William Carlos Williams
(1921) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1883 Rutherford, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 4 de marzo de 1963 (79 anos) Rutherford, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Hillside Cemetery (en) Nova Jersey |
Educación | Universidade de Pensilvania |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e actividade literaria |
Ocupación | poeta, médico escritor, crítico literario, autobiógrafo, médico, escritor |
Membro de | |
Movemento | Poesia moderna (pt) , Imagismo (pt) , Xeración beat e Obxectivismo (poesía) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb (en) Medvik >>>:Williams, William Carlos, 1883-1963, Poets of Reality (en) |
William Carlos Williams, nado en Rutherford (Nova Jersey) o 17 de setembro de 1883 e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 1963, foi un escritor estadounidense vinculado ao modernismo e ao imaxismo. É especialmente coñecido pola súa obra poética.
Ademais de exercer como médico e de escribir dramas e prosa variada, Williams é un dos poetas modernistas máis innovadores e admirados. Foi condiscípulo dos poetas Ezra Pound e Hilda Doolittle, e nos primeiros poemas acusou a influencia do imaxismo.
Máis tarde converteuse en impulsor do uso literario da fala coloquial. O seu bo oído para os ritmos naturais do inglés falado axudouno a liberar a poesía da métrica que imperaba na versificación en inglés dende o Renacemento. Superada a tendencia imaxista, foi un poeta de gran sinxeleza expresiva e de fácil comprensión, con certo gusto pola adiviña, interesado na constante experimentación e na intimidade lírica. Como outros modernistas, procurou diluír a figura do poeta, deixando que falase o poema por si. Non buscou os símbolos nas cousas senón máis ben as propias cousas, que expresa imitando a fluidez da fala.
Williams cre que a realidade obxectiva esperta a imaxinación de quen a percibe, e non o proceso inverso. Utiliza o verso libre e a disposición visual das liñas marca a estrutura poética. Na súa obra Paterson, escrita ao longo de varios anos, mestura poesía, prosa e colaxe incluíndo mesmo fragmentos de publicidade. Constitúe unha especie de biografía épica dun doutor-poeta, pero formalmente consiste nunha montaxe de escenas e de imaxes, con poucos verbos que as vinculen explicitamente.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Williams naceu en Rutherford, Nova Jersey de pai inglés e nai portorriqueña parcialmente descendente de franceses.[1] A súa obra ten unha grande afinidade coa pintura, na que tivo un grande interese. Recibiu a súa educación primaria e secundaria en Rutherford ata 1897, cando foi enviado a unha escola próxima a Xenevra e ao Lycée Condorcet de París. Asistiu á Horace Mann School tralo regreso a Nova York e tras superar un exame especial, foi admitido en 1902 na escola de medicina da universidade de Pensilvania, da que se graduou en 1906.[2][3] Tras acabar a carreira, fixo prácticas no Hospital Francés e no Hospital para Nenos de Nova York antes de marchar a Leipzig para realizar estudos avanzados en pediatría.[2] Publicou o seu primeiro libro, Poems, en 1909.
Williams casou con Florence Herman (1891–1976) en 1912, tras volver de Alemaña.[2] Mudáronse a unha casa en Rutherford, que foi o seu fogar durante moitos anos. Pouco despois, o seu segundo libro de poemas, The Tempers, foi publicado por unha editorial de Londres grazas á axuda do seu amigo Ezra Pound, a quen coñecera mentres estudaba na universidade. Arredor de 1914, tivo o seu primeiro fillo, William E. Williams, ao que seguiu Paul H. Williams, en 1917.[4] O seu primeiro fillo tamén se converteu en médico.[5]
Aínda que a súa ocupación principal era a de médica de familia, Williams tivo unha carreira de éxito como poeta. Ademais de poesía, escribiu ocasionalmente relatos, obras de teatro, novelas, ensaios e traducións. Practicaba a medicina polo día e escribía pola noite. A comezos da súa carreira, viuse envolto no movemento coñecido como imaxismo pola súa amizade con Pound e H.D., mais axiña comezou a manter opinións que diferían daqueles e o seu estilo cambio cara ao modernismo.
