Richard Rodgers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Rodgers
Rodgers.jpg
Nome completoRichard Charles Rodgers
Nacemento28 de xuño de 1902 e 1902
Lugar de nacementoQueens
Falecemento30 de decembro de 1979 e 1979
Lugar de falecementoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaxudeus estadounidenses
Alma máterUniversidade de Columbia, DeWitt Clinton High School e Townsend Harris High School
Ocupacióncompositor, dramaturgo, compositor de cancións, músico, libretista e produtor de cinema
FillosMary Rodgers
Coñecido porO Rei e Eu (musical)
PremiosPrémio Pulitzer de Teatro, Handel Medallion, Prêmio Grammy ao Curador, Premio Kennedy, Óscar á mellor canción orixinal, Grammy Award for Best Musical Theater Album, Grammy Award for Best Musical Theater Album, Tony Award de melhor musical, Tony Award de melhor musical, Tony Award de melhor musical, Tony Award for Best Original Score, Tony Award for Best Original Score e Primetime Emmy Award for Outstanding Original Music and Lyrics
Na rede
IMDB: nm0006256 IBDB: 8323
Spotify: 4IbAZwt75dpehMOgcC3GnP iTunes: 11554 Musicbrainz: 346448f5-25a0-4f78-bbd6-acc0205f7513 Discogs: 255801 Allmusic: mn0000820913 WikiTree: Rodgers-4369 Find a Grave: 891 Genius: Richard-rodgers Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Richard Charles Rodgers, nado en Nova York o 28 de xuño de 1902 e finado na mesma cidade o 30 de decembro de 1979 foi un compositor estadounidense de máis de 900 cancións e 43 musicais de Broadway, que o converteron nun dos máis destacados compositores da música estadounidense do século XX. É coñecido polas súas composicións cos letristas Lorenz Hart e Oscar Hammerstein II. As súas composicións tiveron un impacto importante na música popular.

Rodgers foi a primeira persoa en gañar os que se consideran os principais premios en televisión, música, cinema e teatro de Broadway (Emme, Grammy, Óscar e Tony), coñecidos colectivamente como EGOT. Ademais, recibiu un premio Pulitzer, logro que só conseguiron el e Marvin Hamlisch.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Columbia onde coñeceu a Lorenz Hart e despois estudou composición no Instituto de Arte Musical. O seu primeiro éxito xunto a Hart foi unha revista titulada The Garrick Gaieties de 1925. A súa comedia On Your Toes de 1936 co ballet de jazz "Slaughter on Tenth Avenue", estableceu formalmente a danza como un compoñente fixo da comedia musical.

Rodgers e Hart traballaron xuntos noutras obras como Babes in Arms (1937), The Boys from Syracuse (1938) e Pal Joey (1940). Logo da morte de Hart, Rodgers colaborou co libretista Oscar Hammerstein II en obras como The Sound of Music, que foi adaptado ao cinema con Julie Andrews como protagonista. O seu musical Oklahoma!, gañador do premio Pulitzer en 1943, gozou dunha posta en escena sen precedentes en Broadway, con 2248 presentacións.

Espectáculos[editar | editar a fonte]

Letras de Lorenz Hart[editar | editar a fonte]

Letras de Oscar Hammerstein II[editar | editar a fonte]

Outros letristas e obras en solitario[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]