Art Spiegelman
Art Spiegelman | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Itzhak Avraham ben Zeev Spiegelman |
Nacemento | 15 de febreiro de 1948 |
Lugar de nacemento | Estocolmo |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Pobo xudeu |
Ocupación | artista de banda deseñada, editor literario, ilustrador, gravador, escritor e debuxante |
Cónxuxe | Françoise Mouly |
Fillos | Nadja Spiegelman |
Irmáns | Richieu Spiegelman |
Coñecido por | Maus, À Sombra das Torres Ausentes e RAW |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Prémio Pulitzer Honorário de Citação, Eisner Award, Harvey Award, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Inkpot Award, Urhunden Prizes, Siegfried Unseld Preis, American Book Awards, Grand prix de la ville d'Angoulême, Yellow Kid Award, Edward MacDowell Medal, Sproing Award, Angoulême International Comics Festival Prize for Best Album, Will Eisner Hall of Fame, Best foreign work published in Spain e Best foreign work published in Spain |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Art Spiegelman, nado en Estocolmo o 15 de febreiro de 1948, é un historietista estadounidense fillo dunha familia xudeopolonesa. Como artista está vencellado á cultura underground e a diversas correntes artísticas contemporáneas. Da súa obra, destaca Maus, unha peza de denuncia do Holocausto a partir da experiencia vital dos seus proxenitores, que sufrion a persecución do réxime nazi. Spiegelman foi unha influencia notable para autores máis novos, como Craig Thompson ou Alex Robinson.
A súa obra máis coñecida a nivel internacional, Maus (galardoada co Premio Pulitzer), foi traducida ao galego por vez primeira en 2008 (labor a cargo de Diego García Cruz) e publicada pola editorial balear Inrevés[1]. En 2017 a editorial Rinoceronte volvería traducir (traballo que fixo Estela Villar) e publicar a obra[2].
Obra[editar | editar a fonte]
- Breakdowns: From Maus to Now, an Anthology of Strips (1977)
- Maus (1991)
- The Wild Party (1994)
- Open Me, I'm A Dog (1995)
- Jack Cole and Plastic Man: Forms Stretched to Their Limits (2001)
- In the Shadow of No Towers (2004)
- Breakdowns: Portrait of the Artist as a Young %@&*! (2008)
- Jack and the Box (2008)
- Be a Nose (2009)
- MetaMaus (2011)
- Co-Mix: A Retrospective of Comics, Graphics, and Scraps (2013)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ MAUS (EDICIÓN EN GALEGO), publicado o 21 de novembro de 2008.
- ↑ Novelas en tránsito, artigo en Sermos Galiza o 8 de setembro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Art Spiegelman ![]() |