En 1920, Williams foi moi criticado por moitos dos seus colegas (como H.D., Pound e Wallace Stevens) cando publicou un dos seus libros máis experimentais, Kora in Hell: Improvisations. Pound definiu a obra como "incoherente" e H.D. considerou que o libro era "frívolo".[6] A artista e poeta dada Baroness Elsa criticou as políticas artísticas e sexuais de Williams na crítica como poema en prosa titulada "Thee I call 'Hamlet of Wedding Ring'", publicada en The Little Review en marzo de 1921.[7]
Tres anos máis tarde, Williams publicou un dos seus libros seminais de poesía, Spring and All, que contiña poemas clásicos como "By the road to the contagious hospital", "The Red Wheelbarrow" e "To Elsie". Porén, en 1922, o ano en que se publicou, a aparición de The Waste Land, de T. S. Eliot converteuse nunha sensación literaria e eclipsou a moi diferente poética modernista de Williams. Na súa autobiografía, escribiu máis tarde, "sentín de primeiras que The Waste Land me enviara vinte anos atrás e estou seguro de que o fixo. Criticamente, Eliot enviounos de volta á aula xusto no momento en que sentín que estabamos un punto de escape cara a asuntos moito máis próximos á esencia na nova arte enraizada ela mesma na localidade que debería de dar froito". E aínda que respectaba a obra de Eliot, Williams volveuse abertamente crítico contra o estilo altamente intelectual de Eliot co seu frecuente uso de linguas estranxeiras e alusións á literatura clásica e europea.[8] Pola contra, Williams prefería o inglés estadounidense coloquial.[9]
No colaxe épico modernista titulado Paterson (publicado entre 1946 e 1958), unha representación da historia, o pobo, e a esencia de Paterson, Nova Jersey, Williams escribiu o seu propio poema épico moderno, centrándose no "local" nunha escala máis ampla do que intentara previamente. Tamén examinou a personaxe do poeta na sociedade estadounidense e resumiu o seu método poético coa frase "No ideas but in things" (non nas ideas, senón nas cousas, atopado no seu poema "A Sort of a Song" e repetido novamente en Paterson).
Nos seus últimos anos, Williams foi mentor e influír a moitos poetas novos. Tivo unha especial influencia en moitos movementos literarios estadounidenses da década de 1950, incluíndo o movemento Beat, o renacemento de San Francisco, a escola Black Mountain e a escola de Nova York.[10] Unha das máis dinámicas relacións como mentor foi a que mantivo co poeta Allen Ginsberg. Williams incluíu varias cartas de Ginsberg en Paterson, afirmando que unha delas o axudara a inspirarse na quinta sección da obra. Williams tamén escribiu a introdución do primeiro libro importante de Ginsberg, Howl and Other Poems, en 1956.
Williams sufriu un ataque ao corazón en 1948 e, a partir de 1949, unha serie de ataques. Unha depresión grave tras un dos ataques causou que fose internado en Hillside Hospital, Nova York, durante catro meses en 1953. Faleceu en 1963, aos 79 anos na súa casa de Rutherford.[11][12] Foi enterrado no cemiterio de Hillside Cemetery en Lyndhurst, Nova Jersey.[13]
Durante a década de 1930, Williams comezou a traballar nunha ópera, The First President, que trataría sobre George Washington e a súa influencia na historia dos Estados Unidos.[14]
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Poems (1909)
- The Tempers (1913)
- Al Que Quiere (1917)
- Kora in Hell. Improvisations (1920, repr. 1973)
- Sour Grapes (1921)
- Go Go (1923)
- Spring and All (1923; repr. 1970)
- The Cod Head (1932)
- Collected Poems, 1921–1931 (1934)
- An Early Martyr and Other Poems (1935)
- Adam & Eve & The City (1936)
- The Complete Collected Poems of William Carlos Williams, 1906–1938 (1938)
- The Broken Span (1941)
- The Wedge (1944)
- Paterson (Libro I, 1946; Libro II, 1948; Libro III, 1949; Libro IV, 1951; Libro V, 1958)
- Clouds, Aigeltinger, Russia (1948)
- The Collected Later Poems (1950; rev. ed. 1963)
- Collected Earlier Poems (1951; rev. ed. 1966)
- The Desert Music and Other Poems (1954)
- Journey to Love (1955)
- Pictures from Brueghel and Other Poems (1962)
- Paterson (Libros I–V nun só volume, 1963)
- Imaginations (1970)
- Collected Poems: Volume 1, 1909–1939 (1988)
- Collected Poems: Volume 2, 1939–1962 (1989)
- Early Poems (1997)
Prosa
[editar | editar a fonte]- Kora in Hell (1920)
- The Great American Novel (1923)
- In the American Grain (1925, 1967, repr. New Directions 2004)
- Novelette and Other Prose (1932)
- Autobiography (1951; 1967)
- Selected Essays (1954)
- The Selected Letters of William Carlos Williams (1957)
