamente o Premio Pulitzer.