- I Wanted to Write a Poem: The Autobiography of the Works of a Poet (1958)
- Yes, Mrs. Williams: A Personal Record of My Mother (1959)
- Imaginations (1970)
- The Embodiment of Knowledge (1974)
- Interviews With William Carlos Williams: "Speaking Straight Ahead" (1976)
- A Recognizable Image: William Carlos Williams on Art and Artists (1978)
- Pound/Williams: Selected Letters of Ezra Pound and William Carlos Williams (1996)
- The Letters of Denise Levertov and William Carlos Williams (1998)
- William Carlos Williams and Charles Tomlinson: A Transatlantic Connection (1998)
- A Voyage to Pagany (1928; repr. 1970)
- The Knife of the Times, and Other Stories (1932; repr. 1974)
- White Mule (1937; repr. 1967)
- Life along the Passaic River (1938)
- In the Money (1940; repr. 1967)
- Make Light of It: Collected Stories (1950)
- The Build-Up (1952)
- The Farmers' Daughters: Collected Stories (1961)
- The Collected Stories of William Carlos Williams (1996)
Drama
[editar | editar a fonte]- Many Loves and Other Plays: The Collected Plays of William Carlos Williams (1961)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Colón, David (Spring 2015). Here’s to You, Meestair Robangson: The Inter-American William Carlos Williams (PDF). Label Me Latina/o (en English) 5. p. 9.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Wagner-Martin, Linda. "Williams' Life and Career". Modern American Poetry. University of Illinois. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2013.
- ↑ Davis, Heather. "William Carlos Williams". Penn Current. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ "William C. Williams". U.S. Census 1920. U.S. Census Bureau. Consultado o 17 de decembro de 2013.
- ↑ "Mrs. William Carlos Williams" (PDF). New York Times. 20 de maio de 1976. Consultado o 17 de decembro de 2013.
- ↑ Burt, Stephen. "Poetry Foundation bio on Williams". Poetryfoundation.org. Consultado o 14 de outubro de 2012.
- ↑ Gammel, Irene, Baroness Elsa: Gender, Dada, and Everyday Modernity. Cambridge, MA: MIT Press, 2002, 272.
- ↑ Williams, William Carlos. Selected Essays. Nova York: Random House, 1954.
- ↑ Williams, William Carlos. In the American Grain. Nova York: New Directions, 1999.
- ↑ X. J. Kennedy & Dana Gioai, An Introduction to Poetry, Nova York: Addison Wesley Longman Inc, 1998. ISBN 0-321-01556-8
- ↑ Casey, Phil (5 de marzo de 1963). "Poet Williams Dies of Stroke. Works in 40 Volumes Likened to Chekhov.". Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2008.
- ↑ "William Carlos Williams Dies. Physician Long a Leading Poet. Won Many Literary Honors Over Half a Century. Was 79 Years Old. Combined Two Professions. Won Literary Awards.". The New York Times. 5 de marzo de 1963. Consultado o 11 de abril de 2008.
- ↑ Strauss, Robert (28 de marzo de 2004). "Sometimes in the Grave Is a Fine and Public Place". The New York Times. Consultado o 21 de agosto de 2007.
- ↑ Cappucci, Paul R. (2013). "A Libretto in Search of Music: The Strain of Collaborative Creation in William Carlos Williams's The First President". Journal of Modern Literature 36 (2): 80–104. JSTOR 10.2979/jmodelite.36.2.80. doi:10.2979/jmodelite.36.2.80.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Carlos Williams |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Herbert Leibowitz. “Something Urgent I Have to Say to You”: The Life and Works of William Carlos Williams. Nova York: Farrar, Straus and Giroux; 496 pages.
- Gammel, Irene. “The Poetic Feud of William Carlos Williams, Ezra Pound, and the Baroness”. Baroness Elsa: Gender, Dada, and Everyday Modernity. Cambridge, MA: MIT Press, 2002. 262-285.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Profile at PoetryFoundation.org
- Profile at the Poetry Archive with poems written and audio
- Profile at Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Modern American Poetry Society
- Profile and poems written and audio at Poets.org
- Koehler, Stanley (verán–outono 1964). "William Carlos Williams, The Art of Poetry No. 6". The Paris Review.
- National Book Foundation Poetry BlogArquivado 22 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.
- Escritores modernistas
- Nados no condado de Bergen, Nova Jersey
- Nados en 1883
- Finados en 1963
- Poetas dos Estados Unidos de América
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Poetas en lingua inglesa
- Escritores en lingua inglesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia portorriqueña
- Estadounidenses de ascendencia francesa
- Médicos dos Estados Unidos